Polonia[2] (en polaco: Polska, [ˈpɔlska] (AFI), escoitar), oficialmente República de Polonia (Rzeczpospolita Polska), é un país da Europa central membro da Unión Europea (UE), cuxa capital e maior aglomeración urbana é a cidade de Varsovia. Polonia fai fronteira con Alemaña polo oeste; a República Checa e Eslovaquia polo sur; Ucraína, Belarús e Lituania polo leste; e o mar Báltico e o enclave ruso de Kaliningrado polo norte. O país abrangue unha superficie de 312.696[4][5]km²[6], facendo de Polonia o sexasésimo noveno país do mundo e o noveno de Europa. Polonia ten unha poboación por riba dos 38 millóns de habitantes[6], o que o converte no trixésimo cuarto país máis poboado do mundo e o oitavo de Europa[6]. Polonia é un Estado unitario dividido en 16 subdivisións administrativas.
O territorio polaco comprende na súa porción máis grande ao norte parte da gran chaira europea e abarca ao sur territorio montañoso dos Sudetes, os Cárpatos e a Serra da Santa Cruz. A súa capital e cidade máis poboada é Varsovia, a capital histórica de Mazovia, aínda que para moitos polacos, é máis importante a antiga capital, Cracovia, e Poznań, a capital antiga dos polacos, devanceiros de Polonia.
O establecemento dun estado polaco é a miúdo identificado coa adopción do cristianismo polo gobernante Miecislao I, no ano 966, cando o país abranguía unha superficie semellante á actual. En 1025, Polonia converteuse nun reino e en 1569, cimentou unha asociación co Gran ducado de Lituania, trala sinatura da Unión de Lublin, formando a República das Dúas Nacións. A mancomunidade colapsou en 1795 producíndose a partición de Polonia entre Prusia, Rusia e Austria. Polonia recuperou novamente a súa independencia como a Segunda República Polaca en 1918, despois da I Guerra Mundial, mais volveuna perder trala II Guerra Mundial; entón foi ocupada pola Alemaña nazi e maila Unión Soviética. Durante a II Guerra Mundial Polonia perdeu máis de seis millóns dos seus cidadáns. Emerxeu anos máis tarde como a República Popular de Polonia dentro do Bloque do leste, baixo unha forte influencia soviética.
A paisaxe de Polonia consiste case enteiramente das terras baixas da
planicie da Europa do Norte, cunha altitude media de 173 metros, incluíndo os Sudetes (incluíndo o
Karkonosze) e os
Cárpatos (incluíndo os montes Tatra, onde se encontra o
punto máis alto da Polonia, o Rysy, com 2 499 m de altitude) forman a fronteira sur. Varios grandes ríos atravesan a planicie, especialmente o Vístula (Wisła), o Oder (Odra), o
Wadra, e o Bug Occidental. Polonia contén máis de 9 300 lagos, especialmente no norte do país. A Masuria (Mazury) é a maior e máis visitada rexión da Polonia. Sobreviven restos dos antigos bosques.