Otto Fritz Meyerhof

Otto Fritz Meyerhof
Nobel prize medal.svg
Otto Fritz Meyerhof.jpg
Datos persoais
Nacemento12 de abril de 1884
LugarHannover (Alemaña)
Falecemento6 de outubro de 1951
LugarFiladelfia (EUA)
CausaInfarto agudo de miocardio
ResidenciaAlemaña, EUA
NacionalidadeAlemá
FillosWalter Meyerhof
Actividade
Campomedicina, fisioloxía, bioquímica
Alma máterStrasbourg Heidelberg
Director de teseOtto Heinrich Warburg
Contribucións e premios
Coñecido porAtopar a relación entre o consumo de osíxeno e o metabolismo do ácido láctico nos músculos.
PremiosPremio Nobel de Medicina (1922)
editar datos en Wikidata ]

Otto Fritz Meyerhof, nado en Hannover o 12 de abril de 1884 e finado en Filadelfia (EUA) o 6 de outubro de 1951, foi un fisiólogo alemán.

  • traxectoria

Traxectoria

Realizou os estudos de Medicina en Friburgo e Estrasburgo, e o doutoramento en Heidelberg. Traballou no instituto de Fisioloxía e Bioloxía de Kiel. Foi director do instituto de Fisioloxía e Bioloxía Wilhelm Kaiser, Berlín.

O ascenso do partido nazi obrigou a Meyerhof, de orixe xudía, a emigrar a París, e posteriormente a Estados Unidos. Foi profesor de fisioloxía na Universidade de Pensilvania, e faleceu en Filadelfia, en 1951.

Os seus traballos orientáronse, preferentemente, no proceso químico que se verifica na combustión da glicosa presente no organismo e na liberación de enerxía que se desprende en toda contracción muscular.

Meyerhof comprobou que se a contracción muscular se produce en presenza de osíxeno, a glicosa transfórmase en ácido láctico e este, pola presenza do osíxeno, en anhídrido carbónico e auga.

Obtivo o Premio Nobel de Medicina en 1922, compartido con Archibald Vivian Hill.

Other Languages
العربية: أوتو مايرهوف
беларуская: Ота Меергоф
български: Ото Майерхоф
Bahasa Indonesia: Otto Meyerhof
Plattdüütsch: Otto Fritz Meyerhof
Simple English: Otto Fritz Meyerhof
slovenščina: Otto Fritz Meyerhof
svenska: Otto Meyerhof
Kiswahili: Otto Meyerhof
українська: Отто Меєргоф
oʻzbekcha/ўзбекча: Otto Fritz Meyerhof
Tiếng Việt: Otto Fritz Meyerhof