Prefixo telefónico

Un prefixo telefónico (tamén chamado indicativo telefónico) é unha sucesión numérica que se marca diante do número de usuario ao realizar unha chamada telefónica, co propósito de seleccionar a demarcación territorial lóxica á que pertence devandito usuario.

Estas demarcacións lóxicas que os prefixos telefónicos designan, poden corresponderse con divisións xeográficas da rede telefónica, ou ben con certos servizos especiais, como os números intelixentes ou a rede de telefonía móbil.

Tipos de prefixos

Existen indicativos telefónicos que denotan o país ao que se chama; estes indicativos están regulados pola Unión Internacional de Telecomunicacións. Con todo, é competencia de cada país o modo en que distribúe os prefixos telefónicos correspondentes ás zonas xeográficas do mesmo. Como consecuencia, existen varios tipos de prefixos.

  • De lonxitude fixa: p.ex. 3 cifras en Estados Unidos ou unha cifra en Australia.
  • De lonxitude variábel: p.ex. entre 2 e 5 cifras en Alemaña e Austria; entre 1 e 3 cifras en Xapón; 1 ou 2 cifras en Israel ou entre 2 e 4 cifras na Arxentina.
  • Existen redes onde os prefixos telefónicos van incluídos no número do usuario; é o caso de países como España ou Noruega. Isto coñécese como plan de numeración pechado. Nalgúns casos aínda é necesario pulsar un código de acceso á rede (xeralmente 0), como en Bélxica, Suíza ou Suráfrica.

En moitos casos, os indicativos telefónicos determinan o custo da chamada. Por exemplo, en España as chamadas a números co indicativo 900 son pagadas integramente polo receptor da chamada, mentres que as chamadas a números cos prefixos 803 ou 806 teñen un prezo especialmente alto. Xeralmente, as chamadas entre números co mesmo prefixo telefónico adoitan ser máis baratas que as chamadas a números de diferente prefixo; con todo, non é así nalgúns países, nos cales o prezo da chamada non depende do indicativo rexional (como en Israel ou en Uruguai).

Other Languages
Alemannisch: Telefonvorwahl
azərbaycanca: Telefon kodu
Boarisch: Telefonvoawoi
беларуская (тарашкевіца)‎: Тэлефонны код
български: Телефонен код
bosanski: Pozivni broj
dansk: Nummerplan
Esperanto: Telefona kodo
Frysk: Netnûmer
hrvatski: Pozivni broj
Bahasa Indonesia: Kode telepon
Ripoarisch: Vüürwaal
македонски: Повикувачки број
Plattdüütsch: Telefonvörwahl
Nedersaksies: Netnummer
Nederlands: Netnummer
русиньскый: Телефонный код
srpskohrvatski / српскохрватски: Pozivni broj
Simple English: Telephone numbering plan
Basa Sunda: Kode telepon
svenska: Riktnummer
татарча/tatarça: Telefon kodı
українська: Телефонний код
oʻzbekcha/ўзбекча: Telefon raqamlash rejasi
West-Vlams: Zonenummer