Pedro Armendáriz

Pedro Armendáriz
EvilElKerimCaptSindbad1963Trailer.jpg
Nome completoPedro Gregorio Armendáriz Hastings
Nacemento9 de maio de 1912
LugarChurubusco, Cidade de México, México
Falecemento18 de xuño de 1963 (51 anos)
LugarOs Ánxeles, EUA
Causaferida por arma de fogo
NacionalidadeMéxico
Educado enCalifornia Polytechnic State University
FillosPedro Armendáriz Jr.
Profesiónactor e actor de cinema
editar datos en Wikidata ]

Pedro Gregorio Armendáriz Hastings, nado en Churubusco (Cidade de México) o 9 de maio de 1912 e finado nos Ánxeles o 18 de xuño de 1963, foi un actor da chamada "Época de Ouro do cinema mexicano", ademais de traballar tamén en Hollywood e en Europa.

Traxectoria

Era fillo do mexicano Pedro Armendáriz García-Conde e a estadounidense Adela Hastings. Viviu cos seus pais en Texas e estudou en California, onde rematou a súa carreira de enxeñaría na Escola Politécnica de California.

Ao acabar os seus estudos mudouse á Cidade de México, onde se empregou como ferrocarrileiro, guía de turistas e xornalista da revista bilingüe México Real. Foi descuberto polo director de cine Miguel Zacarías cando Pedro recitaba o monólogo de Hamlet a unha turista estadounidense. Filmou a súa primeira película aos 22 anos e, desde aquela, actuou en ducias de filmes alternando o cine mexicano co estadounidense. Foi o actor favorito de Emilio Fernández, con quen realizaría algunhas das súas mellores películas como Soy puro mexicano (1941), Flor Silvestre (1942), María Candelaria (1943), Bugambilia (1945), Enamorada (1946) ou La Perla (1947), alternando con figuras tan míticas como Dolores del Río e María Félix. Tamén participou en producións de Francia, España, Italia e Inglaterra. En Hollywood, foi coñecido polo seu traballo en filmes como Fort Apache (1948), e ten actuado ás ordes de directores como John Ford, John Huston ou Michael Curtiz.

En 1956 participou na película The Conqueror producida por Howard Hughes. Esta foi rodada no estado norteamericano de Utah nunha época na cal o goberno norteamericano realizaba probas nucleares no veciño estado de Nevada. 91 das 220 persoas involucradas na produción da película enfermaron de cáncer e 46 destas morreron a consecuencia desta enfermidade, entre elas, os actores John Wayne (cancro de estómago e pulmón), Susan Hayward (cancro de cerebro), Agnes Moorehead (cancro de pulmón), John Hoyt (cancro de pulmón). Ademais destes, o director da película, Dick Powell (cancro de glándulas linfáticas) tamén finou. Pedro Armendáriz empezou a sufrir dores na cadeira e anos despois atopóuselle cancro. Ao saber da súa mortal enfermidade e que tiña metástase, durante a súa estancia no hospital da Universidade de California nos Ánxeles (UCLA) Pedro optou polo suicidio cun tiro no peito o 18 de xuño de 1963.

Other Languages
Kreyòl ayisyen: Pedro Armendáriz
Bahasa Indonesia: Pedro Armendáriz
Lëtzebuergesch: Pedro Armendáriz
Plattdüütsch: Pedro Armendáriz
Nederlands: Pedro Armendáriz
português: Pedro Armendáriz
srpskohrvatski / српскохрватски: Pedro Armendáriz
Simple English: Pedro Armendáriz
українська: Педро Армендаріс