Poesía

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Trobadores nunha miniatura do Cancioneiro da Ajuda, colección de poesías en galaico-portugués (s. XIII).

A poesía é unha forma de literatura que emprega as calidades estética e rítmica[1][2][3] da linguaxe, como a eufonía, o simbolismo fonético e a prosodia, para evocar significados engadidos ou o significado prosaico.

A poesía ten unha longa historia que se remonta á Epopea de Gilgamesh sumeria. Os poemas máis antigos evolucionaron dende cancións populares, como o Shijing chinés, ou dende a necesidade de recoller a tradición das lendas orais, como os Vedas sánscritos, os Gathas zoroastras ou os poemas homéricos, a Ilíada e a Odisea. Os primeiros intentos de definir a poesía, como os da Poética de Aristóteles, centráronse no emprego da fala na retórica, no drama, no canto e na comedia. Intentos máis serodios centráronse en aspectos como a repetición, na forma do verso e na rima, salientando a estética que é o que distingue á poesía doutras formas de escrita máis obxectivas, informativas e prosaicas. Dende mediados do século XX, a poesía é considerada de forma máis xeralizada como a forma creativa fundamental de empregar a linguaxe.

A poesía emprega formas e convencións para suxerir diferentes interpretacións das verbas, ou para evocar respostas emotivas. Recursos como a asonancia, a aliteración, a onomatopea e o ritmo son empregados a miúdo para acadar efectos musicais ou de encantamento. O uso da ambigüidade, o simbolismo, a ironía e outros elementos estilísticos da dicción poética fan posible deixar un poema aberto a múltiples interpretacións. Figuras semellantes do discurso como a metáfora, o símil e a metonimia[4] crean unha resonancia entre imaxes dispares creando conexións de significados.

Algunhas clases de poesía son específicas de culturas e xéneros particulares e responden a características da lingua na que escriben os poetas. Os lectores acostuman a identificar a poesía con Dante, Goethe, Mickiewicz e Rumi e poden considerarse escritos con rima e métricas regulares. Porén, hai tradicións, como a poesía bíblica, que empregan outros xeitos para crear ritmo e eufonía. Moita da poesía moderna reflicte unha crítica á tradición poética,[5] poñendo a proba e xogando e co principio mesmo da eufonía, ou mesmo obviando a rima e o ritmo.[6][7] No proceso crecente de globalización, os poetas a miúdo adaptan estilos, formas e técnicas de diferentes culturas e linguas.

O Día mundial da poesía foi proclamado pola Conferencia Xeral da Unesco e celebrouse por primeira vez o 21 de marzo de 2000. A súa finalidade é fomentar o apoio aos poetas novos, volver ao encantamento da oralidade e restablecer o diálogo entre a poesía e as demais artes (teatro, danza, música, etc.)

Historia

Artigo principal: Historia da poesía.

A poesía como forma de arte pode ser anterior á literatura.[8] O poema máis antigo que se conserva é a Epopea de Gilgamesh, do terceiro milenio antes de Cristo e procedente de Sumer (en Mesopotamia, actual Iraq), que foi escrita en escritura cuneiforme en táboas de arxila, e posteriormente en papiros.[9] Unha táboa que data do ano -2000 describe un rito anual no que o rei casa simbolicamente e acóplase coa deusa Inanna para garantir properidade e fertilidade, e está considerado o máis antigo poema de amor do mundo.[10][11] Exemplos de poesía épica exipcia inclúen a Historia de Sinuhé (c. -1800). Outros poemas épicos antigos inclúen a Ilíada e a Odisea gregos, os libros avésticos Gathas e Yasna, a Eneida de Virxilio, e os poemas épicos indios Ramayana e Mahabharata.

