Os gregos, tamén chamados helenos[15] (en grego: Έλληνες), son unha nación e un grupo étnico orixinario de Grecia, Chipre e algunhas outras rexións da contorna do mar Exeo. Tamén constitúen unha diáspora significativa, con comunidades gregas estabelecidas arredor do mundo.[16]
Despois da Guerra Greco-Turca (1919-1922), un masivo intercambio de poboacións entre Grecia e Turquía (1923) deixou case toda a poboación etnicamente grega confinada dentro das novas fronteiras de Grecia e Chipre (illa daquela integrada no Imperio británico). A nova Grecia constituíuse a partir do 1822 como un estado nación típico da época, liberado do Imperio Otomán. Outras poboacións menores de gregos étnicos pódense atopar actualmente dende o sur de Italia e o sur de Albania até no Cáucaso, e tamén nas comunidades da diáspora en moitos outros países. Actualmente, a maioría dos gregos pertencen formalmente á Igrexa Ortodoxa Grega.[19]
↑Hellenic Ministry of Foreign Affairs, General Secretary for Greeks Abroad (ed.). "General Diaspora Information"(en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2004. Consultado o 2004.
↑Federal Statistical Office of Germany (ed.). "Foreign Population"(en alemán). Consultado o 18/1/2009.