Placa da matrícula (automobilismo)

Placa dunha matrícula da provincia de Pontevedra en Galiza.

A placa da matrícula[1], tamén chamada sinxelamente matrícula ou placa, é unha placa de metal ou plástico fixada a un vehículo autómobil co fin da súa identificación oficial. Estas placas teñen unha serie de caracteres numéricos e alfabéticos.

Na maioría dos países, os automóbiles, así como os demais vehículos dunha cilindrada de motor mínima, deben levar suxeita unha placa na parte frontal e outra na parte traseira, aínda que nalgúns lugares ou en algúns tipos de vehículos só se exixe a placa traseira.

Hai dous sistemas de matriculación. Un primeiro no que as placas as fabrican e as entregan as autoridades, como ocorre en Suíza, Alemaña, a meirande parte dos países americanos etc... e outro no que as autoridades asignan a matrícula ao vehículo e a placa debe comprarse en lugares autorizados, que é o caso de España ou Francia. Nalgúns países existen placas provisionais mentres non se completaron os trámites de matriculación.

Notas

Other Languages
Alemannisch: Kfz-Kennzeichen
العربية: لوحة مركبات
Boarisch: Autokennzeichn
беларуская (тарашкевіца)‎: Аўтамабільны знак
català: Matrícula
Esperanto: Licencplato
Bahasa Indonesia: Plat nomor
íslenska: Númeraplata
한국어: 차량 번호판
Nederlands: Kentekenplaat
Pälzisch: Nummernschild
srpskohrvatski / српскохрватски: Registarska oznaka
татарча/tatarça: Avtomobil kodı
vepsän kel’: Avtonomerad
Tiếng Việt: Biển đăng ký xe
中文: 車輛號牌
粵語: 車牌號碼