Octavio Augusto

Octavio Augusto
Emperador romano
Hw-augustus.jpg
Octavio Augusto
16 de xaneiro de 27 a. C.-19 de agosto de 14 d. C.

Reinado16 de xaneiro de 27 a.C.-19 de agosto de 14 d.C.
Nome completoGaius Octauius Thurinus
(ata a súa adopción por parte de Xulio César no 44 a.C.)
Gaius Iulius Caesar
(dende o 44 ao 27 a.C.
Gaius Iulius Caesar Octavianus Augustus
(dende o 27 a.C. ata a súa morte)
Nacemento23 de setembro do 63 a.C.
Roma (República Romana)
Falecemento19 de agosto de 14 d.C. (75 anos)
Nola (Imperio romano)
SepulturaMausoleo de Augusto
PredecesorCargo de nova creación
SucesorTiberio
ConsorteClodia Pulcra (?-40 a. C.)
Escribonia (40 a. C. 38 a. C.)
Livia Drusila (38  . C.-14 d. C.)
DescendenciaXulia a Maior;
Cayo César (adoptivo);
Lucio Xulio César (adoptivo);
Tiberio (adoptivo)
ProxenitoresCayo Octavio Turino; adoptado por Xulio César
Atia Balba Cesonia

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

Gaius Iulius Caesar Octavianus Augustus, chamado tamén César Augusto e Octavio Augusto, nacido en Veletri o 23 de setembro do 63 a. C. e falecido o 19 de agosto de 14 , foi o primeiro emperador romano. Era sobriño-neto de Xulio César. Tras a morte deste no 44 a. C. , empezou a loita contra o que fora o seu lugartenente, Marco Antonio; para isto contou co apoio de Cicerón e dos republicanos do Senado de Roma, que esperaban dividir os cesaristas enfrontándoos entre si. Casado con Livia, nai do seu sucesor (Tiberio), foi o iniciador da dinastía Xulia Claudia. Foi o primeiro en ser recoñecido como deus inmortal. Houbo rumores, non confirmados, de que morreu envelenado pola súa muller Livia.

Traxectoria

César Augusto, chamado Gaius Octauius Thurinus, naceu nunha rica familia da orde ecuestre (o seu avó foi banqueiro e o seu pai pretor de Macedonia). Por parte de nai era sobriño-neto de Xulio César, quen o adoptou no 45 a. C. e designouno herdeiro seu. É cando comeza a busca de Octavio polo poder. No día do asasinato do tío, Octavio atopábase en Atenas a estudar, cos seus amigos Mecenas e Agripa. con apenas 18 anos, Octavio parte para Roma. Ao chegar a Brundisio, a Décima Segunda Lexión xúralle lealdade e, en discurso ás tropas, Octavio declara ser fillo adoptivo de Xulio César. En Roma, Marco Antonio pide as tropas de Octavio en troca de protección e privilexios políticos, o que Octavio recusa, ao mesmo tempo que paga os legados do testamento de Xulio César co seu propio diñeiro e alíase con Cicerón. Este comeza a eloxiar a Octavio no Senado e a atacar a Marco Antonio.

Revolto coa alianza, Marco Antonio acusa publicamente a Octavio de planear o seu asasinato. Octavio publica entón unha resposta ridiculizando a acusación. Marco Antonio simplemente xunta todas as tropas que pode e fecha o cerco sobre Décimo Bruto en Módena. Tras derrotar a Marco Antonio na batalla de Módena, esixiu do Senado o nomeamento de cónsul, rexeitado pola súa mocidade -tiña só 20 anos-. Octavio foi obrigado a fuxir de Roma. Estableceuse temporalmente na Sabina, onde reuniu o seu estado maior e logo despois foi para Arezzo, onde recrutou tropas para invadir Roma coa forza das armas. Logo despois da invasión, Octavio foi elixido cónsul. Octavio fixo que a Corte sancionase a súa adopción por Xulio César, tornándose Caio Xulio César Octaviano (Gaius Iulius Caesar Octavianus) e pasando a ser coñecido como Octaviano.

Desde o ano -43 Octavio foi cónsul e fíxose outorgar poderes extraordinarios. Enfrontado ás resistencia dos republicanos Bruto e Casio, fortes en Oriente, Octavio decidiu aliarse cos seus antigos inimigos Marco Antonio e Lépido -43) e formar con eles o segundo triunvirato. Os tres defensores dos ideais republicanos xuntáronse na Batalla de Filipos, onde derrotaron os últimos asasinos aínda vivos de Xulio César, Caio Casio Lonxino e Bruto. Após a batalla, Octaviano coñeceu o poeta Virxilio e pasou a financiar a súa arte.

