Petróleo

Instalación petrolífera
Limpeza de residuos petrolíferos

O petróleo (do latín petra, pedra + oleum, aceite), tamén chamado cru de petróleo, é un líquido natural que se atopa en formacións na Terra consistindo nunha complexa mestura de compostos orgánicos, maiormente hidrocarburos. Os outros constituíntes son compostos orgánicos contendo elementos químicos como nitróxeno, xofre, osíxeno (chamados xenericamente de compostos NSO) e metais, principalmente níquel e vanadio.

O petróleo en estado líquido é unha substancia oleosa, inflamábel, xeralmente menos densa que a auga, cun cheiro característico e coloración que pode variar desde o incoloro ou castaño claro ata o negro, pasando por verde e marrón.

O petróleo é un recurso natural non renovábel, e tamén actualmente a principal fonte de enerxía. Del extráense variados produtos, sendo os principais: bencinas, óleo diésel, gasolina, alcatrán e polímeros plásticos.

O petróleo, debido á súa importancia económica e estratéxica, é a principal fonte de renda de moitos países, especialmente no Oriente Medio) e leva xa provocado moitas guerras. Del xa foi dito que "move o mundo".

Orixe do petróleo

Teoría bioxénica

O petróleo é o produto da compresión e aquecemento da materia orgánica depositada xunto cos sedimentos. O soterramento progresivo e consecuente subsidencia desa materia orgánica depositada xuntamente cos sedimentos mariños ou lacustres produce a compactación e formación dunha rocha chamada rocha xeradora. A materia orgánica,en estado sólido, presente na rocha xeradora é chamada queróxeno. Co incremento de temperatura, as moléculas do queróxeno comezan a ser quebradas, xerando compostos orgánicos líquidos e gasosos, nun proceso denominado cataxénese. Para que exista unha acumulación de petróleo é necesario que, despois do proceso de xeración, ocorra a migración do óleo e/ou gas a través das camadas de rochas adxacentes, ata atopar unha rocha selante e unha estrutura xeolóxica que deteña o seu paso, baixo a cal ocorrerá a acumulación do óleo e/ou gas nunha rocha porosa e permeábel chamada rocha reserva. Aínda que obxecto de moitas discusións no pasado e que aínda continúan na actualidade, esa teoría aínda continúa tendo maior aceptación pola comunidade científica occidental.

Teoría abioxénica

O petróleo é unha mestura de hidrocarburos primordiais de grande estabilidade termodinámica, formados a altas presións e temperaturas no manto da terra. Gases primordiais como metano, helio e nitróxeno conducen o petróleo para niveis máis superficiais, aloxándose en espazos porosos, sobre todo en rochas sedimentares, constituíndo os reservatorios. Os hidrocarburos son excelentes nutrientes para bacterias primitivas que viven no interior da terra. Esas bacterias contaminan o petróleo con moléculas biolóxicas chamadas biomarcadores (biomarkers), alén doutros contaminantes tamén presentes nos sedimentos. Algúns metais, sobre todo níquel e vanadio, mais tamén cadmio, arsénico, chumbo, mercurio, platinoides entre outros tamén están asociados ao petróleo e atestan a orixe mantélica. Polo tanto o petróleo non é un combustíbel fósil, como moitos aínda imaxinan, senón unha substancia orixinalmente inorgánica sobre a cal actúan procesos xeolóxicos posteriormente retraballados por procesos biolóxicos.

Soporte á orixe abioxénica do petróleo

  • Helio
O gas helio ten estreita relación co petróleo, sobre todo con óleos leves. É un gas primordial, non relacionado con procesos biolóxicos. O helio é o segundo elemento químico en abundancia no universo.
  • Diamantoides
Minúsculos diamantes son comúns en óleos leves, gas e condensados. Posúen a mesma estrutura do retículo cristalino dos diamantes naturais e probabelmente unha similar orixe, isto é, provenientes do manto da terra.
  • Metais pesados
Níquel (Ni), Vanadio (V), Chumbo(Pb), Arsenio (As), Cadmio (Cd), Mercurio (Hg) e outros metais son frecuentemente atopados no petróleo. Algúns óleos pesados e betumes chegan a conter vanadio en porcentaxe, como exemplo os óleos pesados da Venezuela. Eses metais son comúns no manto da terra.
  • Termodinámica
A 2ª Lei da Termodinámica prohibe a xeración de hidrocarburos máis pesados que o metano a baixas presións (ver [[1] (http://www.gasresources.net/ThrmcCnstrnts.htm)])
  • Hidróxeno en exceso
O petróleo componse principalmente de mesturas de hidrocarburos moi ricos en hidróxeno (m-alcanos). Non sería posíbel a súa formación a partir de detritos orgánicos, estes últimos coincidentes coa formación de m-alcenos. Sir Robert Robinson (Premio Nobel de Química) concluíu que o petróleo é un material primario ao cal se lle engadiron bioprodutos posteriormente.
  • Bioloxía
A vida, como nós a coñecemos, está baseada no carbono. Os primeiros organismos (arqueobacterias) viven en grandes profundidades no interior da terra, tendo como alimento sobre todo metano e petróleo. O proceso de fotosíntese é moi complicado e foi probabelmente conquistado por esas bacterias primitivas cando houbo localmente falta de nutrientes de hidrocarburos primordiais nas profundidades. Isto pode ter levado a algúns tipos de microbios a evoluír e conquistaren a superficie da Terra, utilizando a luz solar e desenvolvendo entón a fotosíntese, tornándose neste contexto polo tanto seres autótrofos, mentres outros aínda continuarían sendo quimiosintéticos.

Por que o petróleo se atopa frecuentemente en cuncas sedimentarias?

