Pseudomonas

Pseudomonas
colonias de P. aeruginosa nunha placa de ágar.
colonias de P. aeruginosa nunha placa de ágar.
Clasificación científica
Dominio:Bacteria
Filo:Proteobacteria
Clase:Gammaproteobacteria
Orde:Pseudomonadales
Familia:Pseudomonadaceae
Xénero:''Pseudomonas''
Migula 1894
Especie tipo
'Pseudomonas aeruginosa'
Especies

Grupo de P. aeruginosa

P. aeruginosa
P. alcaligenes
P. anguilliseptica
P. argentinensis
P. borbori
P. citronellolis
P. flavescens
P. mendocina
P. nitroreducens
P. oleovorans
P. pseudoalcaligenes
P. resinovorans
P. straminea

Grupo de P. chlororaphis

P. agarici
P. asplenii
P. aurantiaca
P. aureofaciens
P. chlororaphis
P. corrugata
P. fragi
P. lundensis
P. taetrolens

Grupo de P. fluorescens

P. antarctica
P. azotoformans
'P. blatchfordae'
P. brassicacearum
P. brenneri
P. cedrina
P. corrugata
P. fluorescens
P. gessardii
P. libanensis
P. mandelii
P. marginalis
P. mediterranea
P. meridiana
P. migulae
P. mucidolens
P. orientalis
P. panacis
P. protegens
P. proteolytica
P. rhodesiae
P. synxantha
P. thivervalensis
P. tolaasii
P. veronii

Grupo de P. pertucinogena

P. denitrificans
P. pertucinogena

Grupo de P. putida

P. cremoricolorata
P. fulva
P. monteilii
P. mosselii
P. oryzihabitans
P. parafulva
P. plecoglossicida
P. putida

Grupo de P. stutzeri

P. balearica
P. luteola
P. stutzeri

Grupo de P. syringae

P. amygdali
P. avellanae
P. caricapapayae
P. cichorii
P. coronafaciens
P. ficuserectae
'P. helianthi'
P. meliae
P. savastanoi
P. syringae
'P. tomato'
P. viridiflava

incertae sedis

P. abietaniphila
P. acidophila
P. agarici
P. alcaliphila
P. alkanolytica
P. amyloderamosa
P. asplenii
P. azotifigens
P. cannabina
P. coenobios
P. congelans
P. costantinii
P. cruciviae
P. delhiensis
P. excibis
P. extremorientalis
P. frederiksbergensis
P. fuscovaginae
P. gelidicola
P. grimontii
P. indica
P. jessenii
P. jinjuensis
P. kilonensis
P. knackmussii
P. koreensis
P. lini
P. lutea
P. moraviensis
P. otitidis
P. pachastrellae
P. palleroniana
P. papaveris
P. peli
P. perolens
P. poae
P. pohangensis
P. protegens
P. psychrophila
P. psychrotolerans
P. rathonis
P. reptilivora
P. resiniphila
P. rhizosphaerae
P. rubescens
P. salomonii
P. segitis
P. septica
P. simiae
P. suis
P. thermotolerans
P. toyotomiensis
P. tremae
P. trivialis
P. turbinellae
P. tuticorinensis
P. umsongensis
P. vancouverensis
P. vranovensis
P. xanthomarina

Pseudomonas é un xénero de bacterias aerobias gramnegativas, que contén 191 especies descritas validamente.[1]

A especie Pseudomonas aeruginosa considérase hoxe un patóxeno oportunista de importancia clínica. Varios estudos epidemiolóxicos diferentes indican que a resistencia a antibióticos está incrementándose nos illados clínicos desta especie.[2]

Os membros do xénero presentan unha gran diversidade de metabolismos, e en consecuencia poden colonizar unha gran cantidade de nichos.[3] A facilidade con que se cultivan in vitro e a dispoñibilidade dun número crecente de secuencias de xenomas de cepas de Pseudomonas fixo que moitas investigacións científicas se enfoquen cara a este xénero. Entre as especies mellor estudadas están P. aeruginosa polo seu papel como patóxeno humano oportunista, o patóxeno das plantas P. syringae, a bacteria do solo P. putida, e a bacteria promotora do crecemento das plantas P. fluorescens.