Marxinado Lépido, Octavio repartiuse o poder de feito con Marco Antonio, deixando a este último a zona oriental, mentres el permanecía en Roma e controlaba a parte occidental. O enfrontamento entre ambos conduciu á Guerra de Peruggia (-41), na que o xefe militar de Octavio, Marco Vipsanio Agripa, derrotou aos antonianos. A conferencia de Brindisi (-40) estableceu un novo repartimento de zonas de influencia entre os triunviros: Octavio dominaba en Occidente; Marco Antonio nun Oriente restrinxido, que alcanzaba só até o río Drin (en Albania); Lépido en África; e Italia considerábase neutralizada baixo o dominio conxunto dos triunviros.

O matrimonio entre a irmá de Octavio e Antonio selou a paz, que se mantivo durante catro anos. Ademais, no -39 Sexto Pompeio recibiu Sicilia, Sardeña, Córsega e Acaia, co compromiso de manter Roma abastecida de gran; pero no -36 Octavio tivo que se enfrontar a Sexto Pompeio, a quen derrotou na batalla de Nauloque, en Sicilia.

O goberno de Octavio fíxose popular en Occidente en virtude do seu impulso á agricultura e da integración das provincias con Roma. Mentres tanto, Marco Antonio sucumbira á influencia de Cleopatra VII de Exipto e practicaba unha política orientalizante, pouco propicia aos intereses romanos; Octavio explotou no seu favor esta circunstancia, declarando a guerra a Cleopatra no -32 (« Guerra Ptolemaica»). Após a vitoria naval de Accio (-31), entrou en Alexandría, onde Marco Antonio e Cleopatra se suicidaron (-30). Coa anexión de Exipto, Octavio deu a Roma o control sobre todo o Mediterráneo.

Estatua de Augusto.
Museos Vaticanos.

Aproveitando o seu prestixio, Octavio transformou o réxime político da República romana nunha especie de monarquía que recibe os nomes de Principado ou Imperio; o novo réxime consistía nun equilibrio de poder entre o Senado romano e o pobo romano, por unha banda, e o emperador e a súa casa, por outro. Inicialmente, fíxose renovar cada ano o mandato como cónsul en solitario, ao cal foi engadindo novos títulos que reafirmaron o seu poder:

  • princeps senatus (o primeiro dos senadores) no -28;
  • augustus (título relixioso que reflectía a súa misión divina) e imperator proconsularis da Galia, a Hispania e a Siria (o que lle outorgaba o mando militar) no -27;
  • tribuno vitalicio (con poder de veto sobre as decisións dos maxistrados) no -23;
  • cónsul vitalicio e prefecto dos costumes no -19;
  • sumo pontífice (xefe relixioso do Imperio) no -12; e
  • «pai da patria» no ano -2.

Aínda que rexeitou a súa divinización en vida, aproveitou no seu favor o culto dos xenios, fomentando un culto ao emperador que se converteu nun vínculo adicional entre os habitantes do Imperio. Paralelamente, reformou as institucións romanas, adaptándoas á necesidade de xestionar un imperio tan extenso: creou o Consello do Príncipe, órgano de goberno integrado por homes da súa confianza (Agripa, Mecenas); dividiu as provincias en senatoriais (confiadas a un gobernador sen mando militar nomeado polo Senado) e imperiais (gobernadas por un legado do emperador); reorganizou o fisco, someténdoa á súa xestión directa e facéndoa menos gravosa; protexeu o culto; favoreceu á orde ecuestre fronte á aristocracia senatorial; asegurou os límites do Imperio fronte aos partos e aos xermanos; e continuou a expansión na zona do Danubio e o mar Negro.

Entre as debilidades do seu poder destaca o non ter sucesor (non tivo fillos homes dos seus tres matrimonios); acabou por adoptar ao seu fillastro e xenro Tiberio (fillo da súa esposa Livia), ao cal asociou no poder desde o 13, e que o sucedería sen dificultade logo da súa morte.

No plano cultural o Século de Augusto foi moi produtivo e cheo de promesas creadoras, inaugurando unha época clásica para a arte europea, un clasicismo latino que, aínda no Renacemento, mil anos despois, estaría dando froitos. Augusto fundou bibliotecas públicas; a literatura latina, primitivamente influenciada polos gregos, adquiriu independencia e tornouse unha das máis brillantes do mundo occidental.

O mes agosto foi bautizado como Augustus na súa honra; até entón designábase Sextilis (ver Calendario romano).

