Port Moresby

Port Moresby
Port Moresby Town2 Mschlauch.jpg
Vista da cidade
Localización
Port Moresby en Papúa Nova Guinea
Port Moresby
Port Moresby
PaísFlag of Papua New Guinea.svg Papúa Nova Guinea
RexiónRexión de Papúa
DistritoDistrito Capital Nacional
Xeografía
Altitude35 msnm
Superficie240 km²
Demografía
Poboación307.643 hab. (2009)
Densidade1.300
Outros datos
Código postal111
AlcaldePowes Parkop (Gobernador)
Cidade de Port Moresby

Port Moresby (AFI [ˌpɔːrt ˈmɔːrzbi]) (en tok pisin: Pot Mosbi) é a capital de Papúa Nova Guinea, e a súa maior aglomeración de poboación contando a súa área metropolitana que estendese por todo o Distrito Capital Nacional. A cidade está situada nas costas do golfo de Papúa, na costa sueste da illa de Nova Guinea. A cidade é á súa vez a capital da provincia Central, da que está rodeada na rexión de Papúa, aínda que realmente non pertence a esta, xa que por se soa forma o Distrito Capital Nacional. Segundo un estudo de 2007, é a segunda peor cidade para vivir, tras Alxer (Alxeria).

O primeiro europeo que chegou á zona onde se asenta Port Moresby foi o capitán británico John Moresby en 1873, ano en que foi fundada, e quen lle deu nome á cidade en honra do seu pai o almirante sir Fairfax Moresby.

Esta cidade é considerada a cidade máis perigosa do mundo, segundo un informe presentado polo programa da ONU para os Asentamentos Humanos.[1]

Historia

Antes da colonización europea

A zona que ocupa Port Moresby estaba ocupada polos motuanos, nativos de Papúa, que comerciaban intercambiando vasillas por sagú, alimentos e grandes canoas, realizando viaxes desde Hanuabada e outras poboacións. Tamén tiñan relacións con outros pobos veciños da provincia do Golfo, creando fortes lazos comerciais e familiares, debidos a matrimonios mixtos.

As expedicións hiri eran de gran escala. En cada viaxe podían intervir ata 20 canoas ou lakatoi cuns 600 tripulantes, e cunha carga dunhas 20.000 vasillas. Para os motuanos, as hiri non era soamente unha empresa económica, senón que tamén servían para reforzar a súa identidade como tribo grazas ao perigo das longas viaxes. Estas viaxes son conmemorados cada ano mediante o Hiri Moale Festival que se celebra cada setembro en Ela Beach.

Colonización europea

Bandeira británica en Port Moresby en 1883.

A zona xa era un importante centro de comercio cando o capital John Moresby, do navío HMS Basilisk, chegou por primeira vez á zona na que se asenta Port Moresby en 1873. Os británicos aventuráronse a través do Mar do Coral, ata o extremo oriental de Nova Guinea, atopando previamente tres illas descoñecidas ata entón. Ás 10 da mañá do 20 de febreiro de 1873, John Moresby reclamou para o Reino Unido a posesión das terras atopadas, chamadas así en honra do seu pai, o almirante sir Fairfax Moresby. Moresby chamou ao tramo interior Fairfax Harbour, e ao resto Port Moresby.

O asentamento europeo do lugar non se produciu ata unha década máis tarde, en 1883, cando a parte sueste de Nova Guinea foi anexionada ao Imperio británico. En 1906 Nova Guinea británica pasou á recentemente establecida Mancomunidade de Australia, pasando a denominarse Papúa. Desde entón ata 1941 Port Moresby experimentou un lento crecemento. O crecemento maior produciuse na península, onde as infraestruturas portuarias e outros servizos foron gradualmente mellorados. A electricidade introduciuse en 1925 e o servizo de auga potable corrente foi instalado en 1941.