Debido á súa ampla distribución nos medios acuáticos e nas sementes de plantas como as dicotiledóneas, as pseudomónadas foron observadas xa nas primeiras épocas da historia da microbioloxía. O nome xenérico Pseudomonas creado para estes organismos foi definido dun modo bastante vago por Walter Migula en 1894 e 1900 como un xénero de bacterias gramnegativas, bacilares con flaxelos polares con algunhas especies esporulantes,[4][5] pero o último punto probouse que era incorrecto, xa que o que parecían esporas eran gránulos refractivos de materiais de reserva almacenados.[6] Malia esta vaga descrición, a especie tipo, Pseudomonas pyocyanea (basónimo de Pseudomonas aeruginosa), demostrou ser o seu mellor descritor.[6]

Un artigo publicado na revista Scientific American en 2008 sinalaba que Pseudomonas pode ser o nucleador máis común para a formación de cristais de xeo nas nubes, polo que ten unha grande importancia na formación da neve e chuvia en todo o mundo.[7]

Historia da clasificación

Véxase tamén: Taxonomía bacteriana.

O nome común que se utiliza para Pseudomonas é "pseudomonas" ou "pseudomónadas" (variante dalgúns dos casos non nominativos da declinación en grego de monas, monada[8]), aínda que co cambio sufrido nas clasificacións, pseudomónadas pode nalgúns textos referirse, ademais de a Pseudomonas, a outros xéneros da familia Pseudomonadaceae, que antes estaban incluídos no anterior. As pseudomónadas foron clasificadas inicialmente a finais do século XIX cando foron identificadas por Walter Migula. A etimoloxía do nome non foi especificada naquel tempo e apareceu por primeira vez na 7ª edición do Manual de bacterioloxía sistemática de Bergey (a principal autoridade en nomenclatura bacteriana) como procedente do grego pseudes (ψευδες) "falso" e -monas (μονάς / μονάδα) "unha unidade simple", que se pode traducir por falsa unidade; porén, tamén é posible que Migula pretendese denominalas "falsa Monas" ( Monas é un xénero de protista nanoflaxelado[6]). Posteriormente, o termo "mónada" utilizouse nos inicios da microbioloxía para significar organismo dunha soa célula, e "monas" aparece como terminación de moitos nomes científicos. Axiña empezaron a atoparse outras especies que cadraban coa descrición xeral un pouco vaga dada por Migula en nichos moi diversos e, naquel tempo, moitas delas foron asignadas ao xénero Pseudomonas. Porén, moitas cepas foron despois reclasificadas utilizando metodoloxías máis modernas e os datos comparativos dos estudos de macromoléculas conservadas.[9]

Recentemente, as análises das secuencias do ARNr de 16S obrigaron a redefinir a taxonomía de moitas especies bacterianas.[10] Como resultado, o xénero Pseudomonas inclúe cepas antes clasificadas no xénero Chryseomonas e Flavimonas.[11] Polo contrario, outras cepas antes clasificadas no xénero Pseudomonas están agora clasificadas no xénero Burkholderia e Ralstonia.[12][13]

No ano 2000, determinouse a secuencia xenómica completa dunha especie de Pseudomonas; máis recentemente, foron secuenciadas outras cepas, incluíndo P. aeruginosa cepa PAO1 (2000), P. putida KT2440 (2002), P. protegens Pf-5 (2005), P. syringae patovar tomato DC3000 (2003), P. syringae patovar syringae B728a (2005), P. syringae patovar phaseolica 1448A (2005), P. fluorescens PfO-1 e P. entomophila L48.[9]

Other Languages
العربية: زائفة
català: Pseudomonas
čeština: Pseudomonas
Deutsch: Pseudomonas
English: Pseudomonas
español: Pseudomonas
euskara: Pseudomonas
فارسی: سودومونا
français: Pseudomonas
עברית: Pseudomonas
hrvatski: Pseudomonas
Bahasa Indonesia: Pseudomonas
italiano: Pseudomonas
Nederlands: Pseudomonas
polski: Pseudomonas
português: Pseudomonas
Simple English: Pseudomonas
slovenščina: Pseudomonas
svenska: Pseudomonas
Türkçe: Pseudomonas
українська: Pseudomonas
Tiếng Việt: Pseudomonas