Imperio Romano

Segue a:
Xulio César
Octavio Augusto
Precede a:
Tiberio
Dinastía Xulio-Claudia
Other Languages
Alemannisch: Augustus
አማርኛ: አውግስጦስ
aragonés: César Augusto
Ænglisc: Augustus
asturianu: César Augustu
Aymar aru: César Augusto
azərbaycanca: Oktavian Avqust
تۆرکجه: آقوستوس
башҡортса: Октавиан Август
Boarisch: Augustus
žemaitėška: Augosts
Bikol Central: Caesar Augustus
беларуская: Актавіян Аўгуст
беларуская (тарашкевіца)‎: Актавіян Аўгуст
български: Октавиан Август
Bislama: Augustus
català: August
Chavacano de Zamboanga: Augustus
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Augustus
Cebuano: Augusto
کوردی: ئەگوستوس
corsu: Augustu
čeština: Augustus
Cymraeg: Augustus
dansk: Augustus
Deutsch: Augustus
Zazaki: Augustus
dolnoserbski: Augustus Caesar
ދިވެހިބަސް: Augustus
English: Augustus
Esperanto: Aŭgusto Cezaro
español: Augusto
eesti: Augustus
euskara: Zesar Augusto
estremeñu: Cesa Augustu
فارسی: آگوستوس
suomi: Augustus
Võro: Augustus
føroyskt: Augustus
français: Auguste
furlan: August
Gaeilge: Ágastas
贛語: 屋大維
Hausa: Augustus
客家語/Hak-kâ-ngî: Augustus
Hawaiʻi: Augustus
हिन्दी: ऑगस्टस
Fiji Hindi: Augustus
hrvatski: August
interlingua: Cesare Augusto
Bahasa Indonesia: Augustus
Interlingue: Augustus
Ilokano: Augusto
íslenska: Ágústus
italiano: Augusto
Patois: Agostos
Basa Jawa: Augustus
Qaraqalpaqsha: Oktavian Avgust
Kabɩyɛ: César Auguste
Kongo: Augustus
Gĩkũyũ: Augustus
ភាសាខ្មែរ: អូហ្គុសទុស
ಕನ್ನಡ: ಅಗಸ್ಟಸ್
kurdî: Augustus
Lëtzebuergesch: Augustus
Lingua Franca Nova: Augusto
Limburgs: Keizer Augustus
Ligure: Aogusto
lietuvių: Augustas
latgaļu: Augustus
latviešu: Oktaviāns
Basa Banyumasan: Augustus
Malagasy: Auguste
Baso Minangkabau: Augustus
македонски: Октавијан Август
മലയാളം: അഗസ്റ്റസ്
मराठी: ऑगस्टस
Bahasa Melayu: Augustus
မြန်မာဘာသာ: ဩဂတ်စတက်ဆီဇာ
Dorerin Naoero: Augustus
Nāhuatl: Augustus
Napulitano: Augusto
Plattdüütsch: Augustus
Nederlands: Augustus (keizer)
norsk nynorsk: Augustus av Romarriket
norsk: Augustus
Chi-Chewa: Augustus
occitan: August
Livvinkarjala: Augustus
Oromoo: Awugustuus
ଓଡ଼ିଆ: ଅଗଷ୍ଟସ
ਪੰਜਾਬੀ: ਆਗਸਟਸ ਕੈਸਰ
Piemontèis: Otavian August
پنجابی: آگسٹس
português: Augusto
Runa Simi: Augustus
rumantsch: Augustus
armãneashti: Augustus
русиньскый: Октавіан Авґуст
संस्कृतम्: आगस्टस कैसर
ᱥᱟᱱᱛᱟᱲᱤ: ᱚᱜᱟᱥᱴᱟᱥ
sicilianu: Cèsari Augustu
Scots: Augustus
srpskohrvatski / српскохрватски: August (rimski car)
සිංහල: ඔගස්ටස්
Simple English: Augustus
slovenčina: Octavianus Augustus
slovenščina: Gaj Avgust Oktavijan
Gagana Samoa: Aokuso Kaisara
Soomaaliga: Augustus Octavian
shqip: Augusti
српски / srpski: Октавијан Август
Seeltersk: Octavianus
Basa Sunda: Octavianus
svenska: Augustus
Kiswahili: Augusto
తెలుగు: ఆగస్టస్
Türkmençe: Oktawian Awgust
Tagalog: Cesar Augusto
Tok Pisin: Augustus Caesar
Türkçe: Augustus
татарча/tatarça: Октавиан Август
українська: Октавіан Август
اردو: آگستس
oʻzbekcha/ўзбекча: Avgust (imperator)
vèneto: Augustus
vepsän kel’: Oktavian August
Tiếng Việt: Augustus
West-Vlams: Augustus
Volapük: Augustus
Winaray: Augustus
吴语: 奧古斯都
isiXhosa: Augustus
მარგალური: ავგუსტუსი
ייִדיש: אויגוסטוס
Yorùbá: Augustus
Zeêuws: Augustus
中文: 奥古斯都
文言: 奧古斯都
Bân-lâm-gú: Augustus
粵語: 奧古斯都