Partido Popular

Partido Popular (PP)
Partido político de España
PP 2015.png
Dirixentes e organización
LíderPablo Casado Blanco
(Presidente)
Teodoro García Egea
(Secretario Xeral)
MocidadesNovas Xeracións do Partido Popular
Filiación internacionalUnión Internacional Demócrata
Internacional Demócrata Cristiana
Partido Popular Europeo
Historia
Fundación20 de xaneiro de 1989
Posicións políticas
IdeoloxíaConservadorismo
Democracia cristiá
Liberalismo
Constitucionalismo
Representación
Congreso dos Deputados
137 / 350
Senado
130 / 266
Parlamentos autonómicos
338 / 1.268
Concelleiros
22.750 / 67.611
Europarlamento
16 / 54
Outros datos
SedeGénova, 13. 28004, www.pp.es

O Partido Popular (PP) é un partido político conservador español situado no centro dereita ou a dereita política. Foi fundado en 1989, cando adoptou a súa denominación actual, que substituíu á de Alianza Popular, partido fundado en 1976 por Manuel Fraga (ministro durante a época franquista).

É un dos partidos maioritarios de España. O PP é o partido do goberno de España, ten maioría simple no Congreso dos Deputados, maioría absoluta no Senado e goberna en cinco comunidades autónomas, así como en Ceuta e Melilla. É, coas presidencias de José María Aznar e Mariano Rajoy, a segunda formación que máis anos gobernou o país desde o restablecemento da democracia, por detrás do PSOE.

Historia

En 1979 o presidente de Alianza Popular, Manuel Fraga obtén uns discretos resultados nas eleccións (10 escanos). Trala desfeita da UCD en 1981, Alianza Popular fusionaríase con algúns partidos daquela coalición (Partido Liberal, Partido Demócrata Popular, Centristas de Galicia liberais, democristiáns e galeguistas respectivamente), para presentarse ás eleccións de 1982 co nome de Coalición Popular. Ese ano pasa a ser o principal partido da oposición con 107 escanos. En 1986 Manuel Fraga dimite como líder do partido e é substituído por Antonio Hernández Mancha.

Este cambio na cúpula non mellora as cousas para o partido, perdendo as eleccións de 1986 ante a revalidación da maioría absoluta do PSOE. En 1989 convócase un novo congreso no cal se perfila o partido dun xeito máis liberal ca conservador. Francisco Álvarez Cascos é nomeado secretario xeral do partido. José María Aznar (presidente de Castela e León) é proposto por Fraga candidato das eleccións xerais. O partido pásase a chamar Partido Popular.

En 1996 o Partido Popular gaña por primeira vez as eleccións. Javier Arenas Bocanegra substitúe a Álvarez Cascos na dirección do partido. O partido abandona a Internacional conservadora e adscríbese á Internacional demócrata cristiá. En 2000 o Partido Popular obtén a maioría absoluta. No 2003 Mariano Rajoy é elixido por Aznar como sucesor. Nas eleccións do 2004 o PP verase superado por unha ampla marxe polo PSOE. Ángel Acebes pasa a ser secretario xeral do partido, que mantén a maioría no Senado. Logo das eleccións xerais de 2008 o PP declarou o seu carácter de partido centrista e reformista, abríndose un forte debate interno sobre o tipo de oposición a realizar sobre as súas relacións con outras forzas políticas, especialmente as nacionalistas. O Congreso Nacional do PP apoia as teses de Mariano Rajoy, reelixíndoo como presidente, con María Dolores de Cospedal como secretaria xeral.

Other Languages
aragonés: Partido Popular
asturianu: Partido Popular
беларуская (тарашкевіца)‎: Народная партыя (Гішпанія)
español: Partido Popular
euskara: PP
estremeñu: Partido Popular
hrvatski: Partido Popular
Bahasa Indonesia: Partai Rakyat (Spanyol)
Lëtzebuergesch: Partido Popular
lumbaart: Partido Popular
srpskohrvatski / српскохрватски: Narodna stranka (Španija)