A poesía épica, como os Vedas indios, os Gathasand ou a Odisea do século -VII, semella que foron compostos en forma poética para axudar na súa memorización e para a transmisión oral en sociedades prehistóricas e antigas.[12] Outras formas de poesía desenvolvéronse directamente dende as cancións populares. As entradas máis antigas do recompilatorio Shijing, foron letras de cancións, que precederon a outras entradas creadas para ser lidas.[13]

Os esforzos dos antigos pensadores para determinar que fai da poesía unha forma distintiva, e que distingue á poesía boa da mala, resultaron na "poética"—o estudo da estética da poesía.[14] Algunhas tradicións poéticas antigas, como por exemplo a poesía clásica chinesa no caso de Shijing (Cásico de poesía) recolle o desenvolvemento dos canons de poesía con relevancia estética e ritual.[15] Máis recentemente, os pensadores tiveron problemas para atopar unha definición que abranguese as grandes diferenzas que existen entre Os contos de Canterbury de Chaucer e o Oku no Hosomichi de Matsuo Bashō, así como as diferenzas de contexto que inclúen a poesía relixiosa, a poesía de amor e o rap.[16]

Tradicións occidentais

Os pensadores clásicos empregaron a clasificación como un xeito de definir e avaliar a calidade da poesía. Os anacos existentes da Poética de Aristóteles describen tres xéneros de poesía, a épica, a cómica e a tráxica, e desenvolven regras para distinguie a poesía de máis calidade en cada xénero, sobre a base dos propósitos subxacentes do xénero.[17] Os estéticos posteriores identificaron tres grandes xéneros: a poesía épica, a poesía lírica e a poesía dramática, considerando a comedia e a traxedia como subxéneros da poesía dramática.[18]

O traballo de Aristóteles foi moi influente a través da Idade Media durante a Idade de ouro islámica,[19] así como en Europa durante o Renacemento.[20] Poetas posteriores a miúdo distinguían e definían a poesía en oposición á prosa, que era xeralmente entendida como a escrita cunha proclividade á explicación lóxica e a unha estrutura narrativa lineal.[21]

Isto non quere dicir que a poesía sexa ilóxica ou que careza de narración, senón máis ben que a poesía é un intento de facer algo fermoso ou sublime sen a carga de participar nos procesos de pensamento lóxico ou narrativo. O poeta romántico John Keats denominou esta fuxida da lóxica como " Capacidade negativa".[22] Esta visión "romántica" é un elemento chave do éxito da poesía porque a forma é abstracta e distinta da lóxica subxacente nocional. Esta achega foi influente durante todo o século XX.[23]

Durante este período, tamén foi substancialmente maior a interacción entre as diversas tradicións poéticas , en parte por mor do colonialismo europeo e o conseguinte aumento do comercio mundial.[24] Ademais do boom da tradución, durante o período romántico foron descubertos numerosas obras antigas.[25]

Disputas dos séculos XX e XXI

Archibald MacLeish.

Algúns teóricos literarios do século XX tiveron menos en conta a oposición entre prosa e poesía, centrándose no poeta como aquel que crea empregando a linguaxe, e na poesía como a creación do poeta.[26] O concepto subxacente do poeta como creador non é pouco común , e algúns poetas modernos non distinguen entre a creación dun poema con palabras, e os actos creativos noutro medios. Porén, outros modernistas consideran o intento de definir a poesía como trabucado.[27]

O rexeitamento das formas e estruturas tradicionais da poesía comezaron na primeira metade do século XX e cadraron co cuestionamento do propósito e significado das definicións tradicionais e das distincións entre poesía e prosa, dando exemplos de prosa poética e poesía prosaica. Varios poetas modernistas escribiron en xeitos non tradicionais ou no que tradicionalmente se tería considerado prosa, malia que os seus escritos estaban polo xeral infundidos pola dicción poética e a miúdo contaban con ritmos e sons con intencións non métricas. Isto xerou unha substancial resposta formalista dentro das escolas modernas, esta resposta centrouse no desenvolvemento de novas estruturas formais como xeito de rexurdimento das vellas formas e estruturas.[28]

