Reino (bioloxía)

En bioloxía, reino é cada unha das grandes subdivisións en que se consideran distribuídos os seres naturais, por razón dos seus caracteres comúns.

Foi Aristóteles quen deu en facer a primeira clasificación en Reinos de tódalas entidades que se manifestan na Natureza. En base ás diferenzas entre estas entidades establécese a clásica distinción entre os reinos animal, vexetal e mineral. Na actualidade, case tódalas clasificacións deixan á parte ós minerais. Isto non simplificou a taxonomía dos entes naturais, senón que propiciou para os virus unha especie de non clasificación, xa que non se consideran seres vivos en sentido estrito, a pesar de que «paradoxalmente, todo o mundo quere matalos» [1]. Así pois, a primera subdivisión dos entes da natureza debe distinguir entre seres vivos, virus e minerais. En bioloxía, a clasificación en reinos céntrase nos seres vivos.

A seguinte é unha comparativa dos sistemas de clasificación en reinos biolóxicos máis salientables:

Haeckel (1894)
Tres reinos
Whittaker (1959)&sup1
Cinco reinos
Woese (1977)
Seis reinos
Woese (1990)
Tres dominios
ProtistaMoneraEubacteriaBacteria
ArchaebacteriaArchaea
ProtistaProtistaEukarya
PlantaeFungiFungi
PlantaePlantae
AnimaliaAnimaliaAnimalia

Debido á enorme variedade da vida establecéronse numerosos niveis de clasificación denominados taxóns. O nivel de Reino era ata hai pouco o nivel superior da clasificación biolóxica. Nas clasificacións modernas o nivel superior é o Dominio. Cada un dos Dominios subdivídense en Reinos; os Reinos, á súa vez, poden organizarse en Subreinos etc. Os niveis superiores da clasificación biolóxica amósanse a continuación (de xeral a concreto, os niveis obrigatorios marcáronse con fondo rosa):

Dominio
Reino
[Subreino]
[Superfilo]
Filo

As diferenzas básicas dos seres vivos danse a nivel molecular (estrutura dos lípidos, proteínas e xenoma) e permiten distinguir os dominios Archaea, Bacteria e Eukarya (dende este punto de vista, unha planta e un animal son máis semellantes entre si ca unha archaea e unha bacteria). Os dominios Archaea e Bacteria inclúen só organismos unicelulares procariotas (organismos con células sen núcleo). O dominio Eukarya inclúe tódalas eucariotas (organismos con células con núcleo) e comprende numerosos reinos, entre os cales se atopan os protozoos (clasificados en varios reinos), plantas, fungos e animais.

A continuación amósase a clasificación en reinos dos seres vivos segundo os últimos datos moleculares. Os virus clasifícanse á parte.

DominiosReinos
BacteriaProteobacterias beta
Proteobacterias gamma
Proteobacterias delta
Proteobacterias epsilon
Planctomicetos e Chlamydiae
Spirochaetes
Bacteroides e Flavobacterias
Bacterias verdes do xofre
Bacterias grampositivas con G-C alto
Bacterias grampositivas con G-C baixo
Cianobacterias e cloroplastos
Bacterias verdes non do xofre
Thermotogales
Hydrogenobacter/Aquifex
ArchaeaEuryarchaeota
Crenarchaeota
Korarchaeota
EukaryaDiplomónadas
Microsporidia
Parabasálidos
Mixomycota
Euglenozoos
Naegleria
Entamoeba
Acrasiomycota
Rhodophyta
Ciliados
Dinoflagellata
Apicomplexa
Labirintúlidos
Oomicota
Xantophyta
Chrysophyta
Phaeophyta
Diatomeas
Plantae
Fungi
Animalia
  • notas

Notas

  1. James Trefil, 1001 cosas que todo el mundo debería saber sobre ciencia
Other Languages
العربية: مملكة (تصنيف)
беларуская: Царства (біялогія)
беларуская (тарашкевіца)‎: Царства (біялёгія)
brezhoneg: Riezad
Esperanto: Regno (biologio)
estremeñu: Réinu (biologia)
فارسی: فرمانرو
hornjoserbsce: Swět (biologija)
Bahasa Indonesia: Kerajaan (biologi)
日本語: 界 (分類学)
Basa Jawa: Krajan (biologi)
한국어: 계 (생물학)
Lëtzebuergesch: Räich (Biologie)
മലയാളം: കിങ്ഡം
Bahasa Melayu: Alam (biologi)
မြန်မာဘာသာ: လောက (ဇီဝဗေဒ)
Napulitano: Regno (biologgia)
Nederlands: Rijk (biologie)
norsk nynorsk: Biologisk rike
Kapampangan: Kaarian (biolohia)
português: Reino (biologia)
Runa Simi: Rikch'aq suyu
română: Regn
srpskohrvatski / српскохрватски: Carstvo (taksonomija)
Simple English: Kingdom (biology)
slovenčina: Ríša (taxonómia)
slovenščina: Kraljestvo (biologija)
Türkmençe: Şalyk (biologiýa)
татарча/tatarça: Патшалык (биология)
українська: Царство (біологія)
Tiếng Việt: Giới (sinh học)
West-Vlams: Ryk (biologie)
中文: 界 (生物)
Bân-lâm-gú: Kài (hun-lūi-ha̍k)
粵語: