Pomba

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Pomba
Rango fósil: Mioceno – Actualidade
Columba livia voando
Columba livia voando
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Subfilo:Vertebrata
Clase:Aves
Orde:Columbiformes
Familia:Columbidae
Illiger, 1811
Distribución xeográfica da familia Columbidae

Distribución xeográfica da familia Columbidae
Subfamilias
  • Didunculinae
  • Gourinae
  • Otidiphabinae
  • Ptilinopinae
  • Treroninae
  • Columbinae

Baixo o nome común de pomba (Columbidae) coñécense múltiplas especies de aves, todas elas agrupadas na subfamilia Columbinae. As pombas distribúense por toda a Terra, agás a Antártida[n. 1] e o Ártico, e con centro de dispersión en América Central.[1] A maior diversidade de especies téñena as ecozonas indomalaia e de Australasia.

A especie máis coñecida é a pomba brava (Columba livia) que deu orixe ás diferentes razas de pombas domésticas que se ven en cidades e vilas de todo o mundo. Quizais a característica máis sorprendente deste animal é a súa capacidade para volver ó seu niño desde os lugares máis remotos. Por iso, o ser humano empregouna para enviar mensaxes. A estas Pombas chámaselles pombas mensaxeiras e constituíu un eficaz medio de comunicación antes de que se inventara o teléfono ou o telégrafo.

Esta ave sóubose adaptar ó contorno urbano ata tal punto que se converteu nun tremendo problema en cidades como Venecia ou Santiago de Compostela, onde tiveron que tomar medidas porque a corrosión provocada polas defecacións deste animal están deteriorando gravemente o patrimonio artístico e arquitectónico da dita cidade.

Características

As pombas son aves dotadas de grande intelixencia se se comparan con outras aves e monógamas. Esta característica permítelles un gran coidado das súas crías. A monogamia entre as pombas parece facilitar en gran medida unha alta taxa reprodutiva, a pesar de que, como outros animais silvestres, as pombas sofren dunha gran mortandade infantil. As crías de pombas ao pouco de estaren listas para sustentarse e suficientemente desenvolvidas para voar son expulsadas do territorio en que aniña a parella proxenitora, xa que a mesma xeralmente volve procrear nun intervalo de tempo curto outros dous pichóns nos que a parella inverte gran cantidade de tempo en coidado: a nai adoita quedar gran parte do seu tempo nun sinxelo niño chocando os ovos e logo coidando os pichóns mentres o pai busca alimentos para nutrir a familia.

Os niños, normalmente débiles, están elaborados con pequenas pólas, e os ovos, habitualmente dous, son incubados por ambos os sexos. As pombas aliméntanse de sementes e froitos. Ambos os sexos alimentan as súas crías cunha secreción moi nutritiva que se segrega por células especiais.

Á parte de ter un gran sentido da orientación, a pomba é unha das aves que voa máis rápido: alcanza os 56 km/h.[2] Tamén caracteriza as pombas o seu agudo sentido da vista: entre finais da década de 1970 e principios da de 1980 a Garda Costeira dos Estados Unidos desenvolveu un sistema experimental de rescate con pombas adestradas en recoñeceren cores brillantes. Consistía en equipar un helicóptero con tres exemplares nunha pequena cabina con xanelas na parte inferior do vehículo cubrindo así os 360 ° do arco de visión. As pombas conseguían unha efectividade na localización de obxectos boiantes do 93 %, fronte ao 38 % dos humanos nas mesmas condicións. O proxecto, denominado "Project Sea Hunt", foi definido pola Garda Costeira como o "mellor sistema de busca con luz diúrna". Porén, o sistema nunca pasou da fase experimental e foi cancelado en 1983 por recortes no orzamento sen que as pombas puidesen ter a posibilidade de salvar vida ningunha.[3]

As pombas superan a proba do espello; cada individuo recoñeceríase como individual ou tería conciencia da súa "personalidade". De acordo a descubrimentos de 2016 as pombas son capaces de distinguir distintos grafemas ("ler") e chegar a ter algún entendemento da diferenza entre estes grafemas.[4]

