Opilións

Opilións
Rango fósil: 400 Ma-0 Ma (inicio do Devónicoactualidade)
Opilión da especie Hadrobunus grandis que mostra a súa estrutura corporal e longas patas. A posesión dun só par de ollos e un cefalotórax unitario diferencia os opilións doutros membros da clase dos arácnidos.
Opilión da especie Hadrobunus grandis que mostra a súa estrutura corporal e longas patas. A posesión dun só par de ollos e un cefalotórax unitario diferencia os opilións doutros membros da clase dos arácnidos.
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Arthropoda
Subfilo:Chelicerata
Clase:Arachnida
Orde:Opiliones
Sundevall, 1833
Subordes
  • Cyphophthalmi
  • Eupnoi
  • Dyspnoi
  • Laniatores
  • Tetrophthalmi

A dos opilións[1] (Opiliones), antes chamados falánxidos (Phalangida), é unha orde de arácnidos.

En 2011 coñecíanse 6 500 especies de opilións en todo o mundo,[2] aínda que se estima que o número total de especies existentes podería exceder das 10 000.[3]

A orde inclúe cinco subordes: Cyphophthalmi, Eupnoi, Dyspnoi, Laniatores e o denominado recentemente Tetrophthalmi.[4] Coa excepción dos Dyspnoi (que están restrinxidos a Norteamérica e Eurasia), poden encontrarse representantes de cada suborde en todos os continentes agás na Antártida.

Encontráronse fósiles ben conservados no sílex de Rhynie de Escocia de 400 millóns de anos de antigüidade, e en rochas de Francia de 305 millóns de anos, os cales teñen un aspecto sorprendentemente moderno, o que indica que o seu plan corporal básico apareceu moi temperanmente,[5] e, polo menos nalgúns taxons, cambiou pouco desde aquela.

A súa posición filoxenética dentro dos arácnidos é discutida: os seus parentes máis próximos poderían ser os ácaros ou os Novogenuata (grupo formado polos escorpións, pseudoescorpións e solífugos).[6]

Aínda que son superficialmente similares ás arañas (orde dos Araneae) e a miúdo son confundidas con elas, os opilións son unha orde diferente que non está estreitamente relacionada coas arañas. Poden ser doadamente distinguidos das arañas de patas longas por teren as súas rexións corporais fusionadas e un só par de ollos no medio do cefalotórax. As arañas teñen un abdome diferente, separado do cefalotórax por unha constrición, e teñen tres ou catro pares de ollos, xeralmente nas marxes do cefalotórax.

Etimoloxía

O naturalista e aracnólogo sueco Carl Jakob Sundevall (1801–1875) para honrar ao naturalista Martin Lister (1638–1712) adoptou o termo usado por Lister, Opiliones, para nomear esta orde, tamén coñecidos na época de Lister como "arañas segadoras" ou "arañas pastoras". Procede do latín opilio, "pastor". Lister caracterizou tres especies de Inglaterra (aínda que non as describiu formalmente, xa que era un traballo prelinneano).[7]

Other Languages
العربية: حصادات
asturianu: Opiliones
azərbaycanca: Otbiçənlər
башҡортса: Бесән сапҡыстар
беларуская: Сенакосцы
български: Сенокосци
brezhoneg: Falc'heg
català: Opilió
Cebuano: Opiliones
čeština: Sekáči
dansk: Mejere
Deutsch: Weberknechte
Ελληνικά: Φαλάγγι
English: Opiliones
español: Opiliones
euskara: Opiliones
suomi: Lukit
français: Opiliones
עברית: קוצרים
Հայերեն: Խոտհունձներ
interlingua: Opiliones
italiano: Opiliones
日本語: ザトウムシ
ქართული: მთიბავები
қазақша: Пішеншілер
Latina: Opiliones
lietuvių: Šienpjoviai
latviešu: Māņzirnekļi
മലയാളം: ഒപീലിയൺ
Bahasa Melayu: Opiliones
Plattdüütsch: Schoosters (Spinnen)
Nederlands: Hooiwagens
norsk nynorsk: Vevkjerringar
Picard: Foeqheu
polski: Kosarze
português: Opilião
Runa Simi: Chakisapa uru
română: Opiliones
русский: Сенокосцы
Scots: Opiliones
srpskohrvatski / српскохрватски: Kosci
Simple English: Opiliones
slovenščina: Suhe južine
српски / srpski: Косци
svenska: Lockespindlar
Kiswahili: Chande
Türkçe: Opiliones
Tiếng Việt: Opiliones
Winaray: Opiliones
中文: 盲蛛目