Psicrometría

Psicrómetro de Asmann de circulación forzada.

A psicometría é unha rama da ciencia que estuda as propiedades termodinámicas do aire húmido e do efecto da humidade atmosférica nos materiais e no confort humano.O concepto deriva do grego ψυχρομετρία, composto por ψυχρός, frío, e μετρία, medición.[1]

O aire, coñecido como aire húmido, está constituído por unha mestura de aire seco e vapor de agua. O aire seco é unha mestura de varios gases. A súa composición xeral é a seguinte:

En relación coa súa temperatura, o aire ten a propiedade de reter certa cantidade de vapor de agua. A menor temperatura, menor cantidade de vapor, e á inversa, a maior temperatura, maior cantidade de vapor de agua, se se mantén a presión atmosférica constante.

Tamén se considera que é un método para controlar as propiedades térmicas do aire húmido. Represéntase mediante un diagrama psicrométrico.

Usos

É útil para conservación de alimentos en cámaras frigoríficas, climatización de locais, procesos de secado e fabricación de medicamentos.

Other Languages
العربية: قياس الرطوبة
català: Psicrometria
Deutsch: Psychrometrie
Ελληνικά: Υγρομετρία
español: Psicrometría
français: Psychrométrie
hrvatski: Psihrometrija
italiano: Psicrometria
português: Psicrometria
srpskohrvatski / српскохрватски: Psihrometrija
Türkçe: Psikrometri