Quilogramo

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Imaxe xerada por ordenador do prototipo internacional de quilogramo, composto nun 90% de platino e un 10% de iridio, gárdase no Bureau International des Poids et Mesures (Bureau Internacional de Pesos e Medidas) en Sèvres nas aforas de París.

O quilogramo (comunmente quilo cando se usa para quilogramo-forza) é a unidade básica de masa do SI e o seu padrón, que se conserva na Oficina Internacional de Pesos e Medidas. O seu símbolo é kg.

Un quilogramo equivale a 1000 gramos pero, dado que no SI é a unidade fundamental de masa, non debe ser considerado como derivado do gramo.

Tamén é común que se utilice á vez como unidade de peso, aínda que se debería facer baixo o nome de quilogramo forza. O quilogramo-forza correspóndese, aproximadamente, co peso dunha masa de 1 quilogramo situada na superficie terrestre, a nivel do mar. A definición só é correcta na Terra, por canto intervén o valor da gravidade.

Nome e terminoloxía

A palabra quilogramo deriva do francés kilogramme,[1] que á súa vez se formou engadindo o prefixo kilo creado coa palabra grega χίλιοι khilioi, que significa "mil" e gramma, palabra latina que significa "peso pequeno" e que procede do grego γράμμα.[2] A palabra kilogramme foi incorporada á lexislación francesa en 1795, no Decreto do 18 de Xerminal,[3] que revisaba o sistema antigo de unidades introducido pola Convención en 1793, cando gravet fora definido como o peso (poids) dun centímetro cúbico de auga, igual á milésima parte dun grave.[4] No decreto de 1795 o termo gramme substituíu a gravet e kilogramme a grave. O termo quilo pode empregarse como forma abreviada de quilogramo.[5]

Durante o século XIX o sistema de unidades estándar era o sistema centímetro-gramo-segundo, considerando o gramo a unidade fundamental de masa e o quilogramo unha unidade derivada. Porén, en 1901, tralos descubrimentos de James Clerk Maxwell de que as medidas eléctricas non podían expresarse en termos das tres unidades fundamentais, Giovanni Giorgi propuxo un novo sistema que incluiría unha cuarta unidade fundamental para medir cantidades en electromagnetismo.[6] En 1935 foi adoptado pola Comisión Electrotécnica Internacional como o sistema Giorgi, agora coñecido como sistema MKS,[7] e en 1946 adoptouse tamén o ampere como unidade electromágnetica do "sistema MKSA". Ambos os sistemas, CGS e MKS, coexistiron durante parte do século XX, mais como resultado da decisión de adoptar o sistema Giorgi como base para o Sistema Internacional en 1960, o quilogramo é a unidade básica de masa, mentres que a definición de gramo deriva da de quilogramo.

Other Languages
Аҧсшәа: Акилограмм
Afrikaans: Kilogram
Alemannisch: Kilogramm
aragonés: Kilogramo
العربية: كيلوغرام
অসমীয়া: কিলোগ্ৰাম
asturianu: Quilogramu
Aymar aru: Kilu
azərbaycanca: Kiloqram
башҡортса: Килограмм
žemaitėška: Kėluograms
беларуская: Кілаграм
беларуская (тарашкевіца)‎: Кіляграм
български: Килограм
भोजपुरी: किलोग्राम
བོད་ཡིག: སྟོང་ཁེའུ།
brezhoneg: Kilogramm
bosanski: Kilogram
català: Quilogram
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Gŭng-gṳ̆ng
کوردی: کیلۆگرام
čeština: Kilogram
Чӑвашла: Килограмм
Cymraeg: Cilogram
dansk: Kilogram
Deutsch: Kilogramm
Ελληνικά: Χιλιόγραμμο
English: Kilogram
Esperanto: Kilogramo
español: Kilogramo
eesti: Kilogramm
euskara: Kilogramo
فارسی: کیلوگرم
suomi: Kilogramma
français: Kilogramme
Nordfriisk: Kilogram
furlan: Chilogram
Frysk: Kilogram
Gaeilge: Cileagram
贛語: 公斤
Avañe'ẽ: Kilogarámo
客家語/Hak-kâ-ngî: Kûng-kîn
עברית: קילוגרם
हिन्दी: किलोग्राम
hrvatski: Kilogram
Kreyòl ayisyen: Kilogram
magyar: Kilogramm
հայերեն: Կիլոգրամ
interlingua: Kilogramma
Bahasa Indonesia: Kilogram
íslenska: Kílógramm
italiano: Chilogrammo
日本語: キログラム
Patois: Kilogram
Basa Jawa: Kilogram
ქართული: კილოგრამი
қазақша: Килограмм
한국어: 킬로그램
къарачай-малкъар: Килограмм
kurdî: Kîlogram
Кыргызча: Килограмм
Latina: Chiliogramma
Lëtzebuergesch: Kilogramm
Limburgs: Kilogram
lumbaart: Chilogram
lingála: Kilogálame
lietuvių: Kilogramas
latviešu: Kilograms
македонски: Килограм
മലയാളം: കിലോഗ്രാം
монгол: Килограмм
Bahasa Melayu: Kilogram
Malti: Kilogramm
မြန်မာဘာသာ: ကီလိုဂရမ်
Plattdüütsch: Kilogramm
नेपाली: किलोग्राम
नेपाल भाषा: किलोग्राम
Nederlands: Kilogram
norsk nynorsk: Kilogram
norsk: Kilogram
occitan: Quilograma
ਪੰਜਾਬੀ: ਕਿਲੋਗ੍ਰਾਮ
polski: Kilogram
پنجابی: کلوگرام
português: Quilograma
Runa Simi: Kilugramu
română: Kilogram
русский: Килограмм
русиньскый: Килограм
संस्कृतम्: किलोग्राम्
sicilianu: Chilugrammu
Scots: Kilogramme
srpskohrvatski / српскохрватски: Kilogram
Simple English: Kilogram
slovenčina: Kilogram
slovenščina: Kilogram
Gagana Samoa: Kilokalama
Soomaaliga: Kiilogaraam
shqip: Kilogrami
српски / srpski: Килограм
Basa Sunda: Kilogram
svenska: Kilogram
Kiswahili: Kilogramu
ślůnski: Kilogram
తెలుగు: కిలోగ్రాము
Tagalog: Kilogramo
Türkçe: Kilogram
українська: Кілограм
اردو: کلوگرام
oʻzbekcha/ўзбекча: Kilogramm
vèneto: Chiłogramo
Tiếng Việt: Kilôgam
Winaray: Kilogramo
吴语: 公斤
ייִדיש: קילאגראם
中文: 千克
文言: 公斤
Bân-lâm-gú: Kong-kin
粵語: 千克