Os Ánxeles

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

Os Ánxeles
Los Angeles
Flag of Los Angeles, California.svg
Seal of Los Angeles, California.svg
New LA Infobox Pic Montage 5.jpg
Os Ánxeles
Localización
Os Ánxeles en Estados Unidos
Os Ánxeles
Os Ánxeles
Os Ánxeles en California
Os Ánxeles
Os Ánxeles
PaísFlag of the United States.svg Estados Unidos de América
EstadoCalifornia state flag.png California
Xeografía
Altitude71 msnm
Superficie1290,6 km²
Demografía
Poboación3 857 799 hab.
Densidade3176 hab./km²
XentilicioAnxelino [Cómpre referencia]
Outros datos
AlcaldeEric Garcetti (Páxina oficial

Os Ánxeles[1][2][3][4], Los Angeles[5][6][7] ou Los Ángeles[8] (en inglésLos Angeles[lɔːs ˈændʒələs] (AFI)En-us-los-angeles.ogg escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelánLos Ángeles[los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade maior do estado de California en canto á poboación, e a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos de América. É unha cidade global con arredor de 3,8 millóns de habitantes e 1214,9 km². A área metropolitana dos Ánxeles - Long Beach - Santa Ana é, así mesmo, fogar de aproximadamente 13 millóns de persoas. A área máis grande dos Ánxeles acolle a unha zona moito maior, que consta de cinco condados e unha poboación aproximada de 18 millóns de persoas.

Os Ánxeles foi fundada en 1781 polo español Felipe de Neve. Formou parte de España e despois de México, cando México gañou a independencia de España en 1821, e ata 1848, cando México cedeu California aos Estados Unidos mediante un tratado ao rematar a guerra entre ámbolos dous. Non foi incorporada como cidade ata o 4 de abril de 1850, cinco meses antes de que California conseguira a condición de Estado. É a capital do condado dos Ánxeles, e o seu nome foi acurtado de "La Ciudad de Nuestra Señora la Reina de Los Ángeles de Porciúncula".

Os Ánxeles é un dos centros do mundo no referente a cultura, ciencia, tecnoloxía, comercio internacional e educación avanzada, e é a sede mundial de coñecidas institucións nun amplo campo profesional e cultural. A cidade e os seus arredores inmediatos lideran o mundo en producións de entretemento, tales como a industria cinematográfica, industria televisiva e industria discográfica, que son a base da fama internacional dos Ánxeles e do seu status global.

O nome da cidade é pronunciado /lɒs ˈændʒəˌlɪs/ polos seus residentes anglofalantes, e /los aŋheles/ polos seus hispanofalantes. Aos habitantes dos Ánxeles chámaselle ás veces "Angelenos" en inglés.

Historia

Artigo principal: Historia dos Ánxeles.

A área da costa dos Ánxeles estivo habitada polos tongva (ou gabrieleños), chumash, e por razas de nativos americanos durante miles de anos. Os primeiros europeos que chegaron fixérono en 1542, dirixidos por João Cabrilho, un explorador portugués que proclamou a área Cidade de Deus para o Imperio Español, pero non se quedou. O seguinte contacto foi 227 anos máis tarde cando Gaspar de Portolà, conxuntamente co franciscano pai Juan Crespi, chegaron ao lugar actual dos Ánxeles o 2 de agosto de 1769.

No 1771, o pai Junípero Serra construíu a misión San Gabriel Arcángel preto de Whittier Narrows no que agora é chamado o val de San Gabriel ( San Gabriel Valley). O 4 de setembro de 1781, un grupo de 52 colonos procedentes do vicerreinado de Nova España, nos que predominaban os descendentes africanos, saíron da misión de San Gabriel para estableceren unha colonia ao longo das ribeiras do río Porciúncula (agora o río dos Ánxeles). Os devanceiros destes colonos eran indios, filipinos e españois, dos cales dous terzos eran mestizos ou mulatos.

En 1777, o novo gobernador de California, Felipe de Neve, recomendou ao vicerreinado de Nova España que o lugar fora convertido nun "pueblo" (vila). No 1781 fundouse a cidade e foi chamada "El Pueblo de Nuestra Señora la Reina de los Ángeles del Río de Porciúncula," ("A vila da Nosa Señora a raíña dos Ánxeles do río de Porciúncula"). A igrexa de Nuestra Señora Reina de los Ángeles foi o corazón da colonia.

Quedou coma unha vila de ranchos durante décadas, pero arredor de 1820 a poboación crecera ata preto de 650 residentes, converténdose así na comunidade civilizada (non misión) máis grande da California española. Hoxe en día a denominación do "Pueblo" consérvase nun monumento histórico chamado familiarmente Olvera Street, antigamente Wine Street, chamado dese xeito por Agustín Olvera.

