Ranfástidos

Tucanos
Rango fósil: Pleistoceno temperán – Actual
(de 2-0 millóns de anos)
Pteroglossus torquatus
Pteroglossus torquatus
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Aves
Orde:Piciformes
Infraorde:Ramphastides
Familia:Ramphastidae
Vigors, 1825
Xéneros

Andigena
Aulacorhynchus
Pteroglossus
Ramphastos
Selenidera

Os ranfástidos (Ramphastidae), chamados xeralmente tucanos,[1] son unha familia de aves neotropicais da orde Piciformes. Os parentes máis próximos desta familia son os Capitonidae. Teñen plumaxe rechamante e un grande peteiro característico, xeralmente moi colorido. A familia inclúe cinco xéneros e unhas 40 especies.

O nome tucano deriva da palabra tupí tukana a través do portugués.[2]

Taxonomía e sistemática

Ademais dos tucanos típicos, a familia inclúe outras especies similares chamadas en Brasil araçarís e os tucanetes. En total son 5 xéneros. Son parentes distantes deles dentro da orde dos piciformes varias familias da suborde Pici, como os capitónidos e os petos.

Os capitónidos, que antes eran unha familia ampla, foron subdivididos en varias familias, xa que se consideraba parafilética, e hoxe a familia Capitonidae resérvase para as especies de América, os de África clasifícanse na familia Lybiidae e os de Asia na Megalaimidae. Por outra parte, o xénero americano Semnornis quedou na familia Semnornithidae, que é a máis próxima aos tucanos.[3] Moitos especialistas consideran que a estreita relación entre os tucanos e os capitónidos americanos e os Semnornis xustificaría a inclusión de todos eles nunha única familia (Ramphastidae) e de feito a clasificación do Congreso Ornitolóxico Internacional (versión 2.4, 2010) así o fai. Nese caso, os tucanos formarían a subfamilia Ramphastinae, con 5 xéneros e 47 especies.[4] A alternativa é considerar que a familia Ramphastidae comprende só os 5 xéneros.

Xéneros

  • Xénero Aulacorhynchus — tucanetes verdes (11 especies)
  • Xénero Pteroglossus — araçarís (14 especies)
  • Xénero Selenidera — tucanetes dicrómicos, con dimorfismo sexual (6 especies)
  • Xénero Andigena — tucanos de montaña (4 especies)
  • Xénero Ramphastos — os tucanos típicos (8 especies)
Other Languages
العربية: طوقانية
asturianu: Ramphastidae
azərbaycanca: Tukanlar
تۆرکجه: توکانلار
беларуская: Туканавыя
беларуская (тарашкевіца)‎: Туканы
български: Туканови
brezhoneg: Toukan
català: Tucà
Cebuano: Ramphastidae
čeština: Tukanovití
Cymraeg: Twcan
dansk: Tukaner
Deutsch: Tukane
English: Toucan
Esperanto: Tukano (birdo)
español: Ramphastidae
euskara: Tukan
فارسی: توکان
suomi: Tukaanit
français: Ramphastidae
Gaeilge: Túcán
Avañe'ẽ: Tukã
עברית: טוקניים
hrvatski: Tukani
interlingua: Ramphastidae
Bahasa Indonesia: Tukan
Ido: Tukano
italiano: Ramphastidae
日本語: オオハシ科
한국어: 왕부리새류
Lëtzebuergesch: Tukanen
lietuvių: Tukaniniai
latviešu: Tukānu dzimta
മലയാളം: ടൂക്കൻ
кырык мары: Тукан
Nāhuatl: Tenacatl
Nederlands: Toekans
norsk nynorsk: Tukanar
polski: Tukanowate
پنجابی: ٹوکان
português: Tucano
Runa Simi: Pinsha
română: Tucanii
русский: Тукановые
srpskohrvatski / српскохрватски: Tukani
Simple English: Toucan
slovenčina: Tukanovité
slovenščina: Tukani
српски / srpski: Тукани
svenska: Tukaner
தமிழ்: தூக்கான்
Türkçe: Tukan
українська: Туканові
Tiếng Việt: Chim Toucan
Winaray: Ramphastidae
ייִדיש: טוקאן
中文: 大嘴鳥