Pío XI, papa

Pío XI
Papst Pius XI. 1JS.jpg
Pío XI en 1930
Papa da Igrexa católica
Biografía
Nacemento31 de maio de 1857 en Desio, Reino de Lombardía-Venecia
Pasamento10 de febreiro de 1939 na Cidade do Vaticano
Nome secularAmbrogio Damiano Achille Ratti
Ordes
Ordenación sacerdotal20 de decembro de 1879
Consagración episcopal28 de outubro de 1919, por Aleksander Kakowski
Creado cardeal13 de xuño de 1921, por Bieito XV
Elixido papa6 de febreiro de 1922
Papa
1922 - 1939
PredecesorBieito XV
SucesorPío XII
Outros
Pio Undicesimo.svg
Escudo de Pío XI
Raptim Transit
Ficha en catholic-hierarchy.org

Pío XI, nado en Desio o 31 de maio de 1857 e finado en Roma o 10 de febreiro de 1939, foi o 259º papa da Igrexa católica entre 1922 e 1939, bispo de Roma e soberano da Cidade do Vaticano desde 1922 ata a súa morte.

Traxectoria

Primeiros anos e estudos

Nado como Achille Damiano Ambrogio Ratti en (Desio, naquela altura Reino de Lombardía-Venecia), cuarto fillo de Francesco Rati, director dunha fábrica téxtil, e de Teresa Galli. Comezou os seus estudos na escola elemental de Desio, e aos dez anos ingreso no Seminario Menor de Seveso, posteriormente estuda no Seminario de Monza e no Colexio de San Carlos de Milán, onde remata os seus estudos secundarios.

Comeza os seus estudos de teoloxía no Seminario da mesma cidade de Milán , que continúa en Roma, no Seminario Lombardo. O 20 de decembro de 1879 é ordenado sacerdote na basílica de San Xoán de Latrán.

Era un home dotado para o estudo e dunha grande erudición, tanto que os seus estudos de Filosofía chamaron a atención do papa León XIII. O ano 1882 será o da súa tripla licenciatura. O 13 de marzo na Pontificia Facultade della Sapienza consegue a titulación en teoloxía; o 9 de xuño, na Universidade Gregoriana, licenciase en dereito canónico e o 23 de xuño, sempre no mesmo ano, na Pontificia Academia de San Tomé, a licenciatura en filosofía.

Ao mesmo tampo chamaa atención na súa biografía que era un excelente atleta, gran afeccionado ao alpinismo. De feito, foi dos primeiros en escalar o Mont Blanc.

Milán

Comezou como profesor de oratoria sagrada e teoloxía dogmática no seminario de Milán. Máis tarde entrará a traballar como investigador na prestixiosa Biblioteca Ambrosiana da mesma cidade, onde chegou ó máis alto grao. Chamado por San Pío X a Roma, en 1914 convértese en Viceprefecto da Biblioteca Vaticana.

Tras a Primeira Guerra Mundial, en 1918 o Papa Bieito XV nomeouno Visitador apostólico en Polonia, cargo que se converteu en Nuncio en 1919. Pero era un home de carácter enérxico e escasas dotes diplomáticas, e pola súa actitude sobre os plebiscitos na Alta Silesia e en Prusia Occidental, que provocou o descontento de tódalas partes, o goberno polaco solicita ao Vaticano a súa marcha.

En 1921, foi creado cardeal e nomeado arcebispo de Milán. Volveu á súa cidade de orixe e destacou pola súa capacidade de traballo, a pesar do pouco tempo que exerceu este posto deixou obras como a Universidade Pontificia do Sacro Cuore, que no seu pensamento, era a continuación case natural da longa e prestixiosa tradición da Biblioteca Ambrosiana.

Other Languages
Afrikaans: Pous Pius XI
aragonés: Pío XI
Aymar aru: Piyu XI
azərbaycanca: XI Piy
Boarisch: Pius XI.
беларуская: Пій XI (Папа Рымскі)
български: Пий XI
brezhoneg: Pi XI
català: Pius XI
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Gáu-huòng Pius 11-sié
čeština: Pius XI.
kaszëbsczi: Papiéż Pius XI
Cymraeg: Pab Pïws XI
Deutsch: Pius XI.
dolnoserbski: Pius XI.
Ελληνικά: Πάπας Πίος ΙΑ΄
English: Pope Pius XI
Esperanto: Pio la 11-a
español: Pío XI
eesti: Pius XI
euskara: Pio XI.a
suomi: Pius XI
français: Pie XI
Gaeilge: Pápa Pius XI
Gàidhlig: Pàpa Pius XI
客家語/Hak-kâ-ngî: Kau-fòng Pius 11-sṳ
hrvatski: Pio XI.
hornjoserbsce: Pius XI.
հայերեն: Պիոս XI
Bahasa Indonesia: Paus Pius XI
Ilokano: Papa Pio XI
íslenska: Píus 11.
italiano: Papa Pio XI
Basa Jawa: Paus Pius XI
ქართული: პიუს XI
Latina: Pius XI
Lëtzebuergesch: Pius XI. (Poopst)
lingála: Pápa Pie XI
lietuvių: Pijus XI
latviešu: Pijs XI
македонски: Папа Пиј XI
Bahasa Melayu: Paus Pius XI
Nederlands: Paus Pius XI
norsk nynorsk: Pave Pius XI
norsk: Pius XI
occitan: Piu XI
Kapampangan: Papa Piu XI
polski: Pius XI
português: Papa Pio XI
Runa Simi: Piyu XI
русский: Пий XI
sicilianu: Piu XI
srpskohrvatski / српскохрватски: Pio XI.
Simple English: Pope Pius XI
slovenčina: Pius XI.
slovenščina: Papež Pij XI.
српски / srpski: Папа Пије XI
svenska: Pius XI
Kiswahili: Papa Pius XI
Tagalog: Papa Pio XI
Türkçe: XI. Pius
татарча/tatarça: Пий XI
українська: Пій XI
vèneto: Papa Pio XI
Tiếng Việt: Giáo hoàng Piô XI
West-Vlams: Paus Pius XI
Winaray: Papa Pío XI
Yorùbá: Pópù Pius 11k
Bân-lâm-gú: Kàu-hông Pius 11-sè