Pata (artrópodos)

Artellos da pata dunha araña: 1. Coxa. 2. Trocánter. 3. Fémur. 4. Patela. 5. Tibia. 6. Metatarso. 7. Tarso. 8. Pretarso (uñas).

As patas dos artrópodos son apéndices articulados usados para camiñar ou nadar.

Moitos dos termos usados para denominar os artellos ou segmentos da pata dos artrópodos veñen do latín, e poden ser confundidos con termos usados para nomear ósos: coxa (significando cadeira), trocánter (comparábel ao trocánter maior e ao trocánter menor), fémur, tibia e tarso, que se pode subdividir até en 5 partes.

Homoloxías

As homoloxías entre os segmentos das patas entre os diferentes grupos de artrópodos son difíciles de probar e son fonte de moita controversia. Algúns autores sosteñen que a pata do ancestro común máis recente dos artrópodos tiña 11 segmentos,[1] pero os artrópodos modernos teñen só oito ou menos.

Tamén se ten discutido que as patas ancestrais non necesitarían seren tan complexas ncomo as dos artrópodos actuais, e isto, sumado a outros factores, daría lugar á perda da función dun xene, o cal podería derivar nunha paralela reordenación dos segmentos.[2][3]

O fémur é un dos artellos das patas dos artrópodos (insectos e arácnidos) que non guardan homoloxía entre si, nin con o fémur dos vertebrados terrestres.

Other Languages
English: Arthropod leg
日本語: 関節肢
Nederlands: Coxa
українська: Ноги комах