Other Languages
Afrikaans: Poësie
Alemannisch: Poesie
አማርኛ: ቅኔ
aragonés: Poesía
العربية: شعر (أدب)
অসমীয়া: কবিতা
asturianu: Poesía
Aymar aru: Jarawi
azərbaycanca: Poeziya
تۆرکجه: شعر
башҡортса: Шиғриәт
žemaitėška: Puoezėjė
Bikol Central: Rawitdawit
беларуская: Паэзія
беларуская (тарашкевіца)‎: Паэзія
български: Поезия
भोजपुरी: कबिता
বাংলা: কবিতা
བོད་ཡིག: སྙན་ངག
বিষ্ণুপ্রিয়া মণিপুরী: কবিতা
brezhoneg: Barzhoniezh
bosanski: Poezija
буряад: Уран шүлэг
català: Poesia
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄:
нохчийн: Поэзи
Cebuano: Balak
کوردی: شیعر
corsu: Puesia
čeština: Poezie
Cymraeg: Barddoniaeth
dansk: Digt
Deutsch: Poesie
Ελληνικά: Ποίηση
English: Poetry
Esperanto: Poezio
español: Poesía
eesti: Luule
euskara: Olerkigintza
estremeñu: Poesia
فارسی: شعر
suomi: Runous
français: Poésie
Frysk: Poëzy
Gaeilge: Filíocht
贛語:
Gàidhlig: Bàrdachd
Avañe'ẽ: Ñe'ẽpapa
Gaelg: Feeleeaght
עברית: שירה
हिन्दी: काव्य
Fiji Hindi: Poetry
hrvatski: Poezija
Kreyòl ayisyen: Pwezi
magyar: Költészet
հայերեն: Պոեզիա
interlingua: Poesia
Bahasa Indonesia: Puisi
Interlingue: Poesie
Igbo: Ábu
Ilokano: Dandaniw
Ido: Poezio
íslenska: Ljóðlist
italiano: Poesia
日本語:
Patois: Puoychri
la .lojban.: pemci
Basa Jawa: Geguritan
ქართული: პოეზია
Qaraqalpaqsha: Poeziya
қазақша: Поэзия
ಕನ್ನಡ: ಕವನ
한국어: 시 (문학)
къарачай-малкъар: Поэзия
kurdî: Helbest
Кыргызча: Поэзия
Latina: Poësis
Ladino: Poeziya
Lingua Franca Nova: Poesia
Limburgs: Poëzie
lumbaart: Puesia
lietuvių: Poezija
latviešu: Dzeja
मैथिली: काव्य
олык марий: Мурпаша
македонски: Поезија
മലയാളം: കവിത
монгол: Шүлэг
मराठी: कविता
Bahasa Melayu: Puisi
Malti: Poeżija
Nāhuatl: Xochicuicatl
नेपाली: कविता
नेपाल भाषा: चिनाखँ
Nederlands: Poëzie
norsk nynorsk: Dikt
norsk: Poesi
Nouormand: Pouésie
occitan: Poesia
Livvinkarjala: Runohus
Ирон: Поэзи
ਪੰਜਾਬੀ: ਕਵਿਤਾ
Papiamentu: Poesia
Picard: Poésie
polski: Poezja
Piemontèis: Poesìa
پنجابی: شاعری
Ποντιακά: Ποιητικήν
پښتو: شعر
português: Poesia
Runa Simi: Harawi
română: Poezie
русский: Поэзия
русиньскый: Поезія
संस्कृतम्: काव्यम्
Scots: Poetry
سنڌي: نظم
srpskohrvatski / српскохрватски: Poezija
සිංහල: කාව්‍යය
Simple English: Poetry
slovenčina: Poézia
slovenščina: Pesništvo
Soomaaliga: Gabay
shqip: Poezia
српски / srpski: Поезија
SiSwati: Bunkondlo
Seeltersk: Dichtenge
svenska: Poesi
Kiswahili: Ushairi
தமிழ்: கவிதை
తెలుగు: కవి
тоҷикӣ: Назм
Tagalog: Panulaan
Setswana: Poko
Türkçe: Şiir
татарча/tatarça: Шигърият
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: شېئىر
українська: Поезія
اردو: شاعری
oʻzbekcha/ўзбекча: Sheʼriyat
vepsän kel’: Runoišt
Tiếng Việt: Thơ
West-Vlams: Dichtkunste
Volapük: Poedav
walon: Powezeye
Winaray: Siday
吴语:
მარგალური: პოეტი
ייִדיש: דיכטונג
Yorùbá: Ewì
Vahcuengh: Sei
中文: 诗歌
Bân-lâm-gú: Koa-si
粵語: