René Arnoux

René Arnoux
Rene Arnoux WSR2008 HU.png
Carreira na Fórmula 1
NacionalidadeFlag of France.svg Francia
Anos en activo1978-1989
Escudería(s)Martini, Surtees, Renault, Ferrari, Ligier
Grandes Premios disputados165 (149 saidas)
Campionatos
Vitorias7
Podios22
Pole positions18
Voltas rápidas12
Primeiro GPGran Premio de suráfrica de 1978
Primeira vitoriaGran Premio de Brasil de 1980
Derradeira vitoriaGran Premio de Holanda de 1983
Derradeiro GPGran Premio Australia de 1989

René Arnoux Alexandre, nado o 4 de xullo de 1948 en Pontcharra, Isère, é un ex piloto francés de Fórmula Un. En 2006 correu na tempada inaugural da fórmula Grand Prix Masters para os pilotos xubilados de F1.

Traxectoria

Arnoux competiu na Fórmula Un de 1978 a 1989, obtendo 7 vitorias, 18 pole positions, 22 podios e 181 puntos en toda a súa carreira. Competiu na GP Masters, ao lado doutros veteranos da Fórmula 1.

Antes da Fórmula 1

Entusiasmouse cedo polo automobilismo, e en 1976 disputaba a Fórmula 2, onde foi subcampión, cun punto menos que o vencedor e futuro compañeiro de equipo, Jean-Pierre Jabouille. En 1977 volta á carga e gaña o Europeo de Formula 2 con autoridade.[1].

Martini e Surtees (1978)

En 1978, comeza a súa carreira na Formula 1. Pero, o pequeno equipo Martini Cars non tiña condicións para máis altos voos, e antes que acabe a tempada, retírase da competición. Despois vai substituír o accidentado italiano Vittorio Brambilla en Surtees, mais este equipo tamén está nas súas horas finais, e pouco había que facer. Non logrou puntuar.

Renault (1979-1982)

Para a tempada 1979, Renault escólleo para que sexa o seu segundo piloto, e a primeira oportunidade que ten para brillar é no gran Premio de Francia en Dijon-Prenois, onde a batalla final polo segundo lugar, co Ferrari do canadense Gilles Villeneuve é hoxe en día considerada como unha das máis brillantes batallas da historia do automobilismo. Non venceu a batalla contra Villeneuve, mais deixou seu nome estampado na Fórmula 1. O 3º lugar final dálle o seu primeiro podio, feito que repite no GP de Inglaterra en Silverstone, acaba en 2º, detrás do Williams do suízo Clay Regazzoni. En Austria, consegue a súa primeira pole position, posición que repite en Holanda. En Watkins Glen, o GP dos Estados Unidos, a última proba do campionato, termina 2º. Termina o campionato en 8º lugar con 17 puntos, conseguindo: dúas poles, tres podios e dúas voltas rápidas.

En 1980, ten un inicio de tempada fabuloso: gaña en Interlagos, o GP do Brasil, súa primeira vitoriaa, e no GP de Suráfrica en Kyalami, colocándose á fronte do campionato do Mundo. Mais esta euforia dura até a 5ª carreira, o GP de Bélxica, e despois diso, o mellor que consegue é un 2º en Holanda. Termina o campionato en 6º lugar con 29 puntos: dúas vitorias, tres podios, dúas poles e catro voltas rápidas.

Para o campionato de 1981, Arnoux conta cun novo compañeiro de equipo e compatriota: Alain Prost. O mozo francés do coche número 15 mostra do que esta feito, e rapidamente consegue ser mellor que él. O mellor que consegue Arnoux é ser 2º en Austria. Finaliza o campionato en 9º lugar con 11 puntos. Para iso, obtivo: catro pole positions e unha volta rápida.

Na temporada de 1982, Arnoux ve o ascenso de Prost a primeiro piloto, despois de gañar as dúas primeiras probas do campionato: África do Sur e Brasil, (en función das desclasificacións dos coches de: Nelson Piquet (vencedor) e Keke Rosberg (2º colocado)). Para empeorar as cousas, nesa altura, o francés do coche número 16 non consegue máis que un 3º lugar. Esa tensión chega ao auxe no gran Premio de Francia dese ano: o equipo decidira que Arnoux debería deixalo pasar en mellor situación no campionato. Ora, Arnoux, que fixera a pole position, pensou que tal idea era ultraxante e non acatou a orde. Resultado: Arnoux venceu a proba, pero practicamente custoulle o posto e comezou a procurar equipo para o próximo ano.

Arnoux aínda foi 2º en Alemaña en Hockenheim e venceu en Italia en Monza. Ficou en 6º lugar na clasificación xeral con 28 puntos. Para iso, fixo: cinco pole positions, catro podios e unha volta rápida. Tras a última proba, deixou o equipo.

