Río Ebro

Río Ebro
Zaragoza shel.JPG
PaísEspaña
NacementoFontibre, Cantabria Cantabria
Altitude1.980 msnm
Lonxitude910 Km
Conca86.100 km²
Caudal medio426 m³/s
DesembocaduraMar Mediterráneo
SpainEbroBasin.png
Cunca hidrográfica do río Ebro
O Ebro ao seu paso por Tortosa

O río Ebro (en catalán: Ebre) é o río máis caudaloso de España e o segundo da Península Ibérica despois do Douro. É ademais o segundo río máis longo despois do Texo. Discorre na súa totalidade por España, sendo o seu río máis longo, con 910 km, o máis caudaloso e o que ten a maior conca, que chega aos 83.093 km².

Percorre o extremo nororiental da Península Ibérica, a través do val que leva o seu nome. Segue unha dirección noroeste-sueste desde o seu nacemento na Hermandad de Campoo de Suso, en Cantabria, ata o mar Mediterráneo, no que desemboca formando o delta do Ebro, entre os termos municipais de Deltebre e Sant Jaume d'Enveja.

O Ebro atravesa as comunidades autónomas españolas de Cantabria, Castela e León, A Rioxa, Navarra, Aragón e Cataluña. Ademais, a súa conca hidrográfica tamén alcanza territorios da Comunidade Valenciana (río Bergantes) e do País Vasco (case toda Áraba). Dúas capitais de comunidade autónoma, Logroño e Zaragoza, son bañadas polo río.

Etimoloxía

O seu nome deriva do antigo topónimo Hiber (Hiberus Flumen), que dá tamén nome á Península Ibérica e aos pobos iberos, adaptación latina do termo grego Ίβηρ (Iber), que recollen as numerosas fontes historiográficas gregas, que significaría ribeira ou marxe do río. En efecto, colonos gregos establecéronse un pouco máis ao norte cara ao 575 a.C. na importante colonia de Empúries (Ἐμπόριον). Por iso é polo que o termo de Iberia orixinalmente deriva do nome mesmo do río Ebro.

Other Languages
አማርኛ: ኤብሮ ወንዝ
aragonés: Ebro
العربية: إبرة (نهر)
asturianu: Ríu Ebro
تۆرکجه: ایبرو چایی
беларуская: Эбра
беларуская (тарашкевіца)‎: Эбра
български: Ебро
brezhoneg: Ebre
bosanski: Ebro
català: Ebre
Cebuano: Ebro (suba)
čeština: Ebro
Чӑвашла: Эбро
Cymraeg: Afon Ebro
dansk: Ebro
Deutsch: Ebro
dolnoserbski: Ebro
Ελληνικά: Έβρος (Ισπανία)
English: Ebro
Esperanto: Ebro
español: Ebro
eesti: Ebro
euskara: Ebro
فارسی: ایبرو
suomi: Ebro
français: Èbre
Frysk: Ebro
Gaeilge: An Eabró
עברית: אברו
hornjoserbsce: Ebro
magyar: Ebro
հայերեն: Էբրո
Bahasa Indonesia: Ebro
italiano: Ebro
日本語: エブロ川
ქართული: ებრო
қазақша: Эбро
한국어: 에브로강
Кыргызча: Эбро
Latina: Hiberus
lietuvių: Ebras
latviešu: Ebro
македонски: Ебро
മലയാളം: എബ്രോ
मराठी: एब्रो नदी
Nederlands: Ebro
norsk nynorsk: Ebro
norsk: Ebro
occitan: Èbre
polski: Ebro
Piemontèis: Ebro
پنجابی: ایبرو
português: Ebro
română: Ebru
русский: Эбро
Scots: Ebro
srpskohrvatski / српскохрватски: Ebro
Simple English: Ebro
slovenčina: Ebro
српски / srpski: Ебро
svenska: Ebro
Tagalog: Ebro
Türkçe: Ebro
українська: Ебро
اردو: ایبرو
oʻzbekcha/ўзбекча: Ebro (daryo)
Tiếng Việt: Ebro
Winaray: Salog Ebro
中文: 埃布羅河