Real Madrid Castilla Club de Fútbol

Real Madrid Castilla
NomeReal Madrid Castilla Club de Fútbol
Alcume(s)Castilla
Fundación16 de decembro de 1930 (87 anos)
EstadioAlfredo Di Stéfano,
Madrid, España
Inauguración24 de setembro de 1982
Capacidade7.500
PresidenteEspaña Nicolás Martín-Sanz
AdestradorEspaña José Manuel Díaz
Liga2ªB – Grupo 1
2014–15
VestimentaAdidas
PatrocinadorPáxina web
Na casa
Fóra
Terceira

O Real Madrid Castilla Club de Fútbol, coñecido habitualmente como Castilla, é un equipo de fútbol, o primeiro filial do Real Madrid Club de Fútbol, que xoga na Segunda División B.

Entre os seus logros deportivos, destaca un campionato de Segunda División na tempada 1983-84, e o subcampionato na Copa do Rei de 1979–80, competición que actualmente os equipos filiais non poden xogar, que perdeu contra o primeiro equipo do Real Madrid, por 6-1, o que lle serviu ademais para disputar a Recopa de Europa ao ano seguinte, ao estar xa clasificado o primeiro equipo para disputar a Copa de Europa.

Estadio

Artigo principal: Estadio Alfredo Di Stéfano.

O Real Madrid Castilla disputa os seus encontros no Estadio Alfredo Di Stéfano, situado na Cidade Real Madrid en Valdebebas. Foi inaugurado o 9 de maio de 2006 e posúe unha capacidade de 6.000 espectadores, todos sentados, e unhas dimensións de 105 x 68 metros.

Other Languages
Bahasa Indonesia: Real Madrid Castilla
Simple English: Real Madrid Castilla
Tiếng Việt: Real Madrid Castilla