Río Ebola

O sistema fluvial dos ríos Ebola, Mongala, Dua e Likame no norte da República Democrática do Congo. Indícase a aldea de Yambuku, onde comezou o brote de ebola en 1976 en Zaire (nome que daquela tiña o país).
Cunca do río Congo. O cadro da parte superior indica a rexión do Ebola, que está ampliada no mapa anterior.

O río Ebola (ás veces ortografado Ébola) é un río situado no norte da República Democrática do Congo que é o curso superior (ou afluente) do río Mongala, á súa vez afluente do río Congo. Os ríos Dua (225 km) e Likame (130 km) teñen ambos os dous unha confluencia conxunta co río Ebola para orixinar o río Mongala. Os primeiros 225 km do curso superior do río Mongala corresponden ao río Ebola, e o curso inferior do Mongala ten outros 285 km.[1]

O nome Ebola é unha adaptación en lingua francesa do nome local Legbala, en lingua ngbandi, que significa "auga branca".[2] Durante a administración colonial belga utilizáronse eses dous nomes para o río, xunto coas denominacións Eau Blanche [3] e, máis raramente, L'Ébola.[2]

Nunha rexión próxima a por onde discorre este río deuse en 1976 un brote epidémico dunha enfermidade hemorráxica nova producida por un virus descoñecido.[4] Utilizouse o nome do río para darlle nome á doenza (enfermidade do virus Ebola), así como ao virus (virus Ebola ou EBOV, da especie Ebolavirus Zaire), e ao xénero destes virus (Ebolavirus). En realidade, a doenza empezara na vila de Yambuku, a uns 98 km ao sur das beiras do Ebola[4], pero o profesor Peter Piot, que lle deu o nome, preferiu non asociar o estigma da doenza con ningunha localidade e decidiu darlle o nome dun río relativamente próximo, que discorre pola rexión por onde viaxaran algúns dos primeiros afectados.[2]

Notas

  1. vanden Bossche, J.-P.; Bernacsek, G. M. (1990). Source Book for the Inland Fishery Resources of Africa, Issue 18, Volume 1. Rome: Food & Agriculture Organization of the UN. p. 336. Consultado o 08 de agosto de 2014. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Wordsworth, Dot (25 de outubro de 2014). "How Ebola got its name". The Spectator (London, England). Consultado o 26 de outubro de 2014. 
  3. Tanghe, Basile; Vangele, A. (June 1939). "Région de la Haute Ebola : Notes d’histoire (1890-1900)". Aequatoria (en francés) 2 (6): 61–65. Consultado o 26 de outubro de 2014. 
  4. 4,0 4,1 http://www.ft.com/cms/s/2/4c1711c2-d004-11e3-a2b7-00144feabdc0.html "Ebola Ground Zero My Journey Back" Financial Times 3 May 2014
Other Languages
беларуская: Эбола
български: Ебола (река)
català: Riu Ebola
čeština: Ebola (řeka)
Deutsch: Ebola (Fluss)
Ελληνικά: Ποταμός Εμπολά
English: Ebola River
Esperanto: Ebolo (rivero)
español: Río Ébola
euskara: Ebola ibaia
français: Ebola (rivière)
hrvatski: Ebola (rijeka)
Bahasa Indonesia: Sungai Ebola
íslenska: Ebólafljót
italiano: Ebola (fiume)
日本語: エボラ川
Basa Jawa: Kali Ebola
한국어: 에볼라 강
Nederlands: Ebola (rivier)
português: Rio Ebola
română: Râul Ebola
русский: Эбола (река)
svenska: Ebolafloden
українська: Ебола (річка)
Tiếng Việt: Sông Ebola
中文: 伊波拉河