Río Bravo (filme)

Río Bravo
Howard Hawks'Rio Bravo trailer (4).jpg
Fotograma dos créditos
Ficha técnica
Título orixinalRio Bravo
DirectorHoward Hawks
ProdutorHoward Hawks
GuiónLeigh Brackett, Jules Furthman
IntérpretesJohn Wayne, Dean Martin, Angie Dickinson, Walter Brennan, Claude Akins, Ward Bond, Ricky Nelson
MúsicaDimitri Tiomkin
FotografíaRussel Harlan
MontaxeFolmar Blangsted
DistribuidoraWarner Bros.
EstreaFlag of the United States.svg 18 de marzo de 1959
Galicia 17 de xaneiro de 2009 (TVG)
Duración141 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos

Río Bravo (en inglés: Rio Bravo) é un western dirixido por Howard Hawks, e unha das cinco películas nas que traballou con John Wayne (Río vermello (1948), Río Bravo (1959), Hatari! (1962), El Dorado (1966), Río Lobo (1970)).

Pódese interpretar Río Bravo en contraposición a outro western da época, Só ante o perigo (1952) de Fred Zinnemann. Na película de Zinnemman un atribulado shériff (Gary Cooper) pasaba a película pedindo desesperadamente axuda e ninguén o axudaba. No filme de Hawks o shériff en perigo non pide axuda pero todos están dispostos a prestarlla.

Son enfoques radicalmente distintos: Howard Hawks concibe o heroe como un home forte (habitualmente acompañado por mulleres fortes) que debe saír el só dos seus problemas, un personaxe que sabe como comportase e o que debe facer en cada momento.

Sobre a elaboración do guión cómpre dicir que os guionistas case sempre dispoñían dun par de opcións boas para resolver cada situación e iso permitiu que anos máis tarde puidesen utilizar parte do material descartado para facer El Dorado (1967) un filme crepuscular que retoma o tema do shériff "só ante o perigo".

No filme actúa Ricky Nelson (estrela musical xuvenil do momento); esa ocorrencia publicitaria permitiu que vise o filme un tipo de público novo que non coñecía a Howard Hawks.

Estreouse en galego na TVG o 17 de xaneiro de 2009.[1]

Galería de imaxes

Other Languages
български: Рио Браво
Deutsch: Rio Bravo
suomi: Rio Bravo
français: Rio Bravo (film)
Bahasa Indonesia: Rio Bravo (film)
Lëtzebuergesch: Rio Bravo (Film 1959)
Bahasa Melayu: Filem Rio Bravo
Nederlands: Rio Bravo (1959)
norsk: Rio Bravo
português: Rio Bravo (filme)
русский: Рио Браво
srpskohrvatski / српскохрватски: Rio Bravo (film)
svenska: Rio Bravo
українська: Ріо Браво (фільм)