Paleóxeno

Era [1]PeríodoÉpocaMillóns de anos
CenozoicoCuaternarioHoloceno0,011784
Plistoceno2,588
NeóxenoPlioceno5,332
Mioceno23,03
PaleóxenoOligoceno33,9 ±0,1
Eoceno55,8 ±0,2
Paleoceno65,5 ±0,3
Durante o paleóxeno aparecen e diversifícanse os équidos, como Hyracotherium (na ilustración) ou Mesohippus.

O paleóxeno (escrito ás veces paleoxeno), tamén coñecido como terciario temperán, é, na escala de tempo xeolóxico, un período xeolóxico, o que inicia a era Cenozoica.

Comenzou hai 65,5 ± 0,3 millóns de anos e acabou hai 23,03 millóns de anos.[2][3][4] Cunha duración, por tanto, duns 43 millóns de anos, o paleóxeno destacou especialmente pola evolución dos mamíferos a partir de especies pequenas e relativamente pouco importantes como o eran a finais do cretáceo.

Divídese en paleoceno, eoceno e oligoceno.

O período paleóxeno marcou un tempo de transición na historia da Terra. O cambio climático máis profundo foi o arrefriamento que fixo medrar as rexións polares. No ámbito global formáronse cadeas montañosas actuais en América do Norte (Sierra Nevada e Montañas Rochosas) e en Europa (Alpes, cadeas Ibéricas, Béticas, Pireneo e Cantábrica). Os sedimentos que rexistran estes e outros sucesos cenozoicos están, na súa maioría, non consolidados, a excepción de carbonatos e algúns silicatos litificados.

Os organismos que permaneceron nos océanos son os taxons que persisten hoxe en día. Sobre a Terra, as anxiospermas do paleóxeno eran parecidas ás do cretáceo superior. A vida animal cambiou drasticamente; os mamíferos, en xeral pequenos ao inicio do paleóxeno, xa eran moi parecidos aos actuais a finais do período. Importantes no período foron: Mesohippus (cabalos), foraminíferos, monos, plantas con flor, a diversificación dos mamíferos, a formación do carbón, os Alpes e, en Sudamérica, a subdución de tipo Andino.

Notas

  1. As cores corresponden aos códigos RGB aprobados pola Comisión Internacional de Estratigrafía. Dispoñíbel no sitio da International Commision on Stratigraphy, en Standard Color Codes for the Geological Time Scale.
  2. Global Boundary Stratotype Section and Point (GSSP) of the International Commission of Stratigraphy, Status on 2009.
  3. International Stratigraphic Chart, 2008
  4. "Whatever happened to the Tertiary and Quaternary?"
Other Languages
Afrikaans: Paleogeen
Alemannisch: Paläogen
العربية: باليوجين
asturianu: Paleóxenu
azərbaycanca: Paleogen
беларуская (тарашкевіца)‎: Палеаген
български: Палеоген
brezhoneg: Paleogenel
català: Paleogen
čeština: Paleogén
Cymraeg: Paleogen
dansk: Palæogen
Deutsch: Paläogen
English: Paleogene
Esperanto: Paleogeno
español: Paleógeno
eesti: Paleogeen
euskara: Paleogeno
فارسی: پالئوژن
français: Paléogène
עברית: פלאוגן
hrvatski: Paleogen
magyar: Paleogén
հայերեն: Պալեոգեն
Bahasa Indonesia: Paleogen
italiano: Paleogene
日本語: 古第三紀
한국어: 고제3기
Lëtzebuergesch: Paleogen
lietuvių: Paleogenas
latviešu: Paleogēns
മലയാളം: പാലിയോജീൻ
Bahasa Melayu: Paleogen
Plattdüütsch: Paläogen
Nederlands: Paleogeen
norsk nynorsk: Paleogen
norsk: Paleogen
occitan: Paleogèn
polski: Paleogen
Piemontèis: Paleocen
پنجابی: پیلیوجین
português: Paleogeno
română: Paleogen
саха тыла: Палеоген
Scots: Palaeogene
srpskohrvatski / српскохрватски: Paleogen
Simple English: Palaeogene
slovenčina: Paleogén
slovenščina: Paleogen
српски / srpski: Paleogen
svenska: Paleogen
Tagalog: Paleohene
Türkçe: Paleojen
українська: Палеоген
oʻzbekcha/ўзбекча: Paleogen sistemasi
Tiếng Việt: Kỷ Paleogen
中文: 古近纪
Bân-lâm-gú: Kó͘-chiâⁿ-kí
粵語: 古近紀