Pole

Este artigo fala do pole das plantas, para o artigo sobre o primeiro lugar na grella de saída dunha carreira nun circuíto véxase pole position.
Grans de pole variados, e aumentados

O pole (do grego "pales" = "fariña" ou "po") é o conxunto dos minúsculos grans producidos polas flores das plantas anxiospermas (ou polas piñas masculinas das ximnospermas), que son os elementos reprodutores masculinos ou microgametófitos, onde se encontran os gametos que van fecundar os óvulos, para os transformar en froitos.

Os grans de pole son normalmente arredondados, aínda que os dos piñeiros sexan alados, e poden ser moi pequenos, só algúns micrómetros. O máis pequeno gran de pole coñecido é o do Myosotis, con cerca de 6 μm (0.006 mm) de diámetro. A forma e ornamentación dos grans de pole é típica de cada familia ou mesmo especie de plantas.

O pole contén unha gran proporción de proteínas (16 a 40 %) contendo todos os aminoácidos coñecidos, así como numerosas vitaminas, principalmente as vitaminas C e PP, sendo a principal fonte de alimentación das abellas. Outro importante produto fabricado con pole é a xelea real. Esta composición do pole pode ser responsábel das alerxias que lle son atribuídas.

O estudo do pole é a palinoloxía.

Estrutura e formación do pole

Os grans de pole prodúcense por meiose no microsporanxio das plantas anxiospermas, que é o estame, ou a escama masculina das ximnospermas.

Cada gran de pole é un gametófito que contén dous núcleos haploides, un maior que corresponde a unha célula vexetativa e outro máis pequeno que é o verdadeiro anterozoide, que vai fecundar o óvulo.

Esta célula "dupla" encóntrase encerrada nunha cápsula de celulosa, a intina, recuberta por un envolucro moi resistente de esporopolenina, un biopolímero ligado a ceras e proteínas. Esta capa externa denomínase exina e está composta de tres partes:

  • tectun, que contén os elementos esculturais que dan a forma exterior ao gran de pole;
  • columelas, unha estrutura en forma de columnas; e
  • base, unha estrutura sólida formada sobre a intina.

Este envólucro posúe aínda pequenas aberturas (puntos de menor resistencia) por onde sairá o tubo polínico, que penetra no estigma para fecundar o óvulo.

Other Languages
Afrikaans: Stuifmeel
العربية: حبوب اللقاح
asturianu: Polen
azərbaycanca: Çiçək tozu
башҡортса: Һеркә
беларуская: Пылок
български: Цветен прашец
bosanski: Polen
català: Pol·len
čeština: Pyl
Чӑвашла: Шăрка
Cymraeg: Paill
dansk: Pollen
Deutsch: Pollen
Ελληνικά: Γύρη
English: Pollen
Esperanto: Poleno
español: Polen
eesti: Õietolm
euskara: Polen
فارسی: گرده
suomi: Siitepöly
français: Pollen
Gaeilge: Pailin
Gàidhlig: Poilean
हिन्दी: पराग
hrvatski: Cvjetni pelud
magyar: Virágpor
Հայերեն: Ծաղկափոշի
interlingua: Polline
Bahasa Indonesia: Serbuk sari
Ido: Poleno
íslenska: Frjóduft
italiano: Polline
日本語: 花粉
қазақша: Тозаң
한국어: 꽃가루
Latina: Pollen
lietuvių: Žiedadulkė
latviešu: Putekšņi
македонски: Полен
മലയാളം: പരാഗം
Bahasa Melayu: Debunga
Plattdüütsch: Pollen
Nederlands: Stuifmeel
norsk nynorsk: Pollen
norsk: Pollen
occitan: Pollèn
polski: Pyłek
پنجابی: پراگ (پھل)
português: Pólen
Runa Simi: Sisa
română: Polen
русский: Пыльца
sicilianu: Pòllini
Scots: Pollen
srpskohrvatski / српскохрватски: Pelud
Simple English: Pollen
slovenčina: Včelí peľ
slovenščina: Pelod
српски / srpski: Полен
svenska: Pollen
Kiswahili: Mbelewele
தமிழ்: மகரந்தம்
తెలుగు: పుప్పొడి
Türkmençe: Tozgajyk
Türkçe: Polen
українська: Пилок
oʻzbekcha/ўзбекча: Chang donachalari
Tiếng Việt: Phấn hoa
中文: 花粉