A Segunda Guerra Mundial

Durante a Segunda Guerra Mundial moitos papuanos volveron ás súas aldeas ou foron evacuados a campos de refuxiados afastados a Port Moresby cando se albiscou unha posible invasión xaponesa. A cidade foi convertida nunha importante base aliada onde se instalaron miles de soldados, xa que era o último bastión na illa e a última defensa entre as posicións xaponesas e Australia. Este papel clave converteuna no obxectivo da invasión da frota xaponesa en maio de 1942, detida na batalla do Mar do Coral. Moitos papuanos alistáronse como transportistas para dar apoio ás tropas aliadas. Como resultado, as poboacións en Port Moresby deterioráronse e tras a guerra Port Moresby tivo que ser reconstruído.

En 1945, creouse o Territorio de Papúa e Nova Guinea tras a unión baixo unha mesma administración australiana de Papúa e a antiga colonia alemá de Nova Guinea. Port Moresby pasou a ser considerada a capital do novo territorio e o foco de expansión dos servizos públicos.

Capital de Papúa Nova Guinea

Antiga bandeira de Port Moresby.

En setembro de 1975, Port Moresby converteuse na capital do estado independente de Papúa Nova Guinea. No barrio de Waigani construíronse novos edificios do goberno para albergar os departamentos deste, incluíndo un espectacular edificio para o Parlamento Nacional inaugurado en 1984, que combina un deseño tradicional con modernas tecnoloxías de construción. En Waigani tamén se atopan o Museo e a Biblioteca nacional.

Other Languages
Afrikaans: Port Moresby
Alemannisch: Port Moresby
العربية: بورت مورسبي
asturianu: Puertu Moresbi
azərbaycanca: Port Morsbi
беларуская: Порт-Морсбі
беларуская (тарашкевіца)‎: Порт Морсьбі
български: Порт Морсби
Bislama: Port Moresby
brezhoneg: Port Moresby
bosanski: Port Moresby
català: Port Moresby
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Port Moresby
Cebuano: Port Moresby
čeština: Port Moresby
Cymraeg: Port Moresby
Deutsch: Port Moresby
Ελληνικά: Πορτ Μόρεσμπι
English: Port Moresby
Esperanto: Port-Moresbo
español: Puerto Moresby
euskara: Port Moresby
Na Vosa Vakaviti: Port Moresby
français: Port Moresby
Gaeilge: Port Moresby
Gàidhlig: Port Moresby
Avañe'ẽ: Port Moresby
客家語/Hak-kâ-ngî: Port Moresby
Fiji Hindi: Port Moresby
hrvatski: Port Moresby
Kreyòl ayisyen: Pò Moresbi
magyar: Port Moresby
Հայերեն: Պորտ Մորսբի
Bahasa Indonesia: Port Moresby
íslenska: Port Moresby
italiano: Port Moresby
Basa Jawa: Port Moresby
ქართული: პორტ-მორზბი
қазақша: Порт-Морсби
Кыргызча: Порт-Морсби
lumbaart: Port Moresby
lietuvių: Port Morsbis
latviešu: Portmorsbi
Malagasy: Port Moresby
македонски: Порт Морсби
кырык мары: Порт-Морсби
Bahasa Melayu: Port Moresby
Dorerin Naoero: Port Moresby
Nederlands: Port Moresby
norsk nynorsk: Port Moresby
occitan: Port Moresby
polski: Port Moresby
Piemontèis: Port Moresby
پنجابی: پورٹ مورسبی
português: Porto Moresby
română: Port Moresby
русский: Порт-Морсби
саха тыла: Порт Морсби
srpskohrvatski / српскохрватски: Port Moresby
Simple English: Port Moresby
slovenčina: Port Moresby
slovenščina: Port Moresby
chiShona: Port Moresby
српски / srpski: Порт Морсби
svenska: Port Moresby
Kiswahili: Port Moresby
ślůnski: Port Moresby
Tagalog: Port Moresby
Tok Pisin: Pot Mosbi
Türkçe: Port Moresby
reo tahiti: Port-Moresby
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: مورېسبى پورتى
українська: Порт-Морсбі
oʻzbekcha/ўзбекча: Port-morsbi
vepsän kel’: Port Morsbi
Tiếng Việt: Port Moresby
Winaray: Port Moresby
მარგალური: პორტ-მორსბი
Yorùbá: Port Moresby
Bân-lâm-gú: Port Moresby
粵語: 莫士比港