Partido Comunista de Chile

Partido Comunista de Chile
Partido político de Chile
Dirixentes e organización
LíderGuillermo Teillier
Filiación internacionalForo de São Paulo
Historia
Fundación1912 (Partido Obrero Socialista) e 1922 (nome actual)[1]
Posicións políticas
IdeoloxíaComunismo, Marxismo-leninismo
Outros datos
SedeVicuña Mackenna 31 – Santiago de Chile
Páxina webwww.pcchile.cl

O Partido Comunista de Chile, o PCCh, é un partido político chileno de esquerdas. O partido adopta a estrutura e ideoloxía marxista-leninista e é membro do Foro de São Paulo. O PCCh é liderado actualmente por Guillermo Teillier.

Os seus orixes comezan coa fundación do partido no ano 1912 por Luis Emilio Recabarren co nome de Partido Obrero Socialista, e no ano 1922 foi fundado co nome actual. O partido foi parte da Unidade Popular en 1970 e apoiou a candidatura de Salvador Allende. Despois foi prohibido baixo o goberno militar da ditadura de Augusto Pinochet entre os anos 1973 e 1990.

Entre os seus militantes máis destacados e coñecidos tamén se encontran: Luis Emilio Recabarren, Elías Lafferte, Pablo Neruda, Violeta Parra, Víctor Jara, Gladys Marín, Volodia Teitelboim e Camila Vallejo. A súa organización xuvenil son as Xuventudes Comunistas de Chile.

Nas eleccións parlamentarias do ano 2009, consigue lograr 3 deputados: Hugo Gutiérrez, Guillermo Teillier e Lautaro Carmona, logo de 37 anos sen representación no parlamento chileno.

Na actualidade, o partido protesta contra o goberno do presidente da república Sebastián Piñera tendo os mesmos tres deputados e tamén publica un xornal chamado El Siglo.

Notas

  1. Resumen de la Historia del Partido Comunista de Chile, Consultado o 27 de decembro de 2013 (en castelán)
Other Languages
Bahasa Indonesia: Partai Komunis Chili
日本語: チリ共産党
한국어: 칠레 공산당
srpskohrvatski / српскохрватски: Komunistička partija Čilea