Produto

Un produto é calquera cousa producida (manufactura) por un proceso natural ou por unha actividade humana. Especificamente pode referirse a:

En Ciencias da natureza
  • Produto, nunha reacción química, é o conxunto de substancias que se obteñen ao combinar os reactivos. É dicir, é o material que se forma como resultado dunha reacción química.
  • Produto, a molécula ou moléculas finais dunha ruta metabólica, e tamén a molécula ou moléculas que se obteñen tras a acción dun enzima.
  • Produto xénico, en xenética, é o material bioquímico, xa sexa ARN ou proteína, resultado da expresión dun xene.
  • Produto de desintegración, en física nuclear, o núclido que resulta dun proceso de desintegración.
En Economía
En Lóxica
  • Produto, é o resultado da conxunción de diversas proposicións lóxicas, que esixe o valor de verdade de cada unha para que o valor da conxunción ou produto sexa verdadeiro.
En Matemáticas

Denomínanse tamén como produtos a certas operacións binarias realizadas en contextos especializados:

  • Produto é unha xeneralización abstracta dos produtos encontrados en diversas estruturas alxébricas.
  • Produto baleiro, o produto de cero factores.
  • Produto cartesiano, operación entre conxuntos cuxo resultado é un par ordenado dos elementos respectivos.
  • Produto escalar, operación binaria entre elementos dun espazo vectorial que ten por resultado un elemento do campo subxacente.
  • Produto directo, abstracción que permite definir estruturas alxébricas en produtos de outros alxébricos (usualmente produtos cartesianos).
  • Produto exterior, unha xeneralización do produto vectorial.
  • Produto vectorial ou produto cruz, operación entre vectores dun espazo euclidiano 3-dimensional que ten como resultado outro vector.
  • Produto mixto ou triplo produto escalar é un produto que combina o produto vectorial e o escalar.
  • Produto matricial, operación binaria entre matrices.

Ademais, o termo produto tamén se relaciona con:

  • Produtoria, notación para denotar un produto arbitrario de termos.
  • Regra do produto, un método para calcular a derivada dun produto de funcións.
  • Regra do produto, un dos principios fundamentais de conteo.
Other Languages
Аҧсшәа: Аалых
català: Producte
čeština: Produkt
dansk: Produkt
Deutsch: Produkt
English: Product
Esperanto: Produkto
español: Producto
français: Produit
italiano: Prodotto
ಕನ್ನಡ: ಉತ್ಪನ್ನ
македонски: Производ
Nederlands: Product
norsk: Produkt
polski: Produkt
پښتو: محصول
português: Produto
română: Produs
русский: Продукт
Simple English: Product
slovenčina: Produkt
српски / srpski: Продукт
svenska: Produkt
Türkçe: Ürün
українська: Продукт
اردو: حصیلہ