Pioneer 1

Pioneer 1 / Able 2
Pioneer (Able).jpg
Pioneer 1
TipoCientífico
OrganizaciónNASA, USAF
Destino actualReentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento11 de outubro de 1958, 8:42 GMT[2][3]
Foguete portadorThor-Able[1][4]
Sitio de lanzamentoBase espacial de Cabo Cañaveral[1][5]
Obxectivo da misiónEstudo da Lúa.[1][5]
Decaemento13 de outubro de 1958, 3:46 GMT[1][2]
NSSDC ID1958-007A
Masa34,2 kg[4]
Dimensións76 cm de altura, 74 cm de diámetro
BateríasNíquel-cadmio para a ignición dos foguetes, de prata para a cámara e de mercurio para o resto de sistemas.[1]

Pioneer 1, denominada tamén como Able 2, foi unha sonda espacial que se intentou lanzar cara a Lúa por parte dos Estados Unidos de América.[1][4][5]

Características

Pioneer 1 foi lanzada o 11 de outubro de 1958 mediante un foguete Thor-Able desde a base espacial de Cabo Cañaveral cara a Lúa, pero a segunda fase do foguete non xerou suficiente pulo e a nave acadou unha traxectoria suborbital que a levou a só un terzo da distancia á Lúa antes de volver a caer á Terra.[1][4][5]

A orixe da Pioneer 1, xunto coas súas irmás Pioneer 0 e Pioneer 2, está na aprobación en 1958 por parte dos Estados Unidos do primeiro plan para exploración luar que deu lugar a cinco proxectos da Advanced Research Project Agency: tres xestionados pola USAF e dous polo Exército. O proxecto das Pioner luares foi transferido á NASA moi pouco despois da creación da axencia aeroespacial e a Pioneer 1 foi lanzada cara a Lúa tan só dez días despois da súa fundación.[1][4][5]

A misión orixinal de Pioneer 1 era facer unha viaxe ata a Lúa e unha vez alí frear e entrar en órbita para facer medicións científicas, pero debido a unha falta de potencia da segunda etapa do foguete lanzador a órbita prevista converteuse unha traxectoria suborbital cun apoxeo de 113.800 km e que finalizou coa reentrada da nave na atmosfera terrestre ás 3:46 GMT do 13 de outubro de 1958. Intentouse usar o motor de frenada da sonda para polo menos poñer a nave en órbita terrestre, pero debido á baixa temperatura das baterías o foguete non se acendeu. Durante o voo os instrumentos de a bordo realizaron as súas medicións facendo algo de ciencia útil, descubrindo que a radiación arredor da Terra repártese formando bandas e medindo a súa extensión, cartografiando o fluxo ionizante, facendo as primeiras observacións de oscilacións hidromagnéticas no campo magnético terrestre e tomando as primeiras medidas da densidade de micrometeoritos e do campo magnético interplanetario.[1][4][5]

Other Languages
العربية: بيونير 1
català: Pioneer 1
čeština: Pioneer 1
Deutsch: Pioneer 1
Ελληνικά: Πάιονηρ 1
English: Pioneer 1
español: Pioneer 1
suomi: Pioneer 1
français: Pioneer 1
हिन्दी: पायनियर 1
magyar: Pioneer–1
italiano: Pioneer 1
Lëtzebuergesch: Pioneer 1
македонски: Пионир 1
Nederlands: Pioneer 1
norsk nynorsk: Pioneer 1
polski: Pioneer 1
português: Pioneer 1
русский: Пионер-1
svenska: Pioneer 1
українська: Піонер-1