Primeira guerra mundial

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Primeira guerra mundial
Gavrilo Princip captured in Sarajevo 1914.jpg
Gavrilo Princip detido en Saraxevo tras o asasinato de Francisco Fernando de Austria
Data28 de xullo de 1914 - 11 de novembro de 1918
LugarEuropa, África e Oriente Medio (brevemente en China e as illas do Océano Pacífico)
ResultadoVitoria aliada
Casus belliAsasinato do arquiduque Francisco Fernando de Austria (28 de xuño), declaración de guerra austríaca a Serbia (28 de xullo) e mobilización rusa contra Austria-Hungría (29 de xullo).
Cambios territoriaisDisolución dos Imperios Alemán, Austrohúngaro, Otomán e Ruso.
Belixerantes
Potencias Centrais:
Imperio Austrohúngaro Imperio Austrohúngaro,
Bulgaria Bulgaria,
Imperio Alemán Imperio Alemán,
Imperio Otomán Imperio Otomán
Aliados:
Bandeira de Francia Francia,
Bandeira de Bélxica Bélxica,
Flag of the United Kingdom.svg Gran Bretaña,
Canadá Canadá,
British Raj Red Ensign.svg India británica,
Bandeira de Nova Zelandia Nova Zelandia,
Red Ensign of South Africa (1910–1912).svg Suráfrica,
Australia Australia,
Dominion of Newfoundland Red Ensign.svg Terranova,
State Flag of Serbia (1882-1918).svg Serbia,
Flag of Russia.svg Imperio ruso,
Reino de Italia Italia,
Flag of the United States (1912-1959).svg Estados Unidos,
Flag of Montenegro (1905–1918).svg Montenegro
Imperio do Xapón Xapón,
Bandeira de Romanía Romanía,
Flag of Greece (1822-1978).svg Grecia,
Bandeira de Portugal Portugal
Líderes
Imperio Austrohúngaro Francisco Xosé I,
Imperio Austrohúngaro Carlos I,
Imperio Austrohúngaro Franz Conrad von Hötzendorf,
Imperio Alemán Guillerme II de Alemaña,
Imperio Alemán Erich von Falkenhayn,
Imperio Alemán Paul von Hindenburg,
Imperio Alemán Reinhard Scheer,
Imperio Alemán Erich Ludendorff,
Ottoman flag alternative 2.svg Mehmed V,
Ottoman flag alternative 2.svg İsmail Enver,
Ottoman flag alternative 2.svg Mustafa Kemal Atatürk,
Reino de Bulgaria Fernando I de Bulgaria
Flag of Russia.svg Nicolás II de Rusia,
Flag of Russia.svg Alexéi Alexéievich Brusílov,
Bandeira de Francia Philippe Pétain,
Bandeira de Francia Georges Clemenceau,
Bandeira de Francia Joseph Joffre,
Bandeira de Francia Ferdinand Foch,
Bandera de Francia Robert Nivelle,
Bandeira de Polonia Józef Piłsudski
Flag of the United Kingdom.svg Herbert Henry Asquith,
Flag of the United Kingdom.svg Douglas Haig,
Flag of the United Kingdom.svg John Jellicoe,
Reino de Italia Víctor Manuel III,
Reino de Italia Luigi Cadorna,
Reino de Italia Armando Diaz,
Flag of the United States (1912-1959).svg Woodrow Wilson,
Flag of the United States (1912-1959).svg John J. Pershing
Baixas
Soldados
Mortos: 4.386.000
Feridos: 8.388.000
Desaparecidos: 3.629.000[1]
Soldados
Mortos: 5.520.000
Feridos: 12.831.000
Desaparecidos: 4.121.000[1]

A primeira guerra mundial[2] foi o segundo maior conflito bélico do século XX. Durou do 1914 ó 1918 e puxo os primeiros cravos no ataúde da hexemonía de Europa no mundo. Durante catro anos, millóns de persoas morreron nun conflito que destacou pola súa dureza, polas longas e inamovibles trincheiras e polo uso de gas mostaza para acabar coa resistencia do inimigo.

Enfrontou inicialmente a Francia, Reino Unido e mais Rusia (os aliados) contra Alemaña (gobernada por Guillerme II de Alemaña), Austria-Hungría, Bulgaria e mais Turquía (as Potencias Centrais). O causante da guerra foi o asasinato do arquiduque de Austria en Saraxevo, pero xa houbera tensións durante os anos anteriores, especialmente na construción naval entre o Reino Unido e Alemaña. Máis tarde uniríanse á guerra outros países como os Estados Unidos, Italia ou o Xapón.