Nova España conseguiu a independencia do Imperio Español no 1821, e o "pueblo" seguiu como parte de México. O goberno mexicano rematou durante a guerra mexicano-estadounidense, cando os estadounidenses tomaron o control dos californianos tras unha serie de batallas defensivas que incluíron o asedio dos Ánxeles, a batalla de San Pascual, a batalla de Dominguez Rancho, e finalmente, a batalla do río San Gabriel e a batalla de La Mesa en 1847. O Tratado de Cahuenga, asinado o 13 de xaneiro de 1847, puxo fin á guerra de California. Máis tarde, co Tratado de Guadalupe Hidalgo no 1848, o goberno mexicano cedeulle formalmente Alta California e outros territorios aos Estados Unidos. Europeos e americanos asentaron o control sobre a cidade despois de ter inmigrado a California durante a Gold Rush (febre do ouro) e aseguraron a posterior admisión de California nos Estados Unidos en 1850.

O ferrocarril chegou cando o Pacífico Sur completou a súa liña até Os Ánxeles en 1876. O petróleo descubriuse no 1892, e arredor de 1923 Os Ánxeles estaba a producir un cuarto do petróleo do mundo. O que resultou aínda máis importante para o crecemento da cidade foi a auga: en 1913, conducido por William Mulholland, a finalización do acueduto asegurou o crecemento da cidade. No 1915, a Cidade dos Ánxeles comezou a anexión de ducias de comunidades de veciños que tiñan provisións de auga de seu. O filme de 1974 Chinatown presenta un relato ficticio da guerra da auga de Owens Valley.

Na década de 1920 as industrias cinematográfica e de aviación acudiron en grande número aos Ánxeles e axudaron co seu maior desenvolvemento. A cidade foi a orgullosa anfitrioa dos xogos Olímpicos de 1932 que viron o desenvolvemento das Baldwin Hills coma a vila Olímpica Orixinal. Este período tamén viu a chegada dos exiliados da tensión prebélica que se incrementaba en Europa, incluíndo a notables coma Thomas Mann, Fritz Lang, Bertolt Brecht, Arnold Schoenberg e Lion Feuchtwanger. A segunda guerra mundial levou novo crecemento e prosperidade á cidade, aínda que moitos dos seus residentes xaponés-americanos foron levados a campos de internamento durante o que durou a guerra. Os anos de posguerra viron aínda unha maior prosperidade e unha expansión descontrolada que levaron a cidade ata o Val de San Fernando.

Os disturbios de Watts de 1965 e os "rebentóns" de Chicano High School xunto coa Moratoria de Chicano de 1970 mostrou á nación as profundas divisións raciais que existían na cidade. En 1969, Os Ánxeles foi un dos dous lugares de nacemento da Internet, xa que a primeira transmisión ARPANET se enviou desde UCLA a SRI en Menlo Park. Os Ánxeles foi unha das primeiras cidades en aceptar un proxecto de lei sobre os dereitos dos homosexuais na década de 1970 e a primeira na que na década de 1980 se descubriu a SIDA.

Os Xogos Olímpicos de 1984 celebráronse nos Ánxeles. Entre mediados e finais dos anos oitenta Os Ánxeles foi a capital da escena da música heavy metal. A cidade foi de novo probada polos disturbios dos Ánxeles de 1992, o terremoto de Northridge de 1994, e no 2002, o intento de secesión por parte das seccións do Val de San Fernando e Hollywood da cidade, as cales foron rexeitadas nas votacións. A modernización urbana e o aburguesamento tiveron lugar en varias zonas da cidade, pero máis notablemente no Downtown ou centro.

