Reino Unido dos Países Baixos

Koninkrijk der Nederlanden (en neerlandés)
Royaume des Pays-Bas (en francés)
Vereinigtes Königreich der Niederlande (en alemán)

Reino Unido dos Países Baixos

1815–1839
 

 

Bandeira Escudo
Lema: Je maintiendrai
Situación en Europa do Reino Unido dos Países Baixos
Capital Ámsterdan e Bruxelas
Lingua Neerlandés e francés
Goberno Monarquía constitucional
Rei
 • 1815–1830/1839 Guillerme I
Lexislatura Staten-Generaal
 - Cámara alta Primeira Cámara
 - Cámara baixa Segunda Cámara
Historia
 • Establecido 1815
 • Disolución 1839
Moeda Florín neerlandés

O Reino Unido dos Países Baixos (en neerlandés Verenigd Koninkrijk der Nederlanden e en francés Royaume-Uni des Pays-Bas) foi un reino formado polos actuais Países Baixos, Bélxica, Luxemburgo e parte de Alemaña, dende 1815 a 1830, e por un breve tempo en 1839.

Foi creado a partir dos territorios conquistados polo Primeiro Imperio Francés nos Países Baixos austríacos, tras a disolución deste no Congreso de Viena en 1815.

Foi establecido coa finalidade de ser un estado tampón estábel ao norte de Francia, entre as principais potencias europeas, sobre todo para contrarrestar as ambicións francesas na zona. Reunía os antigos territorios da República das Provincias Unidas, actuais territorios do Reino dos Países Baixos, os territorios dos antigos Países Baixos austríacos e o sur do Principado de Liexa, correspondente ao actual Reino de Bélxica (excepto os cantóns do leste e da provincia de Luxemburgo), así como as colonias holandesas, das cales a máis importante era a das Indias Orientais Neerlandesas (a actual Indonesia).

Aínda que o Congreso de Viena previra que Luxemburgo constituiría un Gran Ducado independente membro da Confederación Xermánica, Guillerme I dos Países Baixos decidiu administrar dentro do seu reino, mediante a aplicación da súa Lei fundamental. Porén, unha gornición confederal, esencialmente prusiana, continuou alí para protexer Luxemburgo.

Creación do Reino

O novo reino proclamuse o 16 de marzo de 1815, data en que o príncipe soberano dos Países Baixos Unidos, Guillerme Federico de Orange-Nassau, dixo

que todos os países que o forman, desde este momento, integran o Reino Unido dos Países Baixos, para así ser posuído por nós agora e polos nosos sucesores lexítimos segundo a lei de primoxenitura. [1]

e toma

para nós e para os príncipes que virán despois de nós neste trono. a dignidade real e o título de rei, xuntando a este o de Duque de Luxemburgo, debido á especial relación que esta provincia está destinada a ter con Alemaña. [1]
Other Languages
Bahasa Indonesia: Kerajaan Bersatu Belanda