Pulmón

Pulmón humano
Lungs open.jpg
Vista frontal dos pulmóns (cortados)
Heart-and-lungs.jpg
Latínpulmo
Gray'sasunto #240 1093
SistemaAparello respiratorio
ArteriaArteria pulmonar
VeaVea pulmonar
MeSHLung

Os pulmóns, chamados popularmente liviáns,[1] son os órganos principais da respiración en humanos e en moitos outros animais incluíndo uns poucos peixes e algúns coscos. Nos mamíferos e na meirande parte dos vertebrados, os dous pulmóns atópanse preto da columna vertebral en ambos lados do corazón. As súas funcións no aparello respiratorio son a de extraer osíxeno da atmosfera e transferilo ao aparello circulatorio, e de expulsar dióxido de carbono do aparello circulatorio á atmosfera, nun proceso de hematose. A respiración é impulsada por diferentes sistemas musculares nas diferentes especies. Os mamíferos, réptiles e aves empregan os seus aparellos locomotores no proceso de respiración. Nos primeiros tetrápodos, o ar é conducido aos pulmóns mediante os músculos farínxeos a través do bombeo bucal, un mecanismo que aínda manteñen os anfibios. Nos humanos, o principal músculo que guía o ar é o diafragma. Os pulmóns proporcionan un fluxo de ar que fai que os sons vocais, incluíndo a fala, sexan posíbeis.

Os humanos teñen dous pulmóns, un dereito e outro esquerdo. Atópanse entre a cavidade torácica e o tórax. O pulmón dereito é máis grande ca o esquerdo, que comparte espazo no tórax co corazón. Os dous pulmóns xuntos pesar arredor de 1,3 quilogramos, e o dereito é máis pesado. Os pulmóns forman parte das vías aéreas inferiores que comezan na traquea e ramifícanse en bronquios e bronquíolos que reciben o ar respirado pola zona condutora. Estes divídense ata chegar a alvéolos microscópicos, onde o proceso de hematose ten lugar. Xuntos, os pulmóns conteñen aproximadamente 2 400 quilómetros de vías respiratorios e 300 a 500 millóns de alvéolos. Os pulmóns están encerrados dentro dunha bolsa chamada pleura que permite que as paredes interiores e exteriores se escorreguen unha sobre a outra sen demasiada fricción. Este saco encerra cada pulmón e tamén divide cada un deles en seccións chamadas lobos. O pulmón dereito ten tres lobos e o esquerdo dous. Os lobos divídense en segmentos broncopulmonares e en lóbulos. Os pulmóns teñen unha subministración de sangue única, recibindo sangue desosixenado enviado dende o corazón cos propósitos de recibir osíxeno (a circulación pulmonar) e de separar a subministración de sangue osixenado (a circulación bronquial).

O tecido pulmonar pode verse afectado por numerosas doenzas, incluíndo a pneumonía e o cancro de pulmón. Doenzas crónicas como a doenza pulmonar obstrutiva crónica e a enfisema poden estar relacionadas con fumar ou coa exposición a substancias daniñas. Enfermidades como a bronquite tamén poden afectar a vía aérea.

No desenvolvemento embrional, os pulmóns comezan a se desenvolver como unha evaxinación do intestino anterior, un tubo que vai formar a parte superior do aparello dixestivo. Cando se forman os pulmóns o feto frota no líquido amniótico, polo que non funcionan para respirar. O sangue tamén desvíase dos pulmóns a través do conduto arterioso. Ao nacer, porén, o ar empeza a pasar polos pulmóns e o conduto de distracción péchase, de modo que os pulmóns comezan a respirar. Os pulmóns só se desenvolven plenamente na primeira infancia.

Os termos médicos relacionados co pulmón comezan con pulmo-, do latín pulmonarius 'dos pulmóns' como en pulmonía, ou con pneumo- (do grego πνεύμων 'pulmón') como en pneumonía.

Embrioloxía dos pulmóns

Dende o punto de vista embriolóxico, o pulmón nace do intestino anterior, a partir da endoderma. Nas primeiras semanas de vida fórmase unha pequena xema a partir da cal se xera toda a árbore traqueobronquial. A xema rodéase dun estroma que dará orixe ás estruturas de sostén. Así mesmo derivará nunha cavidade que formará as pleuras.

1:Traquea 2:Arteria pulmonar 3: Vea pulmonar 4:Conduto alveolar 5:Alvéolos 6:Corte cardíaco 7:Bronquíolos 8:Bronquios terciarios 9:Bronquios secundarios 10:Bronquios primarios 11:Larinxe
Reconstrución dun pulmón humano.

Os pulmóns están cubertos por unha membrana chamada pleura e están separados o un do outro polo mediastino.

O pulmón dereito está dividido en tres partes, chamadas lobos. O pulmón esquerdo ten dous lobos.

