Premier League

Barclays Premier League
UK Premier League logo.png
Fundación20 de febreiro de 1992
RexiónInglaterra Inglaterra
Gales Gales
ConfederaciónUnión Europea UEFA
Equipos20
CopaFA Cup
Community Shield
DescensoChampionship
InternacionalUEFA Champions League
UEFA Europa League
Actual campiónManchester City
(3º título)
Máis laureadoPremierLeague.com
Soccerball current event.svg Premier League 2015–16

A Premier League, tamén coñecida no Reino Unido como The Premiership, é a máxima categoría da liga de clubs de fútbol de Inglaterra. Foi fundada en 1992, seguindo a decisión dos equipos da Football League First Division (até entón a máxima categoría da liga inglesa) de separarse da "Football League" para tomar vantaxe dun lucrativo trato de dereitos de televisión.

A Premier League está actualmente constituída por vinte equipos en cada tempada, e un total de corenta e oito competiron nela ao longo dos anos, con todo, só seis equipos gañaron o título até o de agora: Arsenal, Blackburn Rovers, Chelsea, Leicester City, Manchester City e Manchester United. O actual campión é o Manchester City.

O torneo está considerado como a mellor liga do mundo segundo a clasificación oficial da Federación Internacional de Historia e Estatística de Fútbol (IFFHS).[1]

Historia

Orixes

Os anos 1980 supuxeron unha das peores épocas do fútbol inglés, os estadios non se atopaban en bo estado, cada vez menos xente acudía a ver os partidos, os seareiros máis radicais, os hooligans, provocaban altercados violentos nos estadios e os equipos ingleses estaban imposibilitados de xogar nas competicións europeas tras a Traxedia de Heysel en 1985. Así, a Football League First Division, que fora a máxima competición futbolística do país dende 1888, estaba lonxe de igualarse con ligas como a Serie A de Italia ou a Primera División de España no que se refire a asistencia de público e ingresos, emigrando moitos xogadores ingleses cara a outros países.

Con todo, nos anos 1990 esta tendencia comezou a reverterse, a selección de fútbol de Inglaterra fixera un bo papel na Mundial de Fútbol de 1990 chegando ás semifinais e a UEFA levantara xa a prohibición sobre os equipos ingleses de xogar en competicións europeas en 1990, sendo publicado ese mesmo ano o Informe Taylor, sobre os estándares seguridade nos estadios, cunha proposta para que tódolos espectadores tivesen a súa corresponde cadeira dentro do recinto.

O diñeiro da televisión converteuse en algo moi importante; a Football League recibira só 6,3 millóns de libras esterlinas por un acordo de dous anos en 1986, mais cando o trato rematou en 1988, o prezo subira a 44 millóns polos seguintes catro anos. As negociacións de 1988 foron o primeiro sinal dunha liga dividida; dez clubs ameazaron con deixala e formar unha "superliga", porén foron finalmente persuadidos para quedar. Coa mellora dos estadios e o aumento da asistencia aos partidos, as recadacións melloraron, e os mellores equipos do país novamente consideraron deixar a Football League para capitalizar a crecente influencia do diñeiro que se xeraba polo deporte.

Fundación

Ao final da tempada 1990-91, unha proposta para o establecemento dunha nova liga estaba feita. O acordo entre os membros fundadores, asinado o 17 de xullo de 1991 polos clubs máis importantes, estableceu os principios básicos para crear a Premier League. Esta nova división tería independencia comercial da Federación Inglesa de Fútbol e da Football League, dándolle á Premiership licenza para negociar os seus propios acordos para a radiodifusión e patrocinio. Isto foi visto como necesario para que os equipos ingleses puidesen outra vez competir e derrotar aos mellores cadros de Europa, mentres se atraía aos mellores futbolistas do mundo, algo que en 1991 parecía imposible.

En 1992 os equipos da First Division renunciaron á Football League e o 27 de maio de 1992 a Premier League foi formada como unha "Private company limited by shares" (do inglés: Compañía privada limitada por accións) non dependente da Federación Inglesa de Fútbol, o que significou un crebe de 104 anos de antigüidade, nos que a Football League funcionara até entón con catro divisións. Así pois a Premier League operaría como unha soa división, a primeira, e a Football League coas tres restantes. Realmente non houbo un cambio no formato da competición, o mesmo número de equipos competía na máxima categoría, e o ascenso e descenso entre a Premier League e a nova First Division mantívose co mesmo formato que rexía entre as antigas First e Second Division.

Os vinte e dous membros inaugurais da nova Premier League foron Arsenal, Aston Villa, Blackburn Rovers, Chelsea F.C., Coventry City, Crystal Palace, Everton, Ipswich Town, Leeds United, Liverpool F.C., Manchester City, Manchester United, Middlesbrough, Norwich City, Nottingham Forest, Oldham Athletic, Queens Park Rangers, Sheffield United, Sheffield Wednesday, Southampton F.C., Tottenham Hotspur e Wimbledon.

Estabelecemento

A finais da tempada 2008-09, completáranse dezasete campionatos da Premier League, sendo a súa primeira tempada no ano 1992-93, orixinalmente composta por vinte e dous clubs. O primeiro gol da Premier League foi anotado por Brian Deane do Sheffield United na súa vitoria por 2 a 1 ante o Manchester United. Debido á insistencia da FIFA, o organismo reitor internacional do fútbol, para que as ligas nacionais reduciran o seu número de clubs participantes, o número de equipos foi reducido a vinte en 1995, cando catro equipos foron relegados da liga e só dous equipos ascendidos. O 8 de xuño de 2006, a FIFA pediu que tódalas ligas europeas, incluíndo a Serie A italiana e a Primera División española, reduciran a o seu número de competidores a dezaoito ao comezo da tempada 2007-08. A Premier League respondeu anunciando a súa intención de resistirse a tal redución, e finalmente comezou ese ano de novo con vinte equipos. A liga cambiou o seu nome de "FA Premier League" a simplemente "Premier League" en 2007.

Other Languages
Afrikaans: Premier League
Ænglisc: Premier League
asturianu: Premier League
беларуская (тарашкевіца)‎: Прэм’ер-Ліга
čeština: Premier League
Ελληνικά: Πρέμιερ Λιγκ
Esperanto: F.A. Supra Ligo
español: Premier League
føroyskt: Premier League
hrvatski: FA Premier liga
Bahasa Indonesia: Liga Utama Inggris
italiano: Premier League
Lëtzebuergesch: Premier League
lietuvių: Premier League
Baso Minangkabau: Liga Utamo Inggirih
Bahasa Melayu: Liga Perdana Inggeris
မြန်မာဘာသာ: ပရီးမီးယားလိဂ်
Nederlands: Premier League
norsk nynorsk: Premier League
português: Premier League
română: Premier League
srpskohrvatski / српскохрватски: Premijer liga
Simple English: English Premier League
slovenčina: FA Premier League
slovenščina: Premier League
Soomaaliga: Premier Leagueka
српски / srpski: Премијер лига
Türkçe: Premier League