Río Paraná

Río Parana
City of Posadas.jpg
PaísFlag of Argentina.svg Arxentina
Flag of Brazil.svg Brasil
Flag of Paraguay.svg Paraguai
NacementoRío Grande e Río Paranaíba
Lonxitude3.940 Km
Conca2.582.672
Conca do Prata
Caudal medio17.300 m³/s
DesembocaduraRío de la Plata
Paranarivermap.png
Mapa do río Paraná.
O Paranà visto desde Rosario

O río Paraná é un río suramericano, o segundo máis importante en termos de magnitude tras o río Amazonas. O seu curso transcorre polos territorios de Brasil, Paraguai e a Arxentina, cun percorrido de 2.570 km. A súa lonxitude podería ser considerada superior (3.998 km) se se contase a distancia desde a cabeceira do río Paranaiba, en Brasil. O nome Paraná provén da lingua tupí e significa "como o mar". Na súa conca viven, aproximadamente, 75 millóns de persoas.

Curso

O Paraná fórmase da confluencia dos ríos Paranaiba e Grande do Sul, no estado brasileiro homónimo, sito na parte meridional do país. Desde aí o río flúe en dirección suroeste durante uns 619 km antes de chegar á cidade de Saltos del Guaira, no Paraguai. En tempos estaban aí as sete cascatas de Sete Quedas, que foron desfeitas pola posta en marcha, no ano 1984, da presa de Itaipú.

Nos seguintes 190 km o Paraná baixa en dirección sur formando fronteira natural entre o Paraguai e máis o Brasil, até xusto a confluencia con o río Iguazú. Algo antes desta xunta dos ríos, érguese a mole da presa de Itaipú, qu conforma a estación hidroeléctrica maior do mundo, e orixinando unha estensa área de pantanos.

Pouco despois do Iguazú, o río Paraná tórnase fronteira, mais esta vez entre o Paraguai e a Arxentina, para continuar a súa viaxe para o sur ao longo de 468 km adicionais, antes de facer unha grande virada para o oeste duns 820 km de percurso e encontrarse con o Río Paraguai, o maior afluente de toda a súa conca. Máis antes desta confluencia o río pasa por outro grande encoro hidroeléctrico: Yaciretà, un proxecto común entre Paraguai e Arxentina. O nivel do río subíu tanto a causa desta presa, que segundo sexan as choivas asulaga as partes máis baixas das poboacións do sector.

Desde a confluencia con o río Paraguai, o Paraná volta a virar cara o sur por outros 820 km en dirección á Arxentina, efectuando un pequeno xiro ao leste preto da cidade de Rosario. No derradeiro tramo percorre case 500 km antes de unírselle o río Uruguai, formando deseguido o río de la Plata e desembocar no océano Atlántico. Antes disto, e xusto augas abaixo da cidade de Diamante, o curso desdóbrase en diferentes brazos formando o delta do Paraná, unha estensa chaira fluvial duns 60 km de anchura.

Afluentes

Entre os numerosos tributarios do Paraná cómpre citarmos:

  • Pola dereita: Paraguay, Salado
  • Pola esquerda: Tieté, Paranapanema, Ivaí, Piquiri, Iguazú, Uruguai
Other Languages
Afrikaans: Río Paraná
العربية: نهر بارانا
asturianu: Ríu Paraná
azərbaycanca: Parana çayı
تۆرکجه: پارانا چایی
башҡортса: Парана
беларуская: Парана (рака)
беларуская (тарашкевіца)‎: Парана (рака)
български: Парана
भोजपुरी: पराना नदी
brezhoneg: Paraná (stêr)
català: Riu Paraná
čeština: Paraná (řeka)
Cymraeg: Afon Paraná
dansk: Paraná
Deutsch: Río Paraná
English: Paraná River
Esperanto: Parano
español: Río Paraná
euskara: Paraná
français: Rio Paraná
Avañe'ẽ: Ysyry Parana
עברית: פרנה (נהר)
हिन्दी: पराना नदी
հայերեն: Պարանա (գետ)
Bahasa Indonesia: Sungai Paraná
italiano: Paraná (fiume)
日本語: パラナ川
қазақша: Парана
한국어: 파라나강
lumbaart: Paranà (fiüm)
lietuvių: Parana
latviešu: Parana (upe)
македонски: Парана (река)
Bahasa Melayu: Sungai Paraná
Nederlands: Paraná (rivier)
norsk nynorsk: Elva Paraná
norsk: Paraná
português: Rio Paraná
русский: Парана
srpskohrvatski / српскохрватски: Paraná (rijeka)
Simple English: Paraná River
slovenčina: Paraná (rieka)
slovenščina: Parana
српски / srpski: Парана (река)
svenska: Paranáfloden
Kiswahili: Parana (mto)
தமிழ்: பரனா ஆறு
తెలుగు: పరనా నది
Türkçe: Paraná Nehri
українська: Парана (річка)
oʻzbekcha/ўзбекча: Parana
Tiếng Việt: Sông Paraná
Winaray: Salog Paraná
中文: 巴拉那河
Bân-lâm-gú: Paraná Hô
粵語: 巴拉那河