Other Languages
Afrikaans: Los Angeles
Alemannisch: Los Angeles
aragonés: Los Angeles
Ænglisc: Los Angeles
العربية: لوس أنجلوس
asturianu: Los Angeles
Aymar aru: Los Angeles
azərbaycanca: Los-Anceles
تۆرکجه: لوس‌آنجلس
башҡортса: Лос-Анджелес
Boarisch: Los Angeles
žemaitėška: Los Andžels
Bikol Central: Los Angeles
беларуская: Лос-Анджэлес
беларуская (тарашкевіца)‎: Лос-Анджэлес
български: Лос Анджелис
Bislama: Los Angeles
bamanankan: Los Angeles
bosanski: Los Angeles
català: Los Angeles
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Los Angeles
нохчийн: Лос-Анджелес
Cebuano: Los Angeles
Tsetsêhestâhese: Los Angeles
čeština: Los Angeles
Чӑвашла: Лос-Анджелес
Cymraeg: Los Angeles
Deutsch: Los Angeles
Zazaki: Los Angeles
dolnoserbski: Los Angeles
डोटेली: लस एन्जलस
Ελληνικά: Λος Άντζελες
emiliàn e rumagnòl: Los Angeles
English: Los Angeles
Esperanto: Los-Anĝeleso
español: Los Ángeles
euskara: Los Angeles
estremeñu: Los Ángeles
فارسی: لس آنجلس
Na Vosa Vakaviti: Los Angeles
føroyskt: Los Angeles
français: Los Angeles
Nordfriisk: Los Angeles
furlan: Los Angeles
贛語: 洛杉磯
Gàidhlig: Los Angeles
Avañe'ẽ: Los Ángeles
ગુજરાતી: લોસ એન્જેલસ
客家語/Hak-kâ-ngî: Los Angeles
עברית: לוס אנג'לס
hornjoserbsce: Los Angeles
Kreyòl ayisyen: Los Angeles, Kalifòni
magyar: Los Angeles
հայերեն: Լոս Անջելես
interlingua: Los Angeles
Bahasa Indonesia: Los Angeles
Interlingue: Los Angeles
Ilokano: Los Angeles
ГӀалгӀай: Лос-Анджелес
íslenska: Los Angeles
italiano: Los Angeles
Patois: Las Anjiliiz
Basa Jawa: Los Angeles
ქართული: ლოს-ანჯელესი
Qaraqalpaqsha: Los Andjeles
Taqbaylit: Los Angeles
Gĩkũyũ: Los Angeles
қазақша: Лос Анжелес
къарачай-малкъар: Лос-Анджелес
kurdî: Los Angeles
kernowek: Los Angeles
Кыргызча: Лос-Анжелес
Latina: Angelopolis
Lëtzebuergesch: Los Angeles
Limburgs: Los Angeles
Ligure: Los Angeles
lumbaart: Los Angeles
lingála: Los Angeles
lietuvių: Los Andželas
latviešu: Losandželosa
मैथिली: लस एन्जलस
Malagasy: Los Angeles
олык марий: Лос-Анджелес
македонски: Лос Анџелес
монгол: Лос-Анжелес
кырык мары: Лос-Анджелес
Bahasa Melayu: Los Angeles
Mirandés: Los Angeles
مازِرونی: لس آنجلس
Dorerin Naoero: Los Angeles
Napulitano: Los Angeles
Plattdüütsch: Los Angeles
नेपाली: लस एन्जलस
नेपाल भाषा: लस एञ्जिलस
Nederlands: Los Angeles
norsk nynorsk: Los Angeles
Novial: Los Angeles
Chi-Chewa: Los Angeles
occitan: Los Angeles
ਪੰਜਾਬੀ: ਲਾਸ ਐਂਜਲਸ
Papiamentu: Los Angeles
Picard: Los Angeles
Deitsch: Los Angeles
Pälzisch: Los Angeles
polski: Los Angeles
Piemontèis: Los Angeles
پنجابی: لاس اینجلس
português: Los Angeles
Runa Simi: Los Angeles
rumantsch: Los Angeles
Romani: Los Angeles
Kirundi: Los Angeles
română: Los Angeles
armãneashti: Los Angeles
tarandíne: Los Angeles
русский: Лос-Анджелес
русиньскый: Лос Анджелес
संस्कृतम्: लास एंजलस
саха тыла: Лос Андьелес
ᱥᱟᱱᱛᱟᱲᱤ: ᱞᱚᱥ ᱮᱧᱡᱮᱞᱥ
sicilianu: Los Angeles
davvisámegiella: Los Angeles
Sängö: Los Angeles
srpskohrvatski / српскохрватски: Los Angeles
Simple English: Los Angeles
slovenčina: Los Angeles
slovenščina: Los Angeles
Soomaaliga: Los Angeles
српски / srpski: Лос Анђелес
Sranantongo: Los Angeles
Seeltersk: Los Angeles
svenska: Los Angeles
Kiswahili: Los Angeles
ślůnski: Los Angeles
тоҷикӣ: Лос Анҷелес
Türkmençe: Los-Anjeles
Türkçe: Los Angeles
татарча/tatarça: Лос-Анджелес
reo tahiti: Los Angeles
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: Los Anjélés
українська: Лос-Анджелес
oʻzbekcha/ўзбекча: Los Anjeles
vèneto: Los Angeles
vepsän kel’: Los Andželes
Tiếng Việt: Los Angeles
West-Vlams: Los Angeles
Volapük: Los Angeles
Winaray: Los Angeles
吴语: 洛杉矶
მარგალური: ლოს-ანჯელესი
Yorùbá: Los Angeles
中文: 洛杉矶
文言: 洛杉磯
Bân-lâm-gú: Los Angeles
粵語: 洛杉磯