Referendo escocés de 1997

Para ver información sobre consultas anteriores, ver referendo escocés de 1979

O Referendo escocés foi unha consulta popular que se lle fixo á cidadanía escocesa o 11 de setembro de 1997 sobre o que se coñeceu como a devolución do parlamento, isto é, a creación dunha cámara lexislativa propia. O resultado foi afirmativo.

Preguntas

O referendo escocés de 1997 era un referendo prelexislativo que tivo lugar unicamente en Escocia. O referendo foi establecido polo goberno laborista de Tony Blair, que acababa de gañar as eleccións. Era a segunda consulta que se celebraba no territorio escocés sobre a cuestión da reinstauración dun parlamento autónomo con sede en Edimburgo, despois da frustrada de 1979.

Aos escoceses e escocesas preguntóuselle daquela por dúas cuestións:

  1. Está vostede de acordo en que exista un Parlamento escocés?
  2. Está vostede de acordo en que ese parlamento teña capacidade para variar os impostos?