Otto Stuppacher

Otto Stuppacher
Carreira na Fórmula 1
NacionalidadeAustria Austria
Anos en activo1976
Escudería(s)Tyrrell privado
Grandes Premios disputados3 (0 saídas)
Campionatos0
Vitorias0
Podios0
Pole positions0
Voltas rápidas0
Primeiro GPGran Premio de Italia de 1976
Derradeiro GPGran Premio dos Estados Unidos de 1976


Otto Stuppacher (nodo o 3 de marzo de 1947, finou o 13 de agosto de 2001)[1] foi un piloto de competición nado en Viena, Austria. Competiu en subidas de montaña e carreiras de coches deportivos antes de entrar na Fórmula 1 en 1976, cun Tyrrell 007. Negóuselle a participación no Gran Premio de Austria de 1976, xunto ao seu compañeiro de equipo Karl Oppitzhauser, malia tratar de propoñer unha petición dos outros equipos.

No Gran Premio de Italia de 1976 non puido cualificar por unha marxe considerable, pero posteriormente foi promocionado na cualificación cando outros tres coches foron eliminados debido a irregularidades no combustible. Desafortunadamente, Stuppacher xa marchara do circuíto e volvera a casa, e non puido regresar ao circuíto a tempo para correr. Os tres corredores degradados foron finalmente re-admitidos logo da retirada de Stuppacher e Arturo Merzario.

Stuppacher non puido cualificarse nos seus outros dous intentos en 1976, o Gran Premio do Canadá de 1976 e o Gran Premio dos Estados Unidos de 1976, este último a máis de 27 segundos do tempo do pole James Hunt. Ata a data, esta diferenza entre a pole position e o tempo máis lento durante a cualificación nunha carreira oficial de Fórmula Un é unha marcaque aínda se mantén hoxe.[Cómpre referencia]

Non está claro canto en cantas carreiras competíu Stuppacher logo de 1976, e sábese moi pouco del ata que foi atopado morto no seu apartamento de Viena en 2001.

Notas

  1. Jenkins, Richard. "The World Championship drivers - Where are they now?". OldRacingCars.com. Consultado o 2007-07-29. 
  2. Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 414. ISBN 0851127029. 
Other Languages
български: Ото Щупахер
italiano: Otto Stuppacher
Malagasy: Otto Stuppacher
Nederlands: Otto Stuppacher
português: Otto Stuppacher
slovenščina: Otto Stuppacher