Provincia de Xaén

Provincia de Xaén
Provincia de Jaén
Bandera de la provincia de Jaén.svg Coat of Arms of Jaén Province.svg
Provincia Jaén.png
CapitalXaén
Área13.489 km²
Poboación669.782 hab. (2009)
Densidade49,65 hab./km²
Concellos97
XentilicioXienense

A provincia de Xaén (en castelán: Jaén) é unha das oito provincias que conforman a comunidade autónoma de Andalucía. A súa capital é Xaén.

A súa superficie é de 13.498 km². A súa poboación é de 660.284 habitantes (2005, INE), dos cales, preto dunha sexta parte viven na capital, e a súa densidade de poboación é 48,01/km². Está composta por 97 concellos, entre os cales destacan, xunto coa capital, Linares, Úbeda, Baeza, Andújar, Martos, Cazorla e Alcalá la Real.

Comarcas

Comarcas da provincia de Xaén
  • Metropolitana: comarca que comprende practicamente a totalidade da área metropolitana da capital provincial. Ten unha poboación de 220.448 habitantes, unha superficie de 1.755,56 km², e unha densidade de poboación de 125,57 hab/km². A súa capital é Xaén
  • Sierra Morena: unha parte significativa do territorio desta comarca forma parte da cordilleira de Serra Morena incluíndo o Parque Natural de Despeñaperros. Posúe 105.640 habitantes, ten unha superficie de 1.396,7 km², e unha densidade de poboación de 75,6 hab/km². A súa capital é Linares.
  • La Loma: é o centro da provincia, cunha poboación de 76.961 habitantes e unha superficie de 1.037,4 km². A súa capital, Úbeda.
  • La Campiña: ten unha poboación de 67.749 habitantes, unha superficie de 1.741,7 km², e unha densidade de poboación de 38,9 hab/km². Parte do seu territorio forma o Parque Natural da Serra de Andújar. A súa capital é Andújar.
  • Serra Sur: cunha poboación de 44.339 habitantes, unha superficie de 784,27 km². A súa capital é Alcalá la Real.
  • Sierra Máxina: unha parte significativa do territorio desta comarca forma parte do Parque Natural de Serra Máxina. Ten unha poboación de 42.368 habitantes, unha superficie de 1.389,4 km², e unha densidade de poboación de 30,5 hab/km². A súa capital é a cidade de Xódar.
  • Sierra de Cazorla: comprende gran parte del Parque Natural da Serra de Cazorla, Segura e Las Villas. A poboación desta comarca é de 33.993 habitantes, ten unha superficie de 1.330,72 km², e unha densidade de poboación de 25,5 hab/km². A súa capital, Cazorla.
  • Sierra de Segura: é a comarca máis extensa da provincia e tamén comprende a maior parte do Parque Natural da Serra de Cazorla, Segura e As Vilas, coma a comarca de Cazorla. Conta cunha poboación de 26.574 habitantes, ten unha superficie de 1.931 km². A súa capital é Beas de Segura.
  • Las Villas ou Las Villas: unha parte significativa do territorio desta comarca forma parte do Parque Natural da Serra de Cazorla, Segura e As Vilas. Conta cunha poboación de 22.239 habitantes, unha área de 556,38 km², e unha densidade de poboación de 40 hab/km². A súa capital é Villacarrillo.
  • El Condado: posúe unha poboación de 23.904 habitantes, unha extensión de 1.488,11 km², e unha densidade poboacional de 16,1 hab/km². Navas de San Xoán é a capital.
Other Languages
العربية: خاين (مقاطعة)
беларуская: Хаэн (правінцыя)
български: Хаен (провинция)
čeština: Provincie Jaén
Deutsch: Provinz Jaén
Ελληνικά: Χαέν (επαρχία)
Esperanto: Provinco Ĥaeno
Kreyòl ayisyen: Jaén
Bahasa Indonesia: Provinsi Jaén (Spanyol)
íslenska: Jaén (hérað)
日本語: ハエン県
한국어: 하엔 주
لۊری شومالی: خائن (آستوٙن)
latviešu: Haenas province
norsk nynorsk: Provinsen Jaén
davvisámegiella: Jaén eanangoddi
srpskohrvatski / српскохрватски: Jaén (provincija)
српски / srpski: Покрајина Хаен
Türkçe: Jaén ili
oʻzbekcha/ўзбекча: Jaén (provinsiya)
Tiếng Việt: Jaén (tỉnh)
中文: 哈恩省
Bân-lâm-gú: Jaén Séng