Palmira

Palmira
ܬܕܡܘܪܬܐ (en Arameo)
تدمر (en árabe)
Temple of Bel, Palmyra 15.jpg
Ruínas dun templo Romano no medio da antiga cidade de Palmira.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísFlag of Syria.svg Siria
Localización34°33′36″N 38°16′02″L / 34°33′36″N 38°16′02″L / -38.26722
TipoCultural
CriteriosI, II, IV
Inscrición1980 (4ª sesión)
Rexión da UNESCO23

Palmira (árabe: تدمر; Tadmur; arameo: ܬܕܡܘܪܬܐ; hebreo: תַּדְמוֹר; grego antigo: Παλμύρα) foi unha antiga cidade aramea no centro de Siria. Na antigüidade, era unha importante cidade situada nun oasis a 215 km ao nordeste de Damasco[1] e 180 km ao suroeste do río Éufrates en Deir ez-Zor. Foi durante moito tempo unha importante parada de caravanas para os viaxeiros que cruzaban o deserto sirio e foi coñecida como a Noiva do Deserto. A primeira referencia documentada á cidade polo seu nome semítico Tadmor, Tadmur ou Tudmur (que significa "a cidade que repele" en Amorite e "o pobo indomable" en arameo)[2] rexístrase nas táboas Babilonias atopadas en Mari.[3]

Aínda que o antigo lugar caeu en desuso despois do século XVI, aínda se coñece como Tadmor en árabe.[4][5] Hai unha nova cidade do mesmo nome xunto ás ruínas.[6] Os palmireños construíron unha serie de monumentos a grande escala que conteñen arte funeraria, como lousas de pedra calcaria con bustos humanos representando as persoas falecidas.

Durante a guerra civil siria en 2015, Palmira quedou baixo o control do Estado Islámico de Iraq e Levante (ISIL), e posteriormente cambiou de mans varias veces entre este grupo militar e o exército sirio que retomou a cidade o 2 de marzo de 2017. ISIL saboteou moitos artefactos e destruíu unha serie de edificios, danando considerablemente o sitio antigo.

Cultura

Os palmireños levaban nomes arameos,[7][8][9] e adoraron a unha variedade de deidades de Mesopotamia ( Marduk e Ruda),[10] sirias ( Hadad, Baal, Astarte),[10] árabes ( Allāt) e gregas (Atenea)[11] Os Palmireños eran orixinalmente falantes de arameo occidental, unha lingua do mesmo grupo que o nabateo e o arameo falado en Exipto, pero máis tarde cambiaron ao grego. No momento das conquistas islámicas Palmira foi habitada por varias tribos árabes, principalmente a Qada'ah e Kalb.[12]

Other Languages
Afrikaans: Palmyra
العربية: تدمر
asturianu: Palmira
azərbaycanca: Palmira
беларуская: Пальміра
български: Палмира
বাংলা: পালমিরা
català: Palmira
нохчийн: Пальмира
کوردی: تەدمور
čeština: Palmýra
Чӑвашла: Пальмира
Cymraeg: Palmyra
dansk: Palmyra
Deutsch: Palmyra
Ελληνικά: Παλμύρα
English: Palmyra
Esperanto: Palmira
español: Palmira
euskara: Palmira
فارسی: پالمیرا
suomi: Palmyra
français: Palmyre
Gaeilge: Palmyra
עברית: תדמור
हिन्दी: पलमीरा
hrvatski: Palmira
magyar: Palmüra
հայերեն: Պալմիրա
Bahasa Indonesia: Tadmur
íslenska: Palmýra
italiano: Palmira
日本語: パルミラ
ქართული: პალმირა
қазақша: Пальмира
한국어: 팔미라
Latina: Palmyra
Lëtzebuergesch: Palmyra
lietuvių: Palmyra (Sirija)
latviešu: Palmīra
مازِرونی: پالمیرا
नेपाली: पलमेरा
Nederlands: Palmyra (Syrië)
norsk nynorsk: Palmyra
norsk: Palmyra
ਪੰਜਾਬੀ: ਪਾਲਮੀਰਾ
پښتو: پالمیرا
português: Palmira
română: Palmira
русский: Пальмира
sicilianu: Palmira
Scots: Palmira
srpskohrvatski / српскохрватски: Palmira
Simple English: Palmyra
slovenčina: Palmýra
slovenščina: Palmira
shqip: Palmira
српски / srpski: Палмира
svenska: Palmyra
தமிழ்: பல்மைரா
Türkçe: Palmira
татарча/tatarça: Palmira
українська: Пальміра
اردو: تدمر
oʻzbekcha/ўзбекча: Palmira
Tiếng Việt: Palmyra
მარგალური: პალმირა (სირია)
中文: 巴尔米拉
Bân-lâm-gú: Palmyra