Río Xordán

Xordán
JordanRiver.jpg
Unha vista do Xordán
PaísIsrael, Siria, Xordania, Cisxordania
NacementoAltos do Golán
Lonxitude360 km
Conca17.300 km2
Caudal medio30 m3
DesembocaduraMar Morto

O río Xordán (en hebreo: נְהַר הַיַּרְדֵּן nehar hayarden; en árabe: نَهْر الْأُرْدُنّ nahr al-urdun) é unha corrente de auga que corre polo Oriente Próximo, na maior parte do seu curso entre terras dos estados de Israel, Xordania e Cisxordania. É un río sen desembocadura en mar aberto, pois faino nun lago, o denominado mar Morto. A súa lonxitude é duns 360 km.

Nome

Mapa con a conca do Xordán

En hebreo denomínase: נהר הירדן nehar hayarden; en árabe: نهر الأردن nahr al-urdun. O nome hebreo parece significar "baixar; descender", o que concorda con o seu traxecto, iniciado sobre arredor de 500 m o nivel do mar até case 400 m por baixo, un desnivel de arredor de 900 m.

A denominación árabe é o correlato da hebrea, porén popularmente é coñecido como Ax-Xariat Al-Kabir 'lugar para beber grande'.

Do río toman o seu nome Xordania e Cisxordania.

Curso

O Xordán fórmase da confluencia doutros tres ríos, na rexión do monte Hermón, na cara norte dos Altos do Golán: o Banyas, que ven de Occidente; o Dan, confluente central e o Hasbani, que é o ramal oriental. A dirección do río logo desa unión é decididamente norte-sur. A uns 70 km de percorrido, o Xordán atravesa o pequeno lago Hula (en árabe Bahr al-Hulah), lixeiramente por encima do nivel do mar, e desde aí, continua durante uns poucos quilómetros, até o mar de Tiberíades ou Xenezaret, do cal rexorde para seguir a depresión de Ghor, que é a continuación asiática do Gran Val do Rift africano, sempre en dirección norte-sur até desembocar na parte setentrional do mar Morto, despois de 360 km de curso[1], do cal é practicamente a súa maior fonte de alimentación hídrica. En case a maior parte do curso, a pouco de deixar atrás o lago Hula, o leito está por debaixo do nivel do mar, alcanzando a máxima profundidade no mar Morto, cuxo nivel, por mor do desecamento sufrido nos últimos anos, está nuns -400 m., que constitúe a maior depresión terrestre.

Other Languages
Afrikaans: Jordaanrivier
Ænglisc: Iordan
العربية: نهر الأردن
تۆرکجه: اوردن چایی
Boarisch: Jordan
беларуская: Іардан (рака)
беларуская (тарашкевіца)‎: Ярдан
български: Йордан (река)
भोजपुरी: जॉर्डन नदी
brezhoneg: Jordan (stêr)
bosanski: Jordan (rijeka)
català: Riu Jordà
Cebuano: Naẖal Senir
čeština: Jordán
kaszëbsczi: Jordan (rzéka)
Deutsch: Jordan
English: Jordan River
Esperanto: Jordano
español: Río Jordán
eesti: Jordan
فارسی: رود اردن
suomi: Jordan
français: Jourdain
Gàidhlig: Abhainn Iòrdan
עברית: נהר הירדן
हिन्दी: जॉर्डन नदी
hrvatski: Jordan (rijeka)
hornjoserbsce: Jordan
Bahasa Indonesia: Sungai Yordan
íslenska: Jórdan
日本語: ヨルダン川
la .lojban.: jordo rirxe
Basa Jawa: Kali Yordan
ქართული: იორდანე
Kabɩyɛ: Yɔrdaŋ Pɔɔ
қазақша: Иордан
한국어: 요르단 강
Latina: Iordanis
lietuvių: Jordanas
latviešu: Jordāna
Malagasy: Jordana (ony)
македонски: Јордан (река)
Bahasa Melayu: Sungai Jordan
Nederlands: Jordaan (rivier)
norsk nynorsk: Jordanelva
occitan: Jordan
Ирон: Иордан
ਪੰਜਾਬੀ: ਜਾਰਡਨ ਦਰਿਆ
پنجابی: دریاۓ اردن
português: Rio Jordão
Runa Simi: Urdun mayu
română: Râul Iordan
русский: Иордан
संस्कृतम्: जार्डन्-नदी
саха тыла: Иордаан
sardu: Giordanu
sicilianu: Ciumi Giurdanu
srpskohrvatski / српскохрватски: Jordan (rijeka)
Simple English: Jordan River
slovenčina: Jordán
slovenščina: Jordan
српски / srpski: Јордан (река)
svenska: Jordan
Kiswahili: Yordani (mto)
Türkçe: Şeria Nehri
українська: Йордан (річка)
oʻzbekcha/ўзбекча: Iordan (daryo)
Tiếng Việt: Sông Jordan
Winaray: Salog Jordan
ייִדיש: ירדן טייך
中文: 约旦河
粵語: 約旦河