Teñen ó redor de 300 millóns de alvéolos, que dan unha superficie total de ó redor de 140 m² en adultos (aprox. a superficie dunha pista de tenis). A capacidade pulmonar depende da idade, peso e sexo, pero está no rango entre 4.000-6.000 cm³; as mulleres acostuman ter unha capacidade pulmonar ó redor do 20-25 % menor.

A función dos pulmóns é realizar o intercambio gasoso co sangue, por iso os alvéolos están en estreito contacto con capilares. Nos alvéolos prodúcese o paso de osíxeno dende o aire ó sangue e o paso de dióxido de carbono dende o sangue ó aire. Este paso dáse pola diferenza de presións parciais de osíxeno e dióxido de carbono entre o sangre e os alvéolos

Other Languages
Acèh: S'ueb
Afrikaans: Long
Alemannisch: Lunge
አማርኛ: ሳምባ
aragonés: Polmón
العربية: رئة
ܐܪܡܝܐ: ܪܐܬܐ
অসমীয়া: হাঁওফাঁও
asturianu: Pulmón
Atikamekw: Opan
авар: Гьуърул
Aymar aru: Chuyma
azərbaycanca: Ağciyər
تۆرکجه: آغجییر
башҡортса: Үпкә
Bikol Central: Bagâ
беларуская: Лёгкія
беларуская (тарашкевіца)‎: Лёгкія
български: Бял дроб
বাংলা: ফুসফুস
brezhoneg: Skevent
bosanski: Pluća
буряад: Уушхан
català: Pulmó
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Hié (ké-guăng)
čeština: Plíce
Чӑвашла: Ӳпке
Cymraeg: Ysgyfaint
Deutsch: Lunge
Zazaki: Ciger
ދިވެހިބަސް: ފުއްޕާމޭ
Ελληνικά: Πνεύμονας
English: Lung
Esperanto: Pulmo
español: Pulmones
eesti: Kopsud
euskara: Birika
فارسی: ریه
suomi: Keuhkot
Võro: Täü
français: Poumon
Frysk: Long
Gaeilge: Scamhóg
Gàidhlig: Sgamhan
Avañe'ẽ: Ñe'ãvevúi
ગુજરાતી: ફેફસાં
客家語/Hak-kâ-ngî: Hi
עברית: ריאה
हिन्दी: फेफड़ा
hrvatski: Pluća
magyar: Tüdő
հայերեն: Թոքեր
interlingua: Pulmones
Bahasa Indonesia: Paru-paru
Iñupiak: Puvak
Ilokano: Bara
Ido: Pulmono
íslenska: Lunga
italiano: Polmone
日本語:
Patois: Long
la .lojban.: fepri
Basa Jawa: Paru-paru
ქართული: ფილტვები
Kabɩyɛ: Hʋzʋʋ
қазақша: Өкпе
ಕನ್ನಡ: ಶ್ವಾಸಕೋಶ
한국어: 허파
Кыргызча: Өпкө
Latina: Pulmo
лакку: Гьутру
лезги: Жигер
Lingua Franca Nova: Pulmon
Limburgs: Lónge
lingála: Lipúlúlú
lietuvių: Plaučiai
latviešu: Plaušas
Basa Banyumasan: Paru-paru
македонски: Бели дробови
മലയാളം: ശ്വാസകോശം
монгол: Уушги
मराठी: फुफ्फुस
кырык мары: Шоды
Bahasa Melayu: Paru-paru
Malti: Pulmun
မြန်မာဘာသာ: အဆုတ်
नेपाली: फोक्सो
नेपाल भाषा: लुङ
Nederlands: Long (orgaan)
norsk nynorsk: Lunge
norsk: Lunge
occitan: Palmon
ਪੰਜਾਬੀ: ਫੇਫੜਾ
Pangasinan: Bala
Kapampangan: Baga
Papiamentu: Pulmon
polski: Płuco
پنجابی: پھپھڑے
پښتو: سږي
português: Pulmão humano
Runa Simi: Surq'an
română: Plămân
armãneashti: Plimunu
русский: Лёгкие
संस्कृतम्: फुफ्फुसः
саха тыла: Тыҥа
sicilianu: Purmuna
Scots: Buffs
سنڌي: ڦڦڙ
srpskohrvatski / српскохрватски: Pluća
Simple English: Lung
slovenčina: Pľúca
slovenščina: Pljuča
chiShona: Mapapu
Soomaaliga: Sambab
shqip: Mushkëria
српски / srpski: Плућа
Basa Sunda: Bayah
svenska: Lunga
Kiswahili: Mapafu
тоҷикӣ: Шуш
ไทย: ปอด
Türkçe: Akciğer
татарча/tatarça: Үпкә
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: ئۆپكە
українська: Легені
اردو: پھیپھڑے
oʻzbekcha/ўзбекча: Oʻpka
vèneto: Polmon
Tiếng Việt: Phổi
walon: Peumon
吴语:
хальмг: Оошг
isiXhosa: Imiphunga
მარგალური: ფიჟვი
ייִדיש: לונג
Vahcuengh: Bwt
中文:
文言:
Bân-lâm-gú: Hì (khì-koan)
粵語: