Ornitorrinco

Ornitorrinco
Ornithorhynchus anatinus

Rango fósil: mioceno - actualidade
Platypus BrokenRiver QLD Australia2.png
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino:Animalia
Subreino:Bilateria
Superfilo:Deuterostomia
Filo:Chordata
Subfilo:Vertebrata
Infrafilo:Gnathostomata
Superclase:Tetrapoda
Clase:Mammalia
Subclase:Prototheria
Orde:Monotremata
Suborde:Platypoda
Gill, 1872
Familia:Ornithorhynchidae
Gray, 1825
Xénero:Ornithorhynchus
Blumenbach, 1800
Especie:O. anatinus
Nome binomial
Ornithorhynchus anatinus
(Shaw, 1799)
Distribución do ornitorrinco (vermello — nativo, amarelo — introducido)

Distribución do ornitorrinco
(vermello — nativo, amarelo — introducido)
Primeiro plano dun ornitorrinco.

O ornitorrinco (Ornithorhynchus anatinus), do grego: ornitho, ave + rhynchus, bico; e do latín: anati, pato + inus, semellante a: "con bico de ave, semellante a pato") é un mamífero semi-acuático endémico da parte leste de Australia e a illa de Tasmania.

É o único representante vivo da familia dos ornitorrínquidos e a única especie do xénero Ornithorhynchus.

É un dos catro representantes, xunto coas equidnas, da arcaica orde dos monotremas, os únicos mamíferos que poñen ovos no canto de dar á luz crías vivas. A especie é monotípica. É o animal emblema do estado de Nova Gales do Sur.[2]

O ornitorrinco ten costumes crepusculares e/ou nocturnos. Carnívoro, aliméntase de insectos, vermes e crustáceos de auga doce. Posúe diversas adaptacións para a vida en ríos e lagoa, entre elas as membrana interdixitais, máis prominentes nas patas dianteiras. É un animal ovíparo, cuxa femia pon arredor de dous ovos, que incuba durante aproximadamente dez días nun niño especialmente construído. Os monotremados recentemente eclodidos presentan un dente similar ao das aves (un carúnculo), utilizado na apertura da casca; os adultos non posúen dentes. A femia non ten mamas e o leite é directamente lambido dos poros e sulco abdominais. Os machos teñen esporóns velenosos nas patas, que son empregados principalmente para a defensa territorial e contra os depredadores.

A estraña aparencia deste mamífero desconcertou os científicos cando se descubriu (mesmo se considerou unha falsificación dun taxidermista). O ornitorrinco é un símbolo de Australia, foi a mascota de varios eventos nacionais, e aparece no reverso da moeda australiana de 20 centavos. Recentes investigacións están a secuenciar o xenoma do ornitorrinco e investigadores xa descubriron varios xenes que son compartidas tanto con réptiles como coas aves. Pero preto de 82% do seus xenes son compartidas con outras especies de mamíferos xa secuenciadas, como o can, as ratas e o home.

Ata o principio do século XX cazábase pola súa pel, pero actualmente está protexido. O seu estado de conservación é pouco preocupante. Aínda que os programas de cría en catividade tiveron un éxito limitado e o ornitorrinco é moi vulnerable á contaminación, non corre un risco inmediato.

Taxonomía e nomenclatura

Cando o ornitorrinco foi descuberto por primeira vez polos europeos en 1789, o capitán John Hunter, o segundo gobernador de Nova Gales do Sur, enviou un debuxo e a pel dun exemplar para o Reino Unido.

Nun primeiro intre, os científicos ingleses pensaran que o animal descrito era un engano. No ano 1799, o zoólogo George Shaw fixo a primeira descrición do animal na revista Naturalist's Miscellany, onde chamou á nova especie Platypus anatinus, e chegou afirmar que as dúbidas ao respecto da vericidade da especie eran compresibles. Outro coñecido zoólogo, Robert Knox, creu que o exemplar ben podía ser a creación dun taxidermista asiático. Pensouse que alguén cosera un peteiro de parrulo sobre o corpo dun animal semellante a un castor.

Pintura de dous ornitorrincos do 1863

No 1800, dun xeito paralelo, Johann F. Blumenbach nomeu á especie Ornithorhyncus paradoxus despois do estudo dun exemplar entregado por Sir Joseph Banks. Xa que o xénero Platypus empregado previamente por George Shaw xa pertencía a uns escaravellos da madeira, finalmente nomeouse a esta especie como Ornithorhynchus anatinus.

O nome científico Ornithorhynchus deriva da palabra grega ornithorhynkhos (ὄρνις, -ιθος, paxaro, y ῥύγχος, bico, peteiro) e anatinus, do latín «semellante a un pato».

Estudos moleculares e fósiles suxiren que a liñaxe do ornitorrinco se separou das equidnas hai 19-48 millóns de anos. Hai rexistros fósiles da especieque datan do Pleistoceno en diversos lugares da Australia e Tasmania, todos dentro dos límites actuais de distribución da especie, agás un rexistro no lago Tandou, no oeste do río Darling.

Other Languages
Afrikaans: Eendbekdier
العربية: خلد الماء
Aymar aru: Urniturinku
azərbaycanca: Ördəkburun
تۆرکجه: اؤردکبورون
беларуская: Качканос
беларуская (тарашкевіца)‎: Качканос
български: Птицечовка
brezhoneg: Ornitorink
català: Ornitorinc
ᏣᎳᎩ: ᎹᏱᏕ
kaszëbsczi: Dzëbôl
Cymraeg: Hwyatbig
dansk: Næbdyr
Deutsch: Schnabeltier
Ελληνικά: Πλατύποδας
English: Platypus
Esperanto: Ornitorinko
eesti: Nokkloom
euskara: Ornitorrinko
français: Ornithorynque
Gaeilge: Platapas
Gaelg: Platypus
עברית: ברווזן
हिन्दी: प्लैटीपुस
հայերեն: Բադակտուցներ
Bahasa Indonesia: Platipus
íslenska: Breiðnefur
日本語: カモノハシ
Basa Jawa: Platypus
ქართული: იხვნისკარტა
қазақша: Үйректұмсық
한국어: 오리너구리
kurdî: Pozmişk
lietuvių: Ančiasnapis
latviešu: Pīļknābis
Bahasa Melayu: Platipus
မြန်မာဘာသာ: ဘဲတူဖျံတူကောင်
Nāhuatl: Tototen
Nederlands: Vogelbekdier
norsk: Nebbdyr
Diné bizaad: Naalʼeełídaaʼí
پنجابی: پلے ٹیپس
português: Ornitorrinco
română: Ornitorinc
русский: Утконос
Scots: Platypus
srpskohrvatski / српскохрватски: Čudnovati kljunaš
Simple English: Platypus
slovenčina: Vtákopysk divný
shqip: Sqepori
српски / srpski: Кљунар
Seeltersk: Snoabeldiert
svenska: Näbbdjur
Kiswahili: Kinyamadege
தமிழ்: வாத்தலகி
తెలుగు: ప్లాటిపస్
Tagalog: Platypus
Türkçe: Ornitorenk
українська: Качкодзьоб
اردو: ڈک بل
oʻzbekcha/ўзбекча: Oʻrdakburun
Tiếng Việt: Thú mỏ vịt
中文: 鸭嘴兽
Bân-lâm-gú: Ah-chhùi-siū
粵語: 鴨嘴獸