Ferrari (1983-1985)

O seu novo equipo para 1983 foi Ferrari. A súa rapidez non pasara desapercibida ao Comendatore Enzo Ferrari e formou un dúo totalmente francés ao lado de Patrick Tambay. Domina rapidamente a seu compañeiro de equipo vencendo tres Grandes Premios: Canadá, Alemaña e Holanda. Foi a súa mellor tempada, pois tras o 2º posto no GP de Italia, o piloto do coche vermello número 28 estaba 2 puntos detrás do seu compatriota Alain Prost de Renault. A gran oportunidade de Arnoux de ser o primeiro piloto francés en conquistar o título era excepcional, mais na penúltima carreira, o GP de Europa en Brands Hatch, non puido pasr do 9º posto, descendendo á 3ª posición no campionato. Necesitaba dunha vitoria na última carreira, o GP de Suráfrica, e que Prost terminase 6º e Piquet 4º. Na carreira, a oportunidade de ser campión durou só 9 voltas, cando o motor italiano estourou e deixou a seus rivais na loita polo título. O 3º lugar no campionato con 49 puntos foi o mellor en toda a súa carreira con: tres vitorias, sete podios, catro pole positions e dúas voltas rápidas. Aínda que non ficase coa copa, polo menos fixo que o seu equipo xunto con seu compañeiro conquistara o título de construtores, algo que só conquistaría novamente 16 anos máis tarde.

No campionato de 1984, o coche perde competitividade en favor de McLaren e de Lotus. Arnoux non gaña, non fai poles, non lidera ningunha volta e o mellor posto que obtivo foron dous 2º postos en: San Marino e Dallas. O seu novo compañeiro de equipo, Michele Alboreto, aínda gaña unha carreira. Clasificouse en 6º lugar no Mundial con 27 puntos: catro podios e dúas voltas rápidas.

Na tempada de 1985, na carreira de apertura, o gran Premio de Brasil, Arnoux comezaba cun bo 4º lugar. Mais esta sería a súa última carreira con Ferrari, antes do GP de Portugal, Arnoux foi despedido inesperadamente por Ferrari e substituído polo sueco Stefan Johansson, oficialmente por un problema físico, pero a verdadeira razón descoñécese e nin o frances nin o equipo axudaron a aclarar as razóns da exclusión do equipo de Arnoux. Sen un volante para o resto da tempada, pasou o resto do ano en busca dun contrato para tempada seguinte, co apoio de Marlboro. Nun principio parecía seguro a súa fichaxe por Toleman, pero ao final ficho por Ligier. Remata a tempada con só 3 puntos da carreira brasileira e o 18º lugar no Mundial de Pilotos.

Ligier (1986-1989)

Regresa á competición con Ligier e o potente motor Renault Turbo no campionato de 1986. Ten 37 anos e a súa rapidez continúa intacta. Coloca o seu coche regularmente nos puntos, mais non alcanza ningún podio. Termina o ano con 17 puntos, dándolle un 10º lugar.

Continúa no equipo en 1987, pero xa en decadencia, porque non podía contar co motor francés, que se retirou da categoría. En princípo, o equipo contaría co motor Alfa Romeo, mais o propio piloto rexeitou que o equipo utilizáseo no Mundial, pois nas probas se mostrou moi feble. Rapidamente, o equipo de Guy Ligier contactou con Megatron, a preparadora dos BMW Turbo. Por iso, o equipo non estivo presente na carreira de inicio, o gran Premio de Brasil. A participación comezou na segunda carreira en San Marino. No troco de motores, o piloto conseguiu terminar só cinco probas, mais unha concluíu nos puntos cun 6º posto en Bélxica, acabando o campionato en 17º lugar con 1 punto.

Na tempada de 1988, o equipo troca novamente de motor e adopta o motor aspirado Judd V8, (a estrea do propulsor na categoría). Seu compañeiro de equipo foi aquel que o substituíu tres anos antes, o sueco Stefan Johansson. Co novo motor, Arnoux termina cinco probas, mais non logra conquistar ningún punto.

O turbo foi prohibido no campionato de 1989, e todos os equipos tiñan que usar motor aspirado. O equipo troca unha vez máis o motor; agora era o Ford Cosworth V8. O terceiro ano de Ligier, o piloto encontrou moitas dificultades para clasificar o coche na grella. O francés do coche número 25 non se clasificou en sete carreiras e só obtivo éxito en nove; concluíu seis carreiras, mais só unha foi nos puntos un 5º posto no gran Premio de Canadá, baixo a choiva. Cerra o campionato en 22º lugar con 2 puntos e tamén é o final da súa carreira na Formula 1 con 41 anos.

Tras a Fórmula 1

Arnoux montou un negocio de pistas de karting indoor por toda a Francia. Neste momento teñen catro pistas a funcionar, dúas na rexión parisiense, unha en Lión e outra en Marsella. Ao final de 2006, decidiu volver a poñerse o casco ao participar no Grand Prix Masters, a Fórmula 1 para pilotos con máis de 45 anos.

Other Languages
العربية: رينيه أرنو
български: Рене Арну
brezhoneg: René Arnoux
català: René Arnoux
Deutsch: René Arnoux
English: René Arnoux
español: René Arnoux
français: René Arnoux
magyar: René Arnoux
Bahasa Indonesia: René Arnoux
italiano: René Arnoux
Nederlands: René Arnoux
polski: René Arnoux
português: René Arnoux
română: René Arnoux
русский: Арну, Рене
slovenščina: René Arnoux
svenska: René Arnoux