Other Languages
Acèh: Mirahpati
Afrikaans: Duif
Alemannisch: Tauben
አማርኛ: ርግብ
aragonés: Columbidae
Ænglisc: Culfre
العربية: حماميات
ܐܪܡܝܐ: ܝܘܢܐ
অসমীয়া: পাৰ চৰাই
asturianu: Columbidae
Atikamekw: Omemew
Aymar aru: Kitula
azərbaycanca: Göyərçinlər
تۆرکجه: گؤیرچینلر
башҡортса: Күгәрсендәр
žemaitėška: Balondis (paukštis)
Bikol Central: Salampati
беларуская: Галубіныя
беларуская (тарашкевіца)‎: Галубовыя
български: Гълъбови
brezhoneg: Columbidae
bosanski: Golubovi
буряад: Тагтаа
català: Colúmbids
Cebuano: Salapati
کوردی: کۆتر
čeština: Holubovití
Cymraeg: Colomen
dansk: Duer
Deutsch: Tauben
Ελληνικά: Περιστερίδες
emiliàn e rumagnòl: Clómb
English: Columbidae
Esperanto: Kolombedoj
español: Columbidae
eesti: Tuvilased
euskara: Uso
فارسی: کبوتر
suomi: Kyyhkyt
føroyskt: Dúgva
français: Columbidae
arpetan: Pinjon
Nordfriisk: Düüwen
Gaeilge: Colm
Gàidhlig: Calman
گیلکی: کفتر
Avañe'ẽ: Pykasu
ગુજરાતી: કપોત કુળ
עברית: יוניים
हिन्दी: कबूतर
Fiji Hindi: Kabutar
hrvatski: Golubovi
Kreyòl ayisyen: Pijon
հայերեն: Աղավնազգիներ
interlingua: Columbidae
Bahasa Indonesia: Columbidae
Ilokano: Columbidae
Ido: Kolombo
íslenska: Dúfur
italiano: Columbidae
日本語: ハト科
Basa Jawa: Dara
Kongo: Dibembe
қазақша: Кептерлілер
ಕನ್ನಡ: ಕಲಂಬಿಡೈ
한국어: 비둘기
कॉशुर / کٲشُر: کوتُر
kurdî: Kevok
kernowek: Kolom
Кыргызча: Көгүчкөн
Latina: Columbidae
Ladino: Palomba
Lingua Franca Nova: Columbiformo
Limburgs: Doeve
lietuvių: Karveliniai
latviešu: Baložu dzimta
മലയാളം: പ്രാവ്
монгол: Тагтаа
मराठी: कपोताद्य
кырык мары: Кӓдӹвлӓ
Bahasa Melayu: Merpati
မြန်မာဘာသာ: ခို
مازِرونی: کوتر
Nedersaksies: Duve
नेपाली: ढुकुर
नेपाल भाषा: बखुं
Nederlands: Duiven (vogels)
norsk nynorsk: Duefamilien
norsk: Duer
Sesotho sa Leboa: Leeba
Diné bizaad: Hasbídí
occitan: Colomb
ଓଡ଼ିଆ: ପାରା
Ирон: Æхсинæг
ਪੰਜਾਬੀ: ਕਬੂਤਰ
Picard: Columbidae
پنجابی: کبوتر
پښتو: کوتره
português: Columbidae
Runa Simi: Urpi
română: Columbidae
русский: Голубиные
русиньскый: Голубовы
संस्कृतम्: कपोतः
sardu: Columbidae
sicilianu: Palumma
Scots: Columbidae
سنڌي: ڪبوتر
srpskohrvatski / српскохрватски: Golub
Simple English: Dove
slovenčina: Holubovité
slovenščina: Golobi
Soomaaliga: Xamaam(Shinbir)
shqip: Pëllumbi
српски / srpski: Голубови
svenska: Duvor
Kiswahili: Njiwa
தமிழ்: புறா
తెలుగు: కపోతము
Tagalog: Kalapati
Türkçe: Güvercingiller
українська: Голубові
اردو: کبوتر
oʻzbekcha/ўзбекча: Kaptarlar
Tiếng Việt: Họ Bồ câu
Winaray: Sarapati
Wolof: Pitax
ייִדיש: טויבן
中文: 鸠鸽科
文言:
Bân-lâm-gú: Hún-chiáu
粵語: 鳩鴿科