Provincia autónoma de Bolzano

Provincia di Bolzano
PaísFlag of Italy.svg Italia
RexiónFlag of Trentino-South Tyrol.svg Trentino-Tirol do Sur
CapitalBolzano
Área7.399,97 km²
Poboación504.111 (2010)
Densidade68 hab/km²
Municipios116
MatrículaBZ
Código postal39010-39100
Prefixo telf.0471, 0472, 0473, 0474
PresidenteLuis Durnwalder (SVP) 17.3.1989
Trento posizione.png
Situación da Provincia de Trento en Italia

A Provincia autónoma de Bolzano é unha provincia da rexión italiana de Trentino-Tirol do Sur. Á capital é Bolzano (en alemán Bozen, en ladino Bulsan ou Balsan).

Topónimo

En italiano a provincia é oficialmente Provincia Autonoma di Bolzano – Alto Adige, pero por costume emprégase só Alto Adige. Este é un nome xeográfico de orixe francesa (Haut-Adige), imposto durante a ocupación napoleónica, que fai referencia ao río Adige nacido nesta provincia.

O topónimo oficial alemán é Autonome Provinz Bozen – Südtirol, pero na linguaxe popular úsase simplemente Südtirol, nome que corresponde á rexión histórica e xeográfica do Tirol, unidade administrativa do Imperio austrohúngaro até o ano 1918. Os habitantes de lingua alemá definen Tirol do Sur como Land (como os Länder de Alemaña e Austria) en vez de provincia.

En lingua ladina esta rexión denomínase Provinzia Autònoma de Bulsan – Südtirol, como tamén Südtirol.

A Constitución de Italia (art. 116) recoñece desde o 18 de outubro de 2001 a versión italiano-alemá Alto Adige/Südtirol.

Ademais todos os topónimos deber ser bilingües, ou trilingües nas zonas ladinas. A maioría das denominacións xeográficas italianas son aportadas por Ettore Tolomei, autor do Prontuario dei nomi locali dell'Alto Adige.

Other Languages
Afrikaans: Suid-Tirol
Alemannisch: Südtirol
azərbaycanca: Cənubi Tirol
Boarisch: Sidtiroul
български: Южен Тирол
brezhoneg: Sutirol
català: Tirol del Sud
kaszëbsczi: Pôłniowi Tirol
dansk: Sydtyrol
Deutsch: Südtirol
emiliàn e rumagnòl: Elt Égg’
English: South Tyrol
Esperanto: Sudtirolo
hornjoserbsce: Južny Tirol
Bahasa Indonesia: Provinsi Bolzano-Bozen
한국어: 볼차노 현
lumbaart: Südtirol
lietuvių: Pietų Tirolis
Nedersaksies: Zuud-Tirool
Nederlands: Zuid-Tirol
norsk nynorsk: Provinsen Bolzano
norsk: Syd-Tirol
Runa Simi: Urin Tirul
rumantsch: Tirol dal Sid
srpskohrvatski / српскохрватски: Bolzano (provincija)
Simple English: South Tyrol
slovenščina: Južna Tirolska
српски / srpski: Болцано (округ)
svenska: Sydtyrolen
Tagalog: Bolzano
Türkçe: Güney Tirol
Tiếng Việt: Nam Tirol
ייִדיש: דרום טיראל
Bân-lâm-gú: Bolzano Chū-tī Séng