Popurrí

Un popurrí (do francés pot pourri, literalmente "ola podre") é en música unha serie de cancións ou anacos destas, unida nunha soa interpretación longa.

No entroido o repertorio das chirigotas e murgas comprende tradicionalmente un popurrí que a miúdo clausura as actuacións.[1]

O popurrí

Os temas que forman parte do popurrí están xeralmente conectados por razóns diversas ás simplemente musicais, quizais por pertencer a un mesmo artista, a un mesmo álbum, ou a un mesmo xénero.

Os popurrís son usados con frecuencia como homenaxe dun artista a outro, posiblemente debido á influencia recibida deste, con partes de cancións enteiras do artista orixinal. Outras veces, o popurrí está formado por unha serie de cancións demasiado curtas para ser só editadas, ou son unidas porque no seu conxunto contan unha historia. Exemplos desta práctica son "A Quick One, While He's Away" de The Who, "Mercyful Fate" de Metallica, "The Big Medley","Schmedley Wilcox", "Instrumedley" de Dream Theater , o medley na cara B do álbum Abbey Road de The Beatles; "Acoustic Medley" de Bob Marley (tamén "Marley Medley", versión realizada por Bradley Nowell, vocalista de Sublime) e "Floydian Memories"de Shadow Gallery. Boa parte dos álbums de Pink Floyd presentan un popurrí entre todas as súas cancións ou moitas delas, coa excepción da última canción da cara A e a primeira da cara.

Un popurrí formado de "remesturas" chámase megamix, frecuentemente formado do material dun memsmo artista, xénero, ou de cancións populares dun ano dado ou certa época. Tal é o caso dos mixes das "Estrellas del 45" a Los Beatles e Jive Bunny á época do Rock & Roll.

Other Languages
suomi: Potpuri
Հայերեն: Պոպուրի
polski: Potpourri
русский: Попурри
Türkçe: Potpuri
українська: Попурі