Os tres mosqueteiros

D'Artagnan e os tres mosqueteiros nunha ilustración de Maurice Leloir para a edición da obra da editorial Calmann Lévy en 1894. Os seus retratos dos personaxes convertéronse nos canónicos

Os tres mosqueteiros (en francés Les Trois Mousquetaires) é unha novela de Alexandre Dumas , escrita en francés no ano 1844 e publicada orixinalmente en forma de serie na revista Le Siècle entre marzo e xullo dese ano e uns meses despois editou nun volume a editorial Baudry e reeditado en 1846 J. B. Fellens e L. P. Dufour con ilustracións de Vivant Beaucé. Foi a primeira parte dunha triloxía coñecida como «dos mosqueteiros», que abrangue tamén Vingt ans après ( 1845) e Le Vicomte de Bragelonne ( 1847). Na orixe da novela está Les Mémoires de d’Artagnan (1700) de Gatien de Courtilz de Sandras que narra ficcionalmente a historia dun personaxe real, Charles de Batz-Castelmore, conde d'Artagnan. En galego apareceu por vez primeira no ano 2000 nunha tradución de Darío Xohán Cabana en dous volumes. [1]

Argumento

D'Artagnan segundo a primeira edición ilustrada. Vivant Beaucé (1849)

En 1625 o protagonista, d'Artagnan, un rapaz gascón que non domina moito o francés, viaxa á corte para entrar nos mosqueteiros en defensa do rei tanto contra os inimigos externos como internas e, especialmente contra o cardeal Richelieu. D'Artagnan é de orixe humilde, pero o seu pai coñecía o capitán da garda, que acepta facerlle unha entrevista. Antes desta entrevista, o rapaz gascón xa conseguira poñerse a mal, por varias razóns, con tres mosqueteiros: Athos, Porthos e Aramis. Os tres desafiárono en duelo, mais cando se vai celebrar o primeiro, contra Athos, aparece acompañado cos outros dous mosqueteiros como testemuñas. A partir dese momento, a obra segue as convencións da novela de aventuras, con enfrontamentos a espada, e unha posible historia de amor, tornándose nun clásico.

Other Languages
azərbaycanca: Üç muşketyor
беларуская: Тры мушкецёры
беларуская (тарашкевіца)‎: Тры мушкетэры
کوردی: سێ چەکدار
hrvatski: Tri mušketira
Bahasa Indonesia: Les Trois Mousquetaires
日本語: 三銃士
한국어: 삼총사
Lëtzebuergesch: Les Trois Mousquetaires
Nederlands: De drie musketiers
srpskohrvatski / српскохрватски: Les Trois Mousquetaires
Simple English: The Three Musketeers
slovenčina: Traja mušketieri
slovenščina: Trije mušketirji
српски / srpski: Три мускетара
українська: Три мушкетери
vepsän kel’: Koume mušketörad
中文: 三劍客
Bân-lâm-gú: Saⁿ Kiàm-kheh