Pantano
English: Marsh

Pantano de Lütt-Wirr, Alemaña.
Pantano de auga doce en Florida.
Belarús.

Un pantano é unha zona húmida plana e pouco profunda co fondo xeralmente cuberto de lodo, onde vive vexetación herbácea adaptada, arbustiva e arbórea, que pode ter augas permanentes ou non, doces, salobres ou salgadas.[1] Moitos pantanos orixínanse ao longos dos ríos, en vales e zonas baixas, e zonas abandonadas polos ríos como meandros e leitos fluviais abandonados,[2] pero tamén en zonas costeiras e ribeiras de lagos.[3] As augas dos pantanos flúen lentamente ou están encoradas, polo que neles se acumula materia orgánica e poden crecer bacterias que orixinan o "gas dos pantanos" (metano). En primitivos pantanos orixináronse depósitos que darían lugar á turba e ao carbón. Como o nivel das augas é con fecuencia flutuante, a vexetación ten que estar adaptada a períodos de inundación.[4] As especies dominantes varían segundo o tipo de pantano e a zona do mundo, pero nos pantanos europeos abundan as plantas poáceas, tifáceas, xuncáceas, e ciperáceas, e outras plantas acuáticas. Algunhas das zonas pantanosas máis extensas do mundo atópanse ao longo dos maiores ríos, como o Amazonas, Mississippi, e Congo.[5] Adoitan ter un gran valor ecolóxico.

As zonas similares situadas nas costas inundadas periodicamente pola marea nas que crecen mangleiros e outros seres vivos halófilos, denomínanse mangleirais. Outros pantanos costeiros con influencia das mareas son as marismas.

Valor e produtividade

Tradicionalmente, os pantanos e outras zonas húmidas eran considerados de escaso valor, improdutivos e mesmo insáns e eran utilizados principalmente como zona de caza e pesca, polo que o máis habitual era que se procurase desecalos para utilizar as terras para a agricultura ou expansión urbana, ou para evitar enfermidades transmitidas por insectos.[6] Algúns pantanos costeiros drenáronse construíndo canais e gavias de drenaxe, que ao final deixaron entrar a auga do mar e acabaron convertendo os pantanos en marismas ou mesmo desapareceron sendo ocupados polo mar, como ocorreu en zonas de Luisiana, EUA.[1][7] En Europa probablemente se perderon case a metade das zonas húmidas debido á súa drenaxe.[6] En Nova Zelandia perderuse o 90 % en só 150 anos.[8]

Actualmente recoñécese o seu importante valor ecolóxico como hábitat dunha gran biodiversidade de seres vivos, e por proporcionar auga e oxíxeno, e o control de inundacións,[9] polo que adoitan contar con protección legal para a súa conservación. Algúns pantanos de zonas inundables son moi importantes para a reprodución dos peixes.[10] En Europa estanse a facer grandes esforzos na restauración de moitas zonas pantanosas,[2] igual que noutras partes do mundo.[2][11][12]

Other Languages
aragonés: Paúl
العربية: هور
asturianu: Banzáu
Aymar aru: Juqhu
azərbaycanca: Bataqlıq
Boarisch: Moos
беларуская: Балота
беларуская (тарашкевіца)‎: Балота
български: Блато
bosanski: Močvara
català: Pantà
Deutsch: Sumpf
Ελληνικά: Έλος
emiliàn e rumagnòl: Padóll
English: Marsh
Esperanto: Marĉo
español: Pantano
eesti: Padur
euskara: Padura
فارسی: مرداب
français: Marais
Frysk: Sompe
Gaeilge: Corcach
Gàidhlig: Boglach
Avañe'ẽ: Yapo
עברית: ביצת עשב
हिन्दी: दलदल
hrvatski: Močvara
magyar: Mocsár
Bahasa Indonesia: Paya
Ido: Marsho
italiano: Palude
日本語:
ქართული: მარშები
қазақша: Батпақ
ಕನ್ನಡ: ಜೌಗು ನೆಲ
한국어: 소택
Latina: Aquatica
Bahasa Melayu: Rawang
Nedersaksies: Moor (toponiem)
Nederlands: Moeras
norsk nynorsk: Sump
norsk: Sump
Nouormand: Mathais
occitan: Palun
polski: Bagno
português: Pântano
русский: Болото
sicilianu: Margiu
srpskohrvatski / српскохрватски: Močvara
සිංහල: වගුරු
Simple English: Marsh
slovenčina: Močiar
српски / srpski: Мочвара
тоҷикӣ: Ботлоқ
Türkçe: Bataklık
українська: Болото
vèneto: Pałù
Tiếng Việt: Đồng lầy
中文: 草沼