Os vencedores foron os aliados, grazas á axuda de Estados Unidos, que entrou polo afundimento do RMS Lusitania o 7 de maio de 1915 , e impuxeron fortes sancións económicas e territoriais a Alemaña, á vez que desmembraron os imperios de Austria-Hungría e Turquía a partir do Tratado de Versalles en 1919. Creáronse moitos novos estados en Europa: algúns dunha soa nación (como Polonia) e outros de varias (Iugoslavia, Checoslovaquia).

Durante a primeira guerra mundial ocorreu tamén a Revolución Rusa, que fixo que Rusia pactase por separado a paz (Tratado de Brest-Litovsk) coas potencias centrais e non estivese representada no Tratado de Versalles ó atoparse en guerra civil.

As consecuencias da paz terían moito que ver nun futuro coas causas da segunda guerra mundial.

A orixe da guerra

No século XIX, as grandes potencias europeas mantiñan un equilibrio de poder pero en constante tensión, a este período chamaríanllle posteriormente a "Paz armada", debido ao imperialismo dos estados europeos tecéranse diversas redes de alianza político militar na que un país veciño buscaba aliarse co país veciño de seu inimigo de tal forma que para a primeira década do século XX se formaran dous bloques, por un lado o capitaneado por Alemaña xunto cos imperios Austrohúngaro e Otomán e do outro lado a tradicional rival Francia xunto con Inglaterra e Rusia.

Todo estalou debido a un conflito de intereses imperialistas na zona dos Balcáns, o reino de Serbia quería expandirse polos territorios veciños, primeiro tentouno na primeira guerra balcánica e logo mediante campañas de propaganda onde afirmaba que era a nación que debía liderar aos pobos eslavos do sur, para iso aliouse con Rusia fronte ao seu veciño o Imperio Austrohúngaro, que dominaba a rexión de Bosnia-Herzegovina. Esta rexión habitada por eslavos pero pertencente ao Imperio Otomán aínda que administrada polo Imperio Austrohúngaro, era continuamente obxectivo de axitación nacionalista paneslava por parte dos serbios. Unha sociedade segreda militar serbia, A Man Negra, que desde facía cinco anos manexaba os resortes de poder no reino Serbio aproveitou a visita do príncipe austríaco Franz Ferdinand a Bosnia para asasinalo, xa que vían nel e na súa política de reforma para dar maior autonomía aos diversos pobos do imperio, un perigo de perder o protagonismo paneslavo. Os militares ultranacionalistas de Serbia utilizaron unha asociación de mozos serbios moi activos para que desen o golpe, que ao principio saíu mal, pero Gravilo Princip tivo sorte e matou a seu obxectivo sendo detido, mais seus cómplices fuxiron a Serbia. Isto foi descuberto polas autoridades austríacas que comezaron a presionar a Serbia para que permitise unha investigación austríaca en chan serbio ao que se negou o seu goberno en reiteradas ocasións ata que Austria enviou un ultimato negociando 15 puntos, que non foron aceptados polo que Austria declarou a guerra a Serbia, a partir de aquí as declaracións de guerra entre os diversos imperios europeos segiu en efecto dominó.

Other Languages
Alemannisch: Erster Weltkrieg
žemaitėška: Pėrma svieta vaina
беларуская (тарашкевіца)‎: Першая сусьветная вайна
qırımtatarca: Birinci Cian cenki
emiliàn e rumagnòl: Prémma guèra mundièl
English: World War I
Esperanto: Unua mondmilito
estremeñu: I Guerra Mundial
Nordfriisk: Iarst Wäältkrich
Gàidhlig: An Cogadh Mòr
客家語/Hak-kâ-ngî: Thi-yit-chhṳ Sṳ-kie Thai-chan
Fiji Hindi: World War I
Bahasa Indonesia: Perang Dunia I
Patois: Wol Waar I
Basa Jawa: Perang Donya I
къарачай-малкъар: Биринчи дуния къазауат
Lëtzebuergesch: Éischte Weltkrich
Bahasa Melayu: Perang Dunia Pertama
မြန်မာဘာသာ: ပထမ ကမ္ဘာစစ်
مازِرونی: جهونی جنگ اول
Dorerin Naoero: Eaket Eb I
Plattdüütsch: Eerste Weltkrieg
Nedersaksies: Eerste Wealdkrieg
नेपाल भाषा: तःहताः १
norsk nynorsk: Den fyrste verdskrigen
srpskohrvatski / српскохрватски: Prvi svjetski rat
Simple English: World War I
slovenščina: Prva svetovna vojna
Soomaaliga: Dagaalkii koowaad
српски / srpski: Први светски рат
Basa Sunda: Perang Dunya I
Türkmençe: Birinji jahan urşy
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: بىرىنچى دۇنيا ئۇرۇشى
oʻzbekcha/ўзбекча: Birinchi jahon urushi
vepsän kel’: Ezmäine mail'man voin
Volapük: Volakrig balid