Ortigueira

Ortigueira
Bandeira de Ortigueira---Escudo de Ortigueira
Dende a Mansa.jpg
Costa de Ortigueira.
Situacion Ortigueira.PNG
Situación
Xentilicio[1]ortigueirés - urticariense
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca do Ortegal
Poboación5.966 hab. (2017)
Área210,0 km²
Densidade28,41 hab./km²
Entidades de poboación22 parroquias
Política (2015)
AlcaldeJuan Vicente Penabad Muras (PSdeG)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 7
Eleccións municipais en Ortigueira
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes54,84%
Na rede
www.concellodeortigueira.com
[email protected]

Ortigueira (do latín urticariam, de urtica 'ortiga' + ariam, sufixo abundancial, 'lugar onde hai ortigas'[3]) é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2017 tiña 5.966 habitantes (6.871 no 2010, 7.376 no 2006, 7.697 no 2005, 7.830 no 2004, 8.022 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ortigueirés» ou «urticariense».

Xeografía

O Concello de Ortigueira ten 214,9 km², estando a súa densidade preto dos 40 habitantes por km². Conta con 22 parroquias.

A vía principal de comunicación é a estrada C-642, que provén de Ferrol e atravesa o concello polo norte, a partir da cal se organizan o resto das estradas. Tamén pasa o camiño de ferro de vía estreita (FEVE) de Ferrol a Xixón.

Ortigueira sitúase entre a serra da Capelada ao oeste e a serra da Coriscada e a serra da Faladoira ao leste. O relevo, consistente en materiais de lousa, vai baixando cara á ría de Ortigueira. Estas aliñacións actúan como divisoria de augas entre os afluentes do río Sor e os que verten directamente na ría de Ortigueira (Mera, Baleo, Maior etc.), que son curtos e teñen unha pendente forte.

A temperatura media é de 12,9 °C, con mínima en febreiro e máxima en agosto; a amplitude térmica é escasa, non chegando aos 9 °C. A choiva é de arredor de 1.000 mm. O relevo produce un efecto de barreira á entrada dos ventos dominantes, o que aumenta a pluviosidade, mentres que na parte central do concello apenas se superan os 850 mm, ben que o número de días despexados sexa reducido.

Other Languages
العربية: أورتيغويرا
تۆرکجه: اورتیقویرا
brezhoneg: Ortigueira
català: Ortigueira
English: Ortigueira
español: Ortigueira
euskara: Ortigueira
français: Ortigueira
magyar: Ortigueira
italiano: Ortigueira
lumbaart: Ortigueira
македонски: Ортигвеира
Bahasa Melayu: Ortigueira
occitan: Ortigueira
polski: Ortigueira
Türkçe: Ortigueira
українська: Ортігейра
oʻzbekcha/ўзбекча: Ortigueira
Tiếng Việt: Ortigueira
Winaray: Ortigueira
Bân-lâm-gú: Ortigueira