Quinoa

Quinoa
Chenopodium quinoa0.jpg
Clasificación científica
Reino:Plantae
División:Magnoliophyta
Clase:Magnoliopsida
Orde:Caryophyllales
Familia:Amaranthaceae
Subfamilia:Chenopodioideae
Tribo:Chenopodieae
Xénero:Chenopodium
Especie:C. quinoa
Nome binomial
Chenopodium quinoa
Willd., Sp. Pl., ed., 4, 1(2), p. 1301, 1798
Distribución natural da planta

Distribución natural da planta

A quinoa[1](do quechua kinwa[2]), Chenopodium quinoa, é unha planta nativa de Bolivia, Colombia, Perú e Chile, que produce un gran considerado moi importante na alimentación e na vida do home do altiplano andino. Trátase dun pseudocereal pertencente á subfamilia Chenopodioideae das amarantáceas. Prodúcese nos Andes de Bolivia, do Perú, da Arxentina, de Chile, de Colombia e do Ecuador, así coma nos Estados Unidos de América. Bolivia é o primeiro produtor mundial,[3] a seguir polo Perú e mailos Estados Unidos.

Espiga de quinoa morada.
Colleita de quinoa no Ecuador.
Guiso de quinoa con champiñóns
Chenopodium quinoa -red faro-

Cultivábana os quechuas e aymarás, existindo unhas 3.120 variedades. Após a invasión española, os alimentos autóctonos, como a quinoa, o amaranto e a maca (Lepidium meyenii), caeron paseniño en desuso e foron substituídos polos grans consumidos en Europa, como o trigo e o orxo.[4] Disque noutroura empregouse tamén para usos cosméticos na zona do altiplano peruano-boliviano-arxentino.[5] Medra desde o nivel do mar no Perú até os 4000 m de altitude nos Andes, aínda que a súa altura máis común é a partir dos 2500 m.

Descrición

A quinoa é unha planta alimenticia de desenvolvemento anual, dicotiledónea que adoita acadar unha altura de 1 a 3 m. As follas son largas e polimorfas (con diferentes formas na mesma planta); o talo central comprende follas lobuladas e crebadizas e pode ter pólas, dependendo da variedade ou densidade da sementeira; as flores son miúdas e carecen de pétalos. Son hermafroditas e xeralmente autofecúndanse. O froito é seco e mide aproximadamente 2 mm de diámetro (de 250 a 500 sementes/g), arrodeado polo cáliz, que é da mesma cor que a planta.

Other Languages
العربية: كينوا
Aymar aru: Jiwra
azərbaycanca: Kinoa
български: Киноа
català: Quinoa
čeština: Merlík čilský
dansk: Quinoa
Deutsch: Quinoa
Ελληνικά: Κινόα
English: Quinoa
Esperanto: Kvinoo
euskara: Kinoa
فارسی: کینوآ
suomi: Kvinoa
français: Quinoa
עברית: קינואה
हिन्दी: क्विन्वा
hrvatski: Kvinoja
magyar: Kinoa
Bahasa Indonesia: Kinoa
íslenska: Kínóa
日本語: キヌア
ಕನ್ನಡ: ಕೀನೋವಾ
한국어: 퀴노아
Bahasa Melayu: Kuinoa
Nederlands: Quinoa (plant)
norsk nynorsk: Quinoa
norsk: Quinoa
Kapampangan: Quinoa
português: Quinoa
Runa Simi: Kinwa
română: Quinoa
русский: Киноа
Scots: Quinoa
srpskohrvatski / српскохрватски: Kinoa
Simple English: Quinoa
slovenščina: Kvinoja
svenska: Quinoa
ไทย: กีนัว
Tagalog: Quinoa
Türkçe: Kinoa
українська: Кіноа
Tiếng Việt: Diêm mạch
中文: 藜麥
粵語: 藜麥