Quásar

Quasar HE0450 2958.

Os quásares[1] (do inglés quasi stellar radio source, "emisor de ondas de radio case estrelar") son obxectos do universo que se comportan como estrelas de pequeno tamaño. É unha fonte astronómica de enerxía electromagnética, incluíndo radiofrecuencias e luz visíbel. No 2007 o consenso científico é que son os obxectos máis afastados da Terra que se coñecen, o que explica o seu corremento ao vermello, e polo tanto, debido á continua expansión do universo, son os máis antigos. Crése que son núcleos activos de galaxias novas.

Xeneralidades

Os quásares visíbeis mostran un corremento ao vermello moi alto, e o consenso científico é que isto é un efecto da expansión métrica do universo entre os quasares e a terra. Combinando isto coa lei de Hubble sábese que os quasares están moi distantes. Para seren observábeis a tanta distancia, a enerxía de emisión destes fai insignificantes a case tódolos fenómenos astrofísicos coñecidos na galaxia, exceptuando comparativamente a eventos de curta duración coma supernovas e GRB. Os quásares poden facilmente liberar enerxía a niveis iguais que a combinación de centos de galaxias medianas. A luz producida sería equivalente á de un billón de soles.

Nos telescopios ópticos, a maioría dos quásares aparecen coma simples puntos de luz, aínda que algúns poden ser os centros de galaxias activas. A maioría dos quásares están demasiado lonxe para ser vistos por telescopios pequenos, pero o 3C 273, cunha magnitude aparente de 12,9 é unha excepción. A unha distancia de 2.440 millóns de anos luz, é un dos obxectos máis afastados que se poden observar directamente cun equipo de afeccionado.

Other Languages
Afrikaans: Kwasar
العربية: نجم زائف
asturianu: Cuásar
azərbaycanca: Kvazar
беларуская: Квазар
беларуская (тарашкевіца)‎: Квазар
български: Квазар
বাংলা: কোয়েজার
brezhoneg: Kouazar
bosanski: Kvazar
català: Quàsar
čeština: Kvasar
Cymraeg: Cwaseren
dansk: Kvasar
Deutsch: Quasar
Ελληνικά: Κβάζαρ
English: Quasar
Esperanto: Kvazaro
español: Cuásar
eesti: Kvasar
euskara: Quasar
فارسی: اختروش
suomi: Kvasaari
français: Quasar
Gaeilge: Cuasár
Gaelg: Quasar
עברית: קוואזר
हिन्दी: क्वेसार
hrvatski: Kvazar
Kreyòl ayisyen: Kaza
magyar: Kvazár
հայերեն: Քվազար
Bahasa Indonesia: Kuasar
italiano: Quasar
日本語: クエーサー
ქართული: კვაზარი
қазақша: Квазарлар
ಕನ್ನಡ: ಕ್ವೇಸಾರ್
한국어: 퀘이사
Кыргызча: Квазар
Latina: Quasar
lietuvių: Kvazaras
latviešu: Kvazārs
македонски: Квазар
മലയാളം: ക്വാസാർ
मराठी: क्वेसार
Bahasa Melayu: Kuasar
မြန်မာဘာသာ: ကွေဆာ
Nederlands: Quasar
norsk nynorsk: Kvasar
norsk: Kvasar
occitan: Quasar
polski: Kwazar
پنجابی: کواسار
português: Quasar
română: Quasar
русский: Квазар
sicilianu: Quasar
Scots: Quasar
srpskohrvatski / српскохрватски: Kvazar
Simple English: Quasar
slovenčina: Kvazar
slovenščina: Kvazar
српски / srpski: Квазар
svenska: Kvasar
Tagalog: Quasar
Türkçe: Kuasar
татарча/tatarça: Квазар
українська: Квазар
oʻzbekcha/ўзбекча: Kvazar
Tiếng Việt: Quasar
中文: 类星体
文言: 類星體
粵語: 類星體