Pneumonía

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Pneumonía
Clasificación e recursos externos
Imaxe de raios X que mostra unha pulmonía bacteriana con forma de cuña no pulmón dereito.
DiseasesDB10166
MedlinePlus000145
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A pneumonía (do grego pneumon, 'pulmón', e este de pneuma, 'sopro, respiración'[1]), pulmonía[2] ou pneumonite[2] é unha inflamación dos pulmóns e das vías respiratorias en xeral, que causa efectos secundarios coma febre, mucosidade, tose etc.Consiste na inflamación dos espazos alveolares dos pulmóns.[3] A maioría das veces a pneumonía é infecciosa, pero non sempre é así. A pneumonía pode afectar a un lóbulo pulmonar completo (pneumonía lobular), a un segmento de lóbulo, aos alvéolos próximos aos bronquios (bronconeumonía) ou ao tecido intersticial (pneumonía intersticial). A pneumonía fai que o tecido que forma os pulmóns se vexa colorado, inchado e produza dor. Os pacientes non sempre ingresan no hospital e moitos son tratados polo médico de cabeceira. A pneumonía adquirida na comunidade (NAC) ou extrahospitalaria é a que se adquire fóra dos hospitais, mentres que a pneumonía nosocomial (NN) é a que se adquire durante a estancia hospitalaria transcorridas 48 horas ou dúas semanas despois de recibir a alta.

A pneumonía pode ser unha enfermidade grave se non se detecta a tempo, e pode chegar a ser mortal, especialmente entre persoas de idade avanzada e entre os immunodeprimidos. En particular os pacientes de SIDA contraen frecuentemente a (un fungo). As persoas con fibrose quística teñen tamén un alto risco de padecer pneumonía debido a que continuamente se acumula fluído nos seus pulmóns.

Pode ser moi contaxiosa, xa que os xermes que a causan se diseminan rapidamente no aire, por medio de espirros, tose e mucosidade; un paciente que padeceu pneumonía pode quedar con secuelas desta no seu organismo por moito tempo, isto faino potencialmente contaxioso e as persoas máis propensas a contraela son as que están sufrindo unha gripe, ou un cadro asmático, entre outras doenzas do aparato respiratorio.

Clasificación

Hai moitos tipos de pneumonías, que se poden clasificar de distintas maneiras:

  • En función do axente causal:
  • Pola localización anatómica macroscópica:
    • Pneumonía lobar.
    • Pneumonía multifocal ou broncopneumonía.
    • Pneumonía intersticial.
  • En función da reacción do hóspede:
    • Pneumonía supurada.
    • Pneumonía fibrinosa.[4]
  • En función do ámbito de adquisición:
    • Pneumonías adquiridas na comunidade (ou extrahospitalarias). As máis típicas son a pneumonía pneumocócica, a pneumonía por Mycoplasma e a pneumonía por Chlamydia. Dáse en de 3 a 5 adultos por 1000/ano, cunha mortalidade de entre o 5 e o 15 %.
    • Pneumonías hospitalarias ou nosocomiais. Adquírense durante unha estancia hospitalaria. Presentan maior mortalidade do que a pneumonía adquirida na comunidade. No hospital dáse a conxunción dunha poboación con alteración dos mecanismos de defensa, xunto á existencia de xermes moi resistentes aos antibióticos, o que crea dificultades no tratamento da infección.

Clasificación prognóstica

Existen dúas clasificacións prognósticas da pneumonía:

  • Clasificación de Fine (pneumonia severity index ou PSI).
  • Clasificación FALTA.
Other Languages
Afrikaans: Longontsteking
Alemannisch: Lungenentzündung
አማርኛ: ኒሞንያ
aragonés: Pneumonía
العربية: ذات الرئة
অসমীয়া: নিউম'নিয়া
asturianu: Neumonía
azərbaycanca: Ağciyər iltihabı
башҡортса: Пневмония
žemaitėška: Plautiu oždegėms
беларуская: Пнеўманія
беларуская (тарашкевіца)‎: Пнэўманія
български: Пневмония
brezhoneg: Tanijenn skevent
bosanski: Upala pluća
català: Pneumònia
کوردی: سیەسۆ
čeština: Zápal plic
Cymraeg: Niwmonia
ދިވެހިބަސް: ނިއުމޯނިޔާ
Ελληνικά: Πνευμονία
English: Pneumonia
Esperanto: Pneŭmonito
español: Neumonía
euskara: Pneumonia
français: Pneumonie aiguë
Gaeilge: Niúmóine
हिन्दी: न्यूमोनिया
hrvatski: Pneumonija
հայերեն: Թոքաբորբ
Bahasa Indonesia: Radang paru-paru
Ilokano: Pulmonia
íslenska: Lungnabólga
italiano: Polmonite
日本語: 肺炎
ქართული: პნევმონია
қазақша: Пневмония
ភាសាខ្មែរ: ជំងឺរលាកទងសួត
한국어: 폐렴
kurdî: Pneumonia
Кыргызча: Пневмония
Latina: Pneumonia
Lëtzebuergesch: Longenentzündung
latviešu: Pneimonija
македонски: Пневмонија
മലയാളം: ന്യുമോണിയ
Bahasa Melayu: Paru-paru berair
नेपाली: न्युमोनिया
नेपाल भाषा: निमोनिया
Nederlands: Longontsteking
norsk nynorsk: Lungebetennelse
occitan: Pneumonia
ଓଡ଼ିଆ: ନିମୋନିଆ
ਪੰਜਾਬੀ: ਨਮੋਨੀਆ
Deitsch: Bruschtfiewer
پنجابی: نمونیہ
پښتو: سینه بغل
português: Pneumonia
Kirundi: Umusonga
română: Pneumonie
русский: Пневмония
саха тыла: Пневмония
sicilianu: Purmunìa
Scots: Pneumonie
srpskohrvatski / српскохрватски: Upala pluća
Simple English: Pneumonia
slovenčina: Pneumónia
slovenščina: Pljučnica
shqip: Pneumonia
српски / srpski: Упала плућа
Kiswahili: Nimonia
తెలుగు: న్యుమోనియా
тоҷикӣ: Пневмония
Tagalog: Pulmonya
Türkçe: Zatürre
татарча/tatarça: Пневмония
українська: Пневмонія
اردو: نمونیہ
oʻzbekcha/ўзбекча: Zotiljam
Tiếng Việt: Viêm phổi
walon: Peumoneye
Winaray: Pulmonya
吴语: 肺炎
中文: 肺炎
Bân-lâm-gú: Hì-iām
粵語: 肺炎