Isto ocorre porque as cuncas sedimentarias enchen depresións onde ocorreron fallas profundas asociadas con límites de placas tectónicas (rifts, subducción ou colisión entre dúas placas) comunicando ou estando en proximidade co manto da terra. Algunhas rochas sedimentarias forman bos reservatorios (espazos porosos) e tamén boas rochas selantes capaces de reter o petróleo neses reservatorios. Os reservatorios conéctanse con fallas profundas en sistemas que acada o manto superior, de onde proveñen os hidrocarburos. O petróleo tamén ocorre en rochas do embasamento cristalino, porén a maioría das empresas de petróleo prefire perforar pozos para buscar nas cuncas sedimentarias, onde probabelmente consideran atopar acumulacións comerciais en bos e amplos reservatorios, mais tamén conducidas pola errónea idea de que o petróleo poida ser orixinado (sic) a partir de "rochas fonte".

Asociación da ocorrencia de petróleo con estruturas profundas

A ocorrencia do petróleo atópase relacionada con estruturas xeolóxicas profundas na terra, principalmente sobre límites crustais de placas tectónicas (converxentes como subducción ou colisión continental e límites diverxentes). Tamén pode ocorrer sobre áreas onde houbo impacto de meteorito, sempre que as fallas producidas polo impacto atinxan o manto da terra. Cando se observa a distribución dos campos de óleo e gas ao longo dos arcos como na Indonesia, Golfo Pérsico, nos Apeninos, Alaska, Arco de Barbados en continuidade a Trinidad & Tobago e Venezuela; na evolución do grande rift do Atlántico Sur e outras cuncas riftoxénicas, isto pode ser claramente constatado.

Other Languages
Afrikaans: Ruolie
Alemannisch: Erdöl
አማርኛ: ፔትሮሊየም
aragonés: Petrolio
العربية: نفط
ܐܪܡܝܐ: ܢܦܛܐ
مصرى: بترول
asturianu: Petroleu
авар: Нарт
azərbaycanca: Neft
تۆرکجه: نفت
башҡортса: Нефть
žemaitėška: Napta
беларуская: Нафта
беларуская (тарашкевіца)‎: Нафта
български: Нефт
भोजपुरी: पेट्रोलियम
বাংলা: খনিজ তেল
brezhoneg: Eoul-maen
bosanski: Nafta
català: Petroli
Chavacano de Zamboanga: Petrolio
Cebuano: Petrolyo
کوردی: نەوت
čeština: Ropa
Чӑвашла: Нехтă
Cymraeg: Petroliwm
dansk: Råolie
Deutsch: Erdöl
Zazaki: Petrol
Ελληνικά: Πετρέλαιο
English: Petroleum
Esperanto: Nafto
español: Petróleo
eesti: Nafta
euskara: Petrolio
فارسی: نفت خام
suomi: Maaöljy
føroyskt: Olja
français: Pétrole
Nordfriisk: Eerdööle
furlan: Petroli
Frysk: Ierdoalje
Gaeilge: Peitriliam
贛語: 石油
Avañe'ẽ: Itakyra
客家語/Hak-kâ-ngî: Sa̍k-yù
עברית: נפט
हिन्दी: शिलारस
hrvatski: Nafta
Kreyòl ayisyen: Petwòl
magyar: Kőolaj
հայերեն: Նավթ
interlingua: Petroleo
Bahasa Indonesia: Minyak bumi
Ido: Petrolo
íslenska: Hráolía
italiano: Petrolio
日本語: 石油
Patois: Pichruoliom
la .lojban.: ctile
Basa Jawa: Lenga patra
ქართული: ნავთობი
Qaraqalpaqsha: Neft
қазақша: Мұнай
한국어: 석유
kurdî: Neft
Кыргызча: Нефть
Latina: Petroleum
Limburgs: Aerdaolje
lingála: Pitɔlɔ́
lietuvių: Nafta
latviešu: Nafta
македонски: Нафта
മലയാളം: പെട്രോളിയം
монгол: Газрын тос
मराठी: खनिज तेल
Bahasa Melayu: Petroleum
Mirandés: Petrólio
မြန်မာဘာသာ: ရေနံ
مازِرونی: نفت
Nāhuatl: Chapopohtli
Nedersaksies: Eerdeulje
नेपाली: खनिज तेल
Nederlands: Aardolie
norsk nynorsk: Petroleum
norsk: Petroleum
Diné bizaad: Chidí bikʼah
occitan: Petròli
ਪੰਜਾਬੀ: ਕੱਚਾ ਤੇਲ
Pälzisch: Erdöl
polski: Ropa naftowa
português: Petróleo
Runa Simi: Allpa wira
română: Petrol
русский: Нефть
саха тыла: Ниэп
sicilianu: Pitròliu
Scots: Petroleum
srpskohrvatski / српскохрватски: Nafta
සිංහල: ඛනිජ තෙල්
Simple English: Petroleum
slovenčina: Ropa
slovenščina: Nafta
Soomaaliga: Shidaal
shqip: Nafta
српски / srpski: Нафта
Basa Sunda: Minyak bumi
svenska: Petroleum
тоҷикӣ: Нафт
Türkçe: Petrol
татарча/tatarça: Нефть
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: نېفىت
українська: Нафта
اردو: پٹرولیم
oʻzbekcha/ўзбекча: Neft
vèneto: Petrolio
vepsän kel’: Kivivoi
Tiếng Việt: Dầu mỏ
walon: Petrole
吴语: 石油
მარგალური: ნაფთობი
ייִדיש: נאפט
中文: 石油
文言: 石油
Bân-lâm-gú: Chio̍h-